Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do parque eólico denominado Coruxeiras. (Expediente 054-EOL).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Norvento, S.L. con enderezo para efectos de notificacións en r/ Ribadeo 2, 27002 Lugo, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Coruxeiras; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 12 de xuño de 2000, Pablo Fernández Castro, en nome e representación de Norvento, S.L. solicitou a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución del, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e declaración de utilidade pública, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia de aplicación ó presente

expediente en virtude do disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O 16 de outubro de 2001, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

CoruxeirasMuras (Lugo)XY

V607.4504.819.750

V609.7604.819.750

V609.7604.817.640

V610.7204.817.600

V610.7204.812.000

V608.0004.812.000

V607.4504.814.200

V608.2004.815.450

V608.2004.818.700

V607.4504.818.700

Nº de aeroxeradores:75.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.

Xeradores: Gamesa, Made ou Neg Micón.

Potencia total instalada: 49,5 MW.

Producción anual estimada: 143.971 MWh/ano.

Investimento previsto: 33.060.219,09 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-75 aeroxeradores de 660 kW de potencia nominal unitaria.

-75 centros de transformación de 800 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente no interior de torre do aeroxerador coa súa correspondente aparamenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 20/132 kV.

-Subestación transformadora 30/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico de Coruxeiras, composta por dous transformadores principais 20/132 kV de 25/35 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal cada un e un transformador para servicios auxiliares 20/0,38 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Terceiro.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1996, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia,e Decreto 205/1995, mediante Resolución do 8 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, publicada no DOG do 28 de novembro, no diario La Voz de Galicia, do 29 de novembro, diario El Progreso do 28 de novembro, no BOE do 24 de novembro, no BOP Lugo do 25 de novembro e no taboleiro de anuncios do Concello de Muras.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Vicente Chao Jarel alega que non figura na relación bens e dereitos e solicita ser incluído por ser propietario das parcelas nº 100, 102 do polígono 27 e as parcelas nº 65 do polígono 28.

2. Pedro Ramudo Pita fai as seguintes alegacións:

-A relación de propietarios omite os seguintes predios da súa propiedade: Chao de Pandelle, Pedrosa, Monte da Curuxeira, terreo adxacente á estación de radio Iglesia do que solicita a expropiación total por resultar imposible o seu aproveitamento útil.

-Unha vez examinado o proxecto a distancia entre os aeroxeradores excede da necesaria polo que debe reducirse a afección das parcelas.

-Na parcela nº 44 está previsto construír unha subestación e lindeira á parcela hai unha canteira na que podería situarse a subestación sendo así menor o impacto.

-Referente á parcela nº 86 tramítase no Xulgado de Primeira Instancia número un de Vilalba xuízo ordinario núm. 90/2001 sobre a súa propiedade sendo o demandante Pedro Ramudo Pita e demandado Manuel Ferreiro Garrido, polo que solicita que tal circunstancia figure no expediente, facendo consta-la litixiosidade da súa propiedade.

3. José Carballal García manifesta que os predios con referencia catastral nº 50017, 50018, 50021 e 51202 foron vendidos a Fernando Castelo Carballes e lindando cos anteriores ten unha que figura a nome do seu pai Ángel Carballal Pernas de 4,54 ha e parte noutra que foi adxudicada ós herdeiros de José Carballal Pernas.

4. José Martínez Torea en nome e representación de Antonio Carreiras Castro alega:

-En relación coa parcela nº 56 o representado é copropietario da mesma xunto con Sofía Gómez Chao.

-A superficie do predio é de 4,37 ha e non de 3,96 ha.

-Improcedencia da declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens para efectos expropiatorios.

-Innecesariedade das limitacións impostas relativas á plantación de arbustos e traballos de arada ou similares.

-Non se indica o prazo da autorización concedido.

-Falta de determinación dos bens para expropiar.

-Indeterminación da servidume de voo.

5. Manuel Ferreiro Garrido manifesta que lle resulta difícil fixar a que terreos se refiren as distintas afeccións, co obxecto de que se incorporen ó expediente, achega planos a escala 1/2500 que definen as propiedades do alegante e que non recibiu ningunha oferta económica por parte do promotor.

