Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.400

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Autoridad Portuaria de Vigo.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Autoridade Portuaria de Vigo, con nº de código 3603522 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 27-3-2002, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 27-2-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 15 de abril de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito persoal, funcional e territorial.

O presente convenio colectivo é de aplicación ás relacións laborais do persoal que presta os seus servicios no ente publico Autoridade Portuaria de Vigo, creado pola Lei 27/1992, de portos do Estado e da mariña mercante, modificada pola Lei 62/1997, excepto os postos de traballo de xefe de unidade e superiores, (niveis 1 ó 12 inclusive).

Artigo 2º.-Ámbito temporal e denuncia do convenio.

Este convenio será de aplicación, desde o 1 de xaneiro de 1999, ata o 31 de decembro de 2003.

A denuncia do convenio efectuaraa calquera das partes (Autoridade Portuaria de Vigo ou parte social: UGT, CC.OO. ou CIG) diante da outra de forma expresa con polo menos un mes de antelación á súa finalización, e, entrementres non se alcance un novo acordo, manterase en vigor o articulado del na súa integridade.

Artigo 3º.-Garantía ad personam.

Respectaranse as situacións persoais que o 31 de decembro de 1993, con carácter global, excedan do pactado, manténdose estrictamente con carácter excepcional, e a título persoal, como condicións máis beneficiosas, quedando consolidadas con este carácter.

Artigo 4º.-As partes.

Entenderase como parte empresarial a Autoridade Portuaria de Vigo. A parte social estará integrada pola representación sindical dos traballadores asumida polos sindicatos que acrediten a representatividade esixida legalmente.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

As condicións económicas de toda índole pactadas neste convenio forman un todo e, conxuntamente coas pactadas no I convenio marco estatal de autoridades portuarias e portos do Estado substituirán, compensarán e absorberán en cómputo anual e global as que viñesen rexendo, calquera que sexa a súa natureza, orixe e denominación.

As disposicións legais relativas a salarios, que impliquen variacións económicas, en todos ou nalgún dos conceptos retributivos pactados neste convenio, só terán eficacia se, globalmente considerados en cómputo anual, superan o nivel total del. En caso contrario consideraranse absorbidas.

As partes asumen o cumprimento de cada unha das cláusulas deste convenio con vinculación á totalidade del.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Asúmese como propio da comisión paritaria do I Convenio Colectivo da Autoridade Portuaria de Vigo, a integridade do artigo 6º do I Convenio Marco

de Portos do Estado e Autoridades Portuarias, excepto no seguinte:

a) A formalización da comisión paritaria farase no prazo de cinco días contados a partir da sinatura do I Convenio da Autoridade Portuaria de Vigo.

b) A comisión estará formada por dezaoito membros. Deles, nove representarán a Autoridade Portuaria de Vigo, e nove os traballadores. Os membros da parte empresarial serán nomeados pola presidencia do porto de Vigo, e os membros da parte social coincidirán cos membros do comité de empresa.

c) Poderán asistir ás sesións da comisión paritaria, con voz pero sen voto, os asesores que as partes estimen convenientes.

d) A sede administrativa da comisión paritaria, coincide coa sede social da Autoridade Portuaria de Vigo.

e) Ámbalas partes, para efectos de operatividade, comprométense á elaboración dun Regulamento de funcionamento da comisión paritaria.

Artigo 7º.-Mediación en conflictos.

As partes manifestan someterse, para os únicos efectos de mediación previa, en ningún caso á arbitraxe, no ámbito de aplicación deste convenio colectivo sen prexuízo das competencias da comisión paritaria do I convenio marco de portos do Estado e autoridades portuarias, ó Consello Galego de Relacións Laborais, en calquera discrepancias e conflictos que puidesen xurdir en materia de relacións laborais.

Capítulo II

Organización e dirección do traballo

Artigo 8º.-Organización e dirección do traballo.

De acordo coas disposicións vixentes, a facultade e responsabilidade da organización do traballo correspóndelle á autoridade portuaria, que deberá exercela por si mesma, ou a través das delegacións oportunas.

A Autoridade Portuaria de Vigo poderá solicitar informe dos representantes legais dos traballadores naquilo que consideren oportuno, e recadará obrigatoriamente informe previo á súa confección, que deberá ser emitido no prazo de dez días hábiles desde a notificación da solicitude, sobre o organigrama de funcionamento da empresa, que será aprobado polo Consello de Administración.

Artigo 9º.-Dirección e control do traballo.

O traballador estará obrigado a realiza-la prestación laboral baixo a dirección das persoas responsables da Autoridade Portuaria de Vigo. Esta poderá adopta-las medidas que estime máis oportunas respectando na súa adopción e aplicación, a consideración debida á dignidade e tendo en conta a capacidade real do traballador diminuído, se é o caso.

A Autoridade Portuaria de Vigo reunirase cunha periodicidade mensual cos representantes legais dos traballadores, de forma única, co fin de resolve-las diferencias que poidan existir na aplicación deste convenio.

Artigo 10º.-Certificacións.

A Autoridade Portuaria de Vigo estará obrigada a lle entregar ó traballador, por instancia súa, certificado acreditativo do tempo de servicios prestados, clase de traballo realizado, emolumentos percibidos, así como calquera outra circunstancia relativa á súa situación laboral.

En tódolos supostos, as anteriores certificacións estarán visadas pola presidencia da Autoridade Portuaria de Vigo, ou persoa en quen delegue.

Capítulo III

Selección e contratación

Artigo 11º.-Ingresos, contratación e promoción interna.

Para o ingreso de persoal na Autoridade Portuaria de Vigo, así como para a promoción dos traballadores nela, seguirase o establecido no anexo I, deste convenio.

Artigo 12º.-Dotacións do persoal.

As modificacións das dotacións do persoal serán aprobadas polo Consello de Administración, sobre as bases das necesidades de persoal formuladas, dentro do marco da normativa laboral e orzamentaria, co preceptivo informe dos representantes dos traballadores, que deberá ser emitido nun prazo de dez días hábiles a partir da notificación da solicitude.

Artigo 13º.-Clasificación segundo a súa permanencia.

O persoal da Autoridade Portuaria de Vigo clasifícase en fixo e temporal. Enténdese por persoal fixo o que se contrata por tempo indefinido para que as súas prestacións se prolonguen no tempo sen límite na súa duración, e por persoal temporal, o que se contrata por un tempo máximo dun ano improrrogable na temporalidade de acordo coas normas que, en cada caso, regulen a dita contratación, con excepción da contratación por interinidade, sen que ningún contrato por esta modalidade poida excede-los 24 meses.

Nos casos de excedencia, calquera que fose a súa modalidade, o límite máximo do contrato de interinidade coincidirá coa duración da excedencia.

Sobre o dereito de información ós representantes dos traballadores en materia de contratación seguirase o disposto no Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais sobre a materia.

Artigo 14º.-Clasificación segundo a función.

Tódolos traballadores serán clasificados individualmente de acordo coas funcións e tarefas do posto de traballo que realicen e para as que foron contratados.

Capítulo IV

Xornada e horario de traballo

Artigo 15º.-Xornada e horario de traballo.

A xornada anual máxima para o persoal afectado polo presente convenio, fíxase en 1.687 horas de traballo efectivo.

A xornada semanal será de 37,5 horas de traballo efectivo de media en cómputo cuadrimestral podendo establecerse unha distribución desigual da xornada semanal.

Cando se traballe en réxime de xornada partida respectarase un descanso entre os dous períodos de traballo non superior ás dúas horas; na xornada continuada o descanso será de 15 minutos computables como de traballo efectivo.

Nos réximes a quendas, e ós traballadores suxeitos a irregularidade horaria, poderáselles establecer unha distribución desigual da xornada semanal, respectando o mesmo cómputo, cun mínimo de 16 e un máximo de 21 xornadas por mes.

Respectando a anterior regulación, a Autoridade Portuaria de Vigo adaptará a distribución da xornada ás súas necesidades, anualmente, por medio dun acordo calendario laboral, de acordo co comité de empresa, sen prexuízo do establecido no artigo 8 deste convenio.

O comité de empresa e a Autoridade Portuaria de Vigo elaborará no mes de decembro de cada ano o acordo calendario laboral do ano seguinte. Unha vez aprobado, farase público no taboleiro de anuncios.

Artigo 16º.-Descanso dominical e en días festivos.

Cando excepcionalmente e por razóns técnicas ou organizativas se traballe en domingo ou día festivo, percibirase con cargo ó complemento de flexibilidade horaria unha contía igual para tódalas categorías profesionais de 5.596 pesetas para o ano 2001.

Así mesmo, cando a xornada sexa inferior a catro horas terase dereito a media xornada de descanso. Se se superasen as catro horas, e ata un máximo de 8 horas, o tempo de descanso será dunha xornada, preferiblemente dentro da semana seguinte, e en día laborable. A autoridade portuaria procurará, como norma xeral, que este sexa o seguinte ó festivo.

O cómputo da xornada do traballador realizarase desde o inicio ata o fin dela. En ningún caso poderán excederse as oito horas nestas circunstancias.

Artigo 17º.-Traballo a quendas.

Os traballos que requiran necesariamente a prestación continuada de servicios, tales como os de vixilancia, mantemento e outros, mesmo sen chegar ás 24 horas e sempre que razóns organizativas o esixan, poderán establecerse en quendas, rotativas, entre os traballadores encargados das correspondentes tarefas, incluídos os sábados, domingos e festivos se for preciso.

Considerarase traballo a quendas toda forma de organización en equipo segundo o cal os traballadores ocupan sucesivamente os postos de traballo segundo un certo ritmo, continuo, implicando para os traballadores a necesidade de prestaren os seus servicios en horas diferentes nun período determinado.

En tódolos traballos que pola súa natureza sexan a quendas, establecerase un cuadrante anual de servicios, no que constarán como mínimo, o nome do traballador, os días e horario de traballo, e os días de descanso. Este cuadrante quedará exposto para xeral coñecemento no mes de decembro de cada ano para o seguinte, e será incorporado como anexo ó acordo calendario laboral.

No caso excepcional de que un traballador suxeito a quendas tivese que prolonga-la súa xornada, sen que poida superar esta prolongación as dúas horas, por ausencia imprevista do traballador que debía continua-la quenda, percibirá o complemento de flexibilidade, na contía que proceda segundo anexo II.

Artigo 18º.-Cambio de quenda.

Toda aquela circunstancia na que o traballador veña obrigado a cambiar, por instancia da Autoridade Portuaria de Vigo, o horario de traballo asignado, denominarase cambio de quenda.

A permanencia na quenda á que se cambie non xerará dereito ó devengo deste complemento. Será de pagamento único cada vez que se cambie da quenda habitual, non considerándose cambio a volta ó seu cuadrante. Os cambios de quenda non poderán supera-los 5 ó ano por traballador, e, polo tanto, non poderá ser superior a máis de cinco días a permanencia fora do horario asignado.

A contía económica será de dúas veces o valor unitario correspondente a unha hora do complemento de flexibilidade, para cada nivel, de acordo co anexo II.

Artigo 19º.-Traballo nocturno.

Ningún traballador estará na quenda de noite máis de quince días seguidos, salvo adscrición voluntaria á dito quenda ou que fose contratado para traballar en período nocturno.

Considerarase traballo nocturno o efectuado entre as 22 e as 6 horas, incrementándose a retribución nun 30% do salario base, salvo que o salario se establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza.

Non se poderán traballar máis de 36 xornadas nocturnas por ano natural salvo adscrición voluntaria.

Ós traballadores nocturnos que se lles recoñezan problemas de saúde ligados ó feito do seu traballo nocturno terán dereito a ser destinados a un posto de traballo diúrno que exista no ente público e para o que sexan profesionalmente aptos. En caso contrario realizará obrigatoriamente o curso de forma

ción, que determine a comisión de formación, para a súa adaptación ó novo posto.

As mulleres embarazadas ou en período de lactación, non traballarán entre as 22 e as 6 horas.

Capítulo V

Vacacións, permisos e licencias

Artigo 20º.-Vacacións.

As vacacións anuais retribuídas terán unha duración do mes natural en que se desfruten. De mutuo acordo poderanse fraccionar en períodos quincenais naturais, (1-15) e/ou (16-31).

O período de vacacións queda establecido entre os meses de xullo e agosto, ambos inclusive. Cando excepcionalmente ou por necesidades do servicio, se precisase o desfrute de vacacións fóra do período de vacacións, terá que haber un acordo previo co traballador. En caso de desacordo desfrutaranse en xullo ou agosto.

En ningún caso o número de traballadores en vacacións fóra do período establecido, poderá ser superior ó 5% do cadro de persoal existente.

Unha vez comezado o desfrute de vacacións, só será interrompido por accidente ou enfermidade do traballador con baixa médica que ocasionase hospitalización. As vacacións non poderán ser substituídas por compensacións económicas, nin acumuladas ás de anos seguintes e/ou sucesivos.

As vacacións desfrutaranse dentro do ano natural, tendo dereito o persoal de novo ingreso á parte proporcional correspondente ó tempo traballado no dito período.

As fraccións computaranse como día completo.

A retribución no período de vacacións estará integrada polos seguintes conceptos retributivos: Salario base, antigüidade, complemento de mobilidade funcional, complemento de traballo a quendas, complemento de irregularidade horaria, complemento de xornada partida e complemento de especial responsabilidade e dedicación.

O persoal afectado polo presente convenio deberá concretar, por escrito, no mes de novembro de cada ano, o período de vacacións que desexa para o ano seguinte, para que, unha vez planificadas as necesidades do servicio, e de acordo coa representación laboral, sexa elaborado e publicitado nos taboleiros de anuncios o calendario de vacacións, que será incorporado como anexo ó acordo calendario laboral. En todo caso, a data de desfrute quedará fixada polo menos tres meses antes do comezo das súas vacacións.

Artigo 21º.-Permisos retribuídos.

Este artigo desenvolve e complementa o artigo 13 do I convenio marco de portos do Estado e autoridades portuarias, e en concreto:

Artigo 13.a) I convenio marco:

Amplíase á constitución en parella de feito, debendo acreditarse esta a través de actas notariais, rexistros, etc.

Artigo 22º.-Licencias sen retribución.

O persoal fixo poderá solicitar licencia sen soldo por prazo non inferior a un mes, nin superior a seis. Estas licencias seranlle concedidas dentro dos trinta días seguintes ó da solicitude, sempre que o permitan as necesidades do servicio.

A acumulación destas licencias non poderá exceder de seis meses en dous anos.

Capítulo VI

Xubilacións

Artigo 23º.-Xubilación forzosa.

A xubilación producirase obrigatoriamente e con carácter xeral ó cumprirse os 65 anos de idade, sen prexuízo do dereito do traballador a cubri-lo período de carencia para causar dereito á prestación máxima de xubilación.

Artigo 24º.-Xubilación voluntaria.

As partes comprométense a que durante a vixencia do presente convenio, e en todo caso antes do 31 de decembro de 2000, se negocie o establecemento dun Plan de Xubilacións Voluntarias e Anticipadas que estará suxeito ó informe preceptivo da CECIR.

De producirse a xubilación anticipada, de acordo co contemplado no artigo 15 do I convenio marco de portos do Estado e autoridades portuarias, o traballador percibirá un premio de 300.000 pesetas.

Capítulo VII

Seguridade e saúde laboral

Artigo 25º.-Vestiario e medidas de protección individual.

A Autoridade Portuaria de Vigo facilitaralles a tódolos traballadores que o necesiten o vestiario e os medios e equipos de protección individual adecuados ós traballos que realicen. En todo caso facilitarán, cando o tipo de traballo o requira, dous equipos de roupa de traballo ó ano, e un anorak e dúas toallas cada dous anos.

Os traballadores deberán utilizar obrigatoriamente durante a xornada laboral a roupa de traballo e en especial os medios de protección que se lles faciliten, conforme os acordos do comité de seguridade e saúde laboral que será competente para establece-las características, calidade, e cadencia da roupa.

Artigo 26º.-Recoñecemento médico, caixas de urxencia.

Anualmente, a Autoridade Portuaria de Vigo porá á disposición do seu persoal un recoñecemento médico no seu centro especializado, durante o primeiro trimestre de cada ano.

Independentemente da exploración completa que hai que realizar, o facultativo médico poderá realizar calquera outra que considere necesaria ou sexa conveniente, e de acordo co traballador. Por petición da muller traballadora, practicaráselle unha exploración xinecolóxica completa. Facilitaráselles ós interesados o correspondente informe, que será confidencial. Soamente en caso de risco de enfermidade profesional a xuízo do facultativo, co consentimento do traballador afectado, será remitida copia ó comité de seguridade e saúde laboral da Autoridade Portuaria de Vigo para a toma en consideración del.

En tódalas instalacións fixas da Autoridade Portuaria de Vigo, onde se presten servicios por parte do persoal suxeito a este convenio, existirán caixas de urxencias completos para primeiros auxilios.

De conformidade coa Lei de prevención de riscos laborais a Autoridade Portuaria de Vigo realizará as revisións médicas especializadas e específicas ó posto de traballo de conformidade coa avaliación de riscos laborais.

Ámbalas partes comprométense, durante a vixencia deste convenio, a estudiar e poñer en marcha un servicio médico de empresa, de acordo co que, ó respecto, estableza a lexislación correspondente.

Capítulo VIII

Rrepresentación colectiva

Artigo 27º.-Representación colectiva.

O comité de empresa e as seccións sindicais legalmente constituídas ó abeiro da Lei orgánica de liberdade sindical e o Estatuto dos traballadores, para o desenvolvemento da actividade propia, terán dereito á utilización dun local no centro de traballo equipado cos medios adecuados: material e mobiliario de oficina, taboleiros de anuncios, teléfono, etc.

Disporán, así mesmo, dun crédito horario de 25 horas mensuais para exerce-la súa actividade sindical. As organizacións sindicais poderán constituír unha bolsa anual de horas sindicais coas garantías e dereitos dos seus membros.

Cada sección sindical, e o comité de empresa, celebrará como máximo DÚAS (2) asembleas ó ano dentro das horas de traballo, logo de notificación á autoridade portuaria, e de acordo co regulado nos artigos 77 a 80 do Estatuto dos traballadores, solicitándoo con polo menos 24 horas de antelación.

As seccións sindicais estarán representadas mediante delegados sindicais, e, se ademais teñen a cualificación de máis representativo, terán dereito a un delegado sindical máis.

Ademais, as organizacións sindicais que conten cunha audiencia significativa poderán dispoñer de delegados sindicais de acordo co seguinte baremo:

15%, 1 delegado sindical máis.

30%, 2 delegados sindicais máis.

A porcentaxe virá dada sempre pola última cita electoral sindical no ámbito da Autoridade Portuaria de Vigo, como modo de acreditar fidedignamente a audiencia sindical, e preservar, así mesmo, o dereito á privacidade e liberdade de organización sindical dos traballadores.

Capítulo IX

Réxime disciplinario

Artigo 28º.-Procedemento sancionador.

As faltas e sancións requirirán a tramitación previa de expediente disciplinario, con remisión do prego de cargos ó traballador para que, no prazo de cinco días hábiles, emita escrito de descargo. Simultaneamente comunicaráselles ó comité de empresa e ás seccións sindicais, para efectos de que emitan, no mesmo período, o correspondente informe.

Transcorrido o prazo mencionado anteriormente, producido ou non escrito de descargo, o ente público resolverá o procedente no exercicio da súa facultade disciplinaria.

As faltas leves prescribirán ós 10 días, as graves ós 20, e as moi graves ós 60 días de ter coñecemento o ente publico da súa comisión.

Estes prazos quedarán interrompidos por calquera acto propio do expediente instruído se é o caso, sempre que a duración deste, no seu conxunto, non supere o prazo de seis meses sen mediar culpa do traballador expedientado.

Todo traballador poderá dar conta por escrito, por si mesmo ou a través dos seus representantes, dos actos que supoñan faltas de respecto á súa intimidade, á consideración debida á súa dignidade, ou ós seus dereitos. Recibida a dita comunicación, procederase a que a Autoridade Portuaria de Vigo recade a información adecuada, instruíndose, se é o caso, o expediente disciplinario correspondente.

As sancións devidas firmes non serán executivas en tanto medie recurso ante os órganos competentes da Autoridade Portuaria de Vigo, ou ante calquera orde xurisdiccional, salvo as incoadas polo punto c.9) do I convenio marco, de natureza sexual.

Capítulo X

Acción social

Artigo 29º.-Seguro de responsabilidade civil e accidente.

a) Seguro de Responsabilidade Civil.

Mantense o que está vixente na actualidade e que está concertado pola autoridade portuaria a través de portos do Estado.

b) Seguro de accidentes.

Mantense o seguro de accidentes con cargo ás autoridades portuarias e portos do Estado.

Artigo 30º.-Incapacidade temporal.

O traballador que estea en situación de incapacidade temporal percibirá desde o primeiro día dela un complemento, con cargo á Autoridade Portuaria de Vigo, sobre a prestación de Seguridade Social, ata completa-lo 100% das súas percepcións, entendéndose como tales os seguintes conceptos salariais: salario base, antigüidade, complemento de mobilidade funcional e, se é o caso, complemento de traballo a quendas, complemento de irregularidade horaria, complemento de xornada partida, complemento de especial responsabilidade e dedicación, complemento de dispoñibilidade e complemento de calidade, ata un máximo de 12 meses, agás que, con anterioridade ó transcurso do dito prazo, se produza resolución expresa do INSS, na que se declare prorrogada a situación de IT; neste caso, o prazo máximo de duración, será de dezaoito meses.

Se o índice de absentismo na Autoridade Portuaria de Vigo supera durante o período dun ano natural anterior a porcentaxe do 5%, sen ter en conta as baixas nas que medie hospitalización, o traballador en IT percibirá este complemento a partir do sexto día.

Para os efectos de establece-lo índice de absentismo seguirase o disposto no artigo 52.d do Estatuto dos traballadores.

O traballador será privado deste complemento, sen prexuízo doutras medidas de tipo sancionador a que haxa lugar, de comprobarse que a IT é finxida ou maliciosamente provocada.

No control do absentismo colaborarán os representantes dos traballadores.

Artigo 31º.-Servicio militar e prestación social substitutoria.

Os traballadores que se encontren en situación de cumprimento do servicio militar ou prestación social substitutoria, que impliquen a imposibilidade de prestación do seu servicio no ente público, percibirán o 100% da media das súas retribucións dos últimos tres meses, entendéndose por tales, tódolos conceptos salariais salvo o complemento de flexibilidade/dispoñibilidade, e o complemento de festivo.

Os importes que o traballador perciba en función da prestación do servicio militar ou prestación social substitutoria, decrementarán o importe que ten que satisface-la Autoridade Portuaria de Vigo.

Artigo 32º.-Formación profesional.

Recoñécese a formación continua como instrumento indispensable para a mellora das competencias e cualificacións profesionais que contribúe á eficacia económica e á mellora da competitividade.

Por tanto, regularase tendo en conta o Plan de Formación, de data 19 de novembro de 1998, elaborado e pactado pola Autoridade Portuaria de Vigo e comité de empresa, na comisión de formación, para persoal afectado por este convenio.

Cando a comisión de formación determine a asistencia a un determinado curso de formación, procurarase que este sexa en horario de traballo, e en todo caso, o tempo investido nel computarase como de traballo efectivo.

Artigo 33º.-Fondos de pensións.

De obterse a preceptiva autorización de conformidade coa normativa orzamentaria para a constitución do fondo, e en todo caso antes de transcorridos tres meses dela, as partes comprométense á creación e posta en marcha dun fondo de pensións que, en cada caso, se constituirá con achegas equivalentes do ente público Autoridade Portuaria de Vigo e da parte social.

Artigo 34º.-Comedores.

A Autoridade Portuaria de Vigo garantirá a existencia e funcionamento do comedor como un ben social que hai que manter e potenciar, en función do acordo subscrito co comité de empresa, en data 6 de febreiro de 1998, elevado a escritura pública e aprobado en referendo polo conxunto dos traballadores.

Capítulo XI

Estructura salarial

Artigo 35º.-Remuneración básica anual.

A remuneración básica será calculada anualmente e aboarase en doce mensualidades e dúas pagas extraordinarias de acordo co establecido no I convenio marco.

Artigo 36º.-Complementos salariais.

Enténdese por complementos de posto de traballo aqueles que percibe o traballador por razón das características do seu posto de traballo ou da forma de realiza-la súa actividade profesional que comporte conceptuación diferente do traballo corrente.

Estes complementos son de índole funcional e a súa percepción depende única e exclusivamente do exercicio da actividade profesional no posto asignado.

A) Complementos de posto de traballo:

1. Complemento de embarque ou axuda de comida.

Os traballadores que por necesidades do servicio e orde dos seus superiores teñan que realiza-lo seu traballo a bordo de embarcacións ou noutras instalacións do servicio asimilables a aquelas, en circunstancias que lles impidan pernoitar na súa residencia ou realiza-las súas comidas principais no sitio en que normalmente as efectúa, sexa este a súa casa ou lugar habitual de traballo, percibirán unha axuda de comida para persoal embarcado (complemento de embarque) nas seguintes condicións:

a) Se pernoitan e realizan as dúas comidas principais nas condicións sinaladas no parágrafo anterior, o importe do complemento será o que se fixa no anexo II.

b) Se realizan as dúas comidas principais, percibirán o 80% do dito complemento.

c) Se realizan unha soa comida principal, percibirán o 50% do dito complemento.

Para estes efectos, non corresponderá indemnización ningunha cando as comidas as facilite gratuitamente o ente público, salvo que pernoiten; neste caso percibirán o 20% do complemento de embarque.

2. Complemento de inmersión.

Todo o persoal que, coa titulación adecuada para os traballos que se vaian realizar, efectúe estes en inmersión, recibirá un complemento do que se fixa a súa contía no anexo II, e compensará o tempo realmente traballado co 25% en tempo de descanso.

3. Complemento de traballo a quendas.

3.1) Modalidade: 3 quendas.

A.1) 7 días á semana:

Cando os traballadores, pola natureza da actividade que desenvolven, teñan que traballar en quendas rotatorias durante as 24 horas do día, incluídos domingos e festivos, percibirán un complemento na contía establecida no anexo 6, modalidade A, incrementada en 4.645 pesetas Por cada domingo ou festivo efectivamente traballado.

Para poder percibir esta modalidade deberán traballarse máis de 8 festivos e 11 nocturnos en cómputo cuadrimestral ou 33 festivos e 43 nocturnos en cómputo anual.

A.2) Só días laborables:

Cando estas quendas non inclúen domingos nin festivos, percibirán exclusivamente a contía establecida no anexo 6, modalidade A.

Para poder percibir esta modalidade deberán traballarse máis de 11 nocturnos en cómputo cuadrimestral ou 43 nocturnos en cómputo anual.

Modalidade: 2 quendas con nocturnos e festivos.

Cando os traballadores estean incluídos no sistema de quendas rotatorias de mañá e noite ou tarde e noite tódolos días da semana, incluídos domingos e festivos, percibirase a contía correspondente á modalidade B, incrementada en 4.645 pesetas. Por cada domingo ou festivo efectivamente traballado.

Para poder percibir esta modalidade deberán traballarse máis de 8 festivos e 11 nocturnos en cómputo cuadrimestral ou 33 festivos e 43 nocturnos en cómputo anual.

Modalidade: 2 quendas só días laborables en xornada diúrna.

Cando os traballadores estean incluídos no sistema de quendas rotatorias de mañá e tarde tódolos días laborables aboarase a modalidade C. Esta só poderá autorizarse con carácter temporal e excepcional.

3.2) A percepción do complemento de traballo a quendas en calquera das súas modalidades será incompatible con:

-Complemento de xornada partida.

-Complemento de irregularidade horaria.

-Complemento de especial responsabilidade e dedicación.

4. Complemento de irregularidade horaria.

Terán dereito á percepción deste complemento todos aqueles traballadores que, por circunstancias inherentes ós seus respectivos postos de traballo requiran someterse a total dispoñibilidade sen suxeición ó horario regular, inclusive en horario nocturno.

Este complemento será incompatible cos seguintes complementos:

-Complemento de especial responsabilidade e dedicación.

-Complemento de flexibilidade horaria.

-Complemento de xornada partida.

-Complemento de traballo a quendas.

-Complemento dispoñibilidade

5. Complemento de xornada partida.

Percibirán o complemento de xornada partida aqueles traballadores adscritos esencialmente a tarefas técnico-administrativas que habitual e efectivamente realicen o dito horario.

O complemento de xornada partida é incompatible con:

-Complemento de especial responsabilidade e dedicación.

-Complemento de irregularidade horaria.

-Complemento de traballo a quendas.

-Complemento dispoñibilidade

B) Complementos por calidade ou cantidade de traballo: productividade.

1. Complemento de calidade, seguridade e prevención de riscos laborais.

Este complemento retribúe o compromiso dos traballadores de participar activamente nos procesos de mellora derivados do desenvolvemento e implantación do plan de calidade e consecución dos obxectivos fixados no Plan de Empresa e Plan de Productividade, así como a modificación nos sistemas de organización do traballo derivada da implantación de novas tecnoloxías e do desenvolvemento do Plan de Formación, Plan de Calidade, Seguridade e Prevención de Riscos Laborais, cos conseguintes incrementos da productividade que iso comporta.

O dereito ó devengo deste complemento lígase á permanencia das circunstancias que determinasen o seu recoñecemento inicial e ó cumprimento dos obxectivos de productividade e ratios contemplados no Plan de Productividade, decaendo en tal dereito

o perceptor no momento en que se constate a desaparición de tales circunstancias e os incumprimentos dos obxectivos establecidos.

A valoración da productividade realizarase en función de circunstancias relacionadas directamente co desempeño do posto de traballo, a realización efectiva dos cometidos asignados nos distintos plans de mellora e a consecución dos resultados ou obxectivos asignados a el. Este complemento será incompatible coa percepción do complemento de dispoñibilidade.

2. Complemento de flexibilidade horaria.

O obxectivo deste complemento é compensar a aquel persoal que realice efectivamente traballos fóra do seu horario habitual.

A flexibilidade horaria enténdese como a asistencia ó posto de traballo fóra do horario establecido por circunstancias diversas (remate de buque, avaría, traballos urxentes, etc...). En ningún caso poderán realizarse máis de dúas horas diarias polo mesmo traballador.

Cando a flexibilidade comporte variación no horario regular que supere as 37,5 en cómputo cuadrimestral, percibirase o complemento na súa modalidade A.

Cando a flexibilidade comporte variación no horario regular que supere as 37,5 en cómputo cuadrimestral, percibirase por cada hora en exceso o complemento de flexibilidade na súa modalidade B.

Cando a flexibilidade comporte modificacións no horario regular sen supera-las 12 horas en cómputo anual quedará absorbido polo complemento de dispoñibilidade.

Este complemento é incompatible con:

-Nocturnidade.

-Festivos.

-Complemento de especial responsabilidade e dedicación.

-Complemento de irregularidade horaria.

3. Complemento de especial responsabilidade e dedicación.

O obxectivo do dito complemento será compensar aqueles traballadores con postos de traballo que, tendo o carácter de xestión, mando, confianza ou xefatura, leven implícito nas súas funcións un elevado grao de responsabilidade e de toma de decisión, así como unha dispoñibilidade absoluta ás necesidades do servicio, sendo fixadas estas circunstancias e a súa correspondente xornada laboral polo presidente/director do ente público.

Este complemento asignarase :

-Niveis 11 e 12, ambos inclusive.

-As/os secretarias/os de presidentes.

-Os postos de niveis 9 e 10 que determine o presidente de cada ente público, tendo en conta a definición deste complemento.

-Os técnicos mecánicos de sinais marítimos.

Este complemento será incompatible cos seguintes:

-Complemento de flexibilidade horaria.

-Complemento de xornada partida.

-Complemento de traballo a quendas.

-Complemento de dispoñibilidade.

-Complemento de irregularidade horaria, excepto para os técnicos mecánicos de sinais marítimos.

-Complemento nocturnidade.

4. Complemento de especial rendemento no traballo.

O obxectivo do dito complemento será compensar todas aquelas actuacións que favorezan o incremento da productividade, ben sexa a nivel de departamento, ben a nivel individual, como son:

-Rendementos especiais realizados por un departamento/grupo/equipo.

-Consecución de obxectivos fixados a departamentos/grupos/equipos.

-Especial desempeño e rendemento nas tarefas realizadas por efectivos da organización.

-Realización de traballos especiais, xa sexa en grupo ou de forma individual.

En todos e cada un dos marcos de aplicación enunciados, a determinación do grao de cumprimento dos requirimentos, obxectivos, méritos e traballos especiais marcados pola autoridade portuaria, e de acordo co comité de empresa, estableceranse mediante un sistema de avaliación, así como as contías que se vaian percibir.

5. Complemento de dispoñibilidade.

O obxectivo deste complemento será compensar aqueles traballadores en postos de traballo en administración e talleres, e sempre que non deban realizarse en réxime de traballo a quendas ou irregularidade horaria, que levan implícitos nas súas funcións unha especial dispoñibilidade ás necesidades do servicio.

Este complemento será de libre aceptación por parte do traballador, sendo a decisión vinculante para o traballador por anos naturais completos.

Estes traballadores estarán obrigados a prolonga-la súa xornada ata un máximo de 12 horas anuais de traballo efectivo fóra da súa xornada habitual. Unicamente se aboará o complemento de flexibilidade por aquelas horas que superen o número de 12 horas de traballo efectivo fóra de xornada.

O descanso compensatorio para o persoal afectado, será dun (1) día, cando as horas realizadas por esta modalidade superen as seis e non superen as 12 horas anuais establecidas como máximo.

A percepción deste complemento será incompatible cos seguintes:

-Complemento de traballo a quendas.

-Complemento de xornada partida.

-Complemento de especial responsabilidade e dedicación.

-Complemento de irregularidade horaria.

-Complemento de complemento de calidade, seguridade e prevención de riscos laborais.

Disposición adicional

Única.-Peche ano 1999 e revisións salariais.

Polo carácter público desta autoridade portuaria, o presente convenio colectivo está sometido ó establecido na normativa laboral e orzamentaria, requiríndose para a súa validez a previa autorización da CECIR (Lei 49/1998, de orzamentos xerais do Estado para 1999).

Os conceptos productivos correspondentes ó ano 1999 serán os regulados na disposición transitoria segunda do I convenio marco de portos do Estado e autoridades portuarias, de conformidade coas contías establecidas nos complementos de posto de traballo ano 1999 números 1 a 7.

A mesa negociadora do presente convenio colectivo acorda e asina a revisión salarial dos conceptos productivos regulados nel para os anos 2000 e 2001, de conformidade coas táboas que se xuntan como anexo I.

Así mesmo, a mesa negociadora encoméndalle á Comisión de Vixilancia e Interpretación deste convenio colectivo as revisións salariais para os anos 2002 e 2003. Os trámites desta revisión iniciaranse por instancia de calquera das partes.

Disposición derradeira

Para todo o non previsto neste convenio, será de aplicación o establecido no I convenio marco de relacións laborais de portos do Estado e autoridades portuarias, no Estatuto dos traballadores e nas demais leis xerais e disposicións regulamentarias en vigor.

Disposición derrogatoria

A partir da entrada en vigor do presente convenio colectivo, quedan derrogados e substituídos tódolos artigos do I convenio colectivo de portos do Estado e autoridades portuarias.

Anexo I. Ingresos, contratación e promoción in-

terna.

Anexo II. Contías económicas dos complementos para 2000.

Anexo III. Programa de productividade.

ANEXO I

Sistema de provisión de postos de traballo

Ingresos:

O proceso de selección do persoal de novo ingreso na Autoridade Portuaria de Vigo, suxeitarase ás seguintes.

Condicións:

a) Debe basearse nos principios de igualdade, mérito e capacidade e facerse mediante convocatoria pública, realizándose como mínimo mediante a súa publicación no taboleiro de anuncios da autoridade portuaria.

b) Ten que axustarse á normativa xeral orzamentaria e sobre emprego vixente en cada momento e realizarse de acordo coas necesidades de persoal definidas no organigrama funcional e dotacional da autoridade portuaria.

c) Esixirase en todo caso, os seguintes requisitos de ingreso:

1. Titulación e aptitude suficiente para o posto de traballo, de acordo coa regulación establecida nos niveis, postos de traballo e titulacións mínimas esixibles.

2. Capacidade para contratar.

3. Acredita-las condicións e preparación suficientes que se esixen para o desempeño do posto do que se trate, superando para o efecto as correspondentes probas.

a) O tribunal poderá solicita-la colaboración/asistencia de organismos competentes ou empresas especializadas, incorporando os resultados delas ó expediente que ten que valora-lo tribunal.

b) Rexerá o principio de agrupación de prazas en función da economía de procedemento e orzamentario.

c) Debe establecerse nas convocatorias unha reserva de prazas para persoas con minusvalidez que permita alcanzar progresivamente o 2% do cadro de persoal, e ocuparán aqueles postos de traballo que sexan compatibles coa súa minusvalidez.

d) Poderá establecerse un período de proba, que se regulará de acordo co establecido no artigo 14 do Estatuto dos traballadores, excepto na súa duración, que non superará os quince días para os traballadores sen cualificación profesional; os trinta días para os traballadores con cualificación, incluído o persoal administrativo, e os tres meses para o persoal titulado.

A situación de incapacidade temporal, que afecte ó traballador en período de proba, interromperá o cómputo del.

e) En caso de que se seleccione un traballador que proveña doutro ente público portuario, recoñe

ceráselle a antigüidade que tivese acreditada no citado ente público portuario unha vez verificada a ausencia de indemnización na autoridade portuaria de procedencia.

f) O prazo de presentación de instancias será de 15 días hábiles, desde a publicación da convocatoria.

g) A valoración final obtida por cada aspirante farase pública ó finaliza-las probas, non sendo preceptivo publica-las valoracións parciais.

h) Os postos adxudicaranse ós aspirantes que obteñan a maior puntuación final.

l) Na lista de aptos se poderán establecer reservas, para cubri-las baixas excepcionais que se poidan producir entre os admitidos, sendo válida esta lista de reservas, por un prazo máximo de tres (3) meses, desde a data de publicación dela.

Titulacións mínimas:

Niveis 1 e 2: esíxese como requisito acredita-la posesión do título de graduado escolar ou equivalente.

Niveis 3 ó 6: esíxese como requisito acredita-la posesión do título de FP1 ou equivalente.

Niveis 7 ó 10: esíxese como requisito acredita-la posesión do título de FP2, BUP, COU ou equivalente.

Niveis 11/12: esíxese como requisito acredita-la posesión de titulación de grao superior (licenciaturas, diplomaturas, enxeñerías técnicas ou equivalente).

Enténdese por equivalente calquera titulación que veña substituí-las anteriormente mencionadas.

En caso de dúbida solicitarase, ou poderá ser presentada polo interesado, certificación do organismo competente.

Suxírese algunha nova tarefa ou función non contemplada na clasificación anterior, deberá ser aprobada previamente a súa definición específica pola comisión paritaria do I convenio marco e posteriormente será obxecto de asimilación pola Autoridade Portuaria de Vigo.

Proceso:

Concurso-oposición. Consiste na celebración dunha ou máis probas de capacidade para determina-la aptitude dos aspirantes, pasando a continuación á cualificación dos méritos e fixa-la orde de prelación deles. Utilizarase como regra xeral para tódolos niveis.

Realizada a convocatoria estableceranse as bases previas nas cales se recollerán os contidos das probas.

1. Establécese como regra xeral o seguinte baremo:

1.1. Aptitude profesional:

-Proba teórica (específica á praza).

-Proba práctica (específica á praza).

-Proba física (optativa por A.P.).

-Test psicotécnico (optativa por A.P.).

-Entrevista.

A puntuación total será como máximo do 70%.

1.2. Méritos:

-Experiencia profesional.

-Méritos académicos.

-Idiomas.

A puntuación total será como máximo do 20%.

1.3. Circunstancias persoais: (*).

A puntuación total será como máximo do 10%.

(*) Circunstancias persoais. Entenderase por especiais características persoais do candidato, aquelas circunstancias que, tras baremo do tribunal, poidan incidir no desempeño laboral no posto de traballo ó que se opte.

a) Tribunais:

-Estarán compostos por tres membros nomeados pola autoridade portuaria, un deles fará as funcións de secretario que levantará acta das reunións, e tres membros designados pola representación laboral.

-O presidente do tribunal, nomeado pola autoridade portuaria, decidirá co seu voto de calidade en caso de empate.

-Poderanse nomear asesores.

-A representación laboral nomeará os membros do tribunal no prazo de dez (10) días hábiles, desde que sexan requiridos para iso.

-No suposto de que, pasado o dito prazo, a representación laboral non nomee os seus representantes, continuarase o proceso co resto do tribunal, que se constituirá para o efecto.

Promoción:

A promoción interna do persoal da Autoridade Portuaria de Vigo realizarase de acordo coas seguintes,

Condicións:

a) Poderán presentarse á convocatoria de prazas os traballadores que pertenzan a unha categoría igual ou inferior ó nivel do posto que se pretenda ocupar.

b) Debe basearse nos principios de igualdade, mérito e capacidade e facerse mediante convocatoria pública, realizándose como mínimo mediante a súa publicación no taboleiro de anuncios da autoridade portuaria.

c) Na elaboración das bases e na valoración, realización e cualificación dos méritos e probas, terá que se garanti-la participación de representantes do persoal.

d) Rexerá o principio de agrupación de prazas, en función da economía de procedemento e orzamentario.

e) O prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles, desde a publicación da convocatoria.

f) A valoración obtida por cada aspirante farase pública ó finaliza-las probas, non sendo preceptivo publica-las valoracións parciais.

g) Os postos adxudicaránselles ós aspirantes que obteñan a maior puntuación final.

O tribunal poderá elevar proposta ó presidente para que na lista de aptos se establezan reservas, para cubri-las baixas excepcionais que se poidan producir entre os admitidos, sendo válida esta lista de reservas, por un prazo máximo de tres (3) meses, desde a data de publicación dela.

Titulacións mínimas:

Niveis 1 e 2: esíxese como requisito acredita-la posesión do título de graduado escolar ou equivalente.

Niveis 3 ó 6: esíxese como requisito acredita-la posesión do título de FP1 ou equivalente.

Niveis 7 ó 10: esíxese como requisito acredita-la posesión do título de FP2, BUP, COU ou equivalente.

Niveis 11/12: esíxese como requisito acredita-la posesión de titulación de grao superior (licenciaturas, diplomaturas, enxeñerías técnicas ou equivalente).

Enténdese por equivalente calquera titulación que veña substituí-las anteriormente mencionadas.

En caso de dúbida solicitarase, ou poderá ser presentada polo interesado, certificación do organismo competente.

Se xurdise algunha nova tarefa ou función non contemplada na clasificación anterior, deberá ser aprobada previamente a súa definición específica pola comisión paritaria do I convenio marco e posteriormente será obxecto de asimilación pola Autoridade Portuaria de Vigo.

Con carácter excepcional, e durante a vixencia deste convenio, ó persoal cunha antigüidade na autoridade portuaria anterior ó 31 de decembro de 1993, non se lle esixirá titulación ningunha para concursar a calquera posto de traballo, salvo que, leve aparellada titulación específica. No suposto de carecer da titulación mínima esixida para o nivel ó que opte, deberá realizar obrigatoriamente os cursos que estableza