6. Manuela Pardo Durán manifesta a existencia de erros na titularidade das seguintes parcelas, a nº 4 da que é titular a alegante en unión da comunidade hereditaria que representa por herdanza do seu defunto esposo José Rouco Montero, figura na relación de bens e dereitos a nome de Priego Rego Benedicto, na parcela nº 1 que figura a nome de Veciños de Armada e Abidueira, unha parte é propiedade da alegante e da comunidade hereditaria xa citada.

7. Ángel Carballeira Guerreiro manifesta que ademais de ser titular das parcelas nº 63 e 64 das cales foi notificado, tamén é copropietario, conxuntamente cos seus irmáns, de Comba do Cal do Coto Grande e oponse á expropiación dos citados predios.

8. Fernándo Castelo Carballés, en relación ós predios con referencia catastral 50017, 50018, 50021 e 50025, manifesta ser copropietario delas xunto con Paloma Sánchez Vidosa en proindiviso e a partes iguais.

9. Manuel Ferreiro Garrido, actuando en interese da Sociedade Agraria de Transformación nº 487 Manzoy, manifesta que non ten a condición de representante legal da citada sociedade polo que no día de hoxe esta non se encontra notificada da solicitude de declaración de utilidade pública e a súa oposición á declaración de utilidade pública do citado parque.

Cuarto.-O 16 de xaneiro de 2002, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu formula-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, o Decreto 302/2001, do 25 de outubro.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que non podemos acepta-las alegacións formuladas.

1. En canto ós posibles erros na titularidade dos predios afectados pola instalación do proxecto, cabe dicir que a empresa beneficiaria tomará razón delas. Non obstante, será durante o trámite de levantamento de actas previas á ocupación, acto ó que serán oportunamente convocados, o momento no que poden demostra-la titularidade delas, achegando a documentación acreditativa necesaria.

2. Con respecto ás alegacións referidas a posibles erros na determinación de servidumes así como na natureza dos terreos afectados estas tomaranse en consideración cando se proceda ó levantamento de actas previas á ocupación incluíndose na correspondente folla de aprecio, unha vez que se resolva a declaración de utilidade pública da dita instalación.

3. Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración da afección das parcelas, por non ser obxecto desta fase do expediente. Esta valoración corresponde á fase de prezo xusto.

4. A declaración de utilidade pública faise en virtude dos artigos 52 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

5. Con respecto á solicitude de expropiación total formulada por Pedro Ramudo Pita, esta será tida en conta cando se proceda á declaración de utilidade pública da instalación, en canto á propiedade en litixio, tómase razón dela, depositándose a indemnización económica na Caixa Xeral de Depósitos, se non se resolve o litixio antes do levantamento de actas.

A distancia entre os aeroxeradores fíxaa o técnico que realiza o proxecto atendendo a criterios de optimización de rendemento deles.

Non pode aceptarse a petición de varia-la situación da subestación por tratarse de terreos de terceiros non incursos no expediente.

6. En relación á alegación presentada por José Martínez Torea en nome e representación de Antonio Carreiras Castro, cabe dici-lo seguinte:

-A relación de bens e dereitos foi debidamente presentada pola promotora, na que se define o tipo e alcance da afección.

-A autorización concédese mentres se manteña a actividade de acordo coa Lei 54/1997, do 27 de novembro, xa citada.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedementais sinalados no Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Autorizar a Norvento, S.L. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Coruxeiras, para unha potencia de 49,5 MW, que se situará no concello de Muras, na provincia de Lugo.

-Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primera.-Norvento, S.L., para os efectos de garanti-lo cumprimento de sus obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 661.204,38 euros, importe do 2% do orzamento que figura no expediente para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A citada fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 33.060.219,09 euros.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio de Lugo poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial de Industria e Comercio de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Norvento, S.L. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do Real decreto 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais de 8 de xaneiro de 2002, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio

no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden pertinente.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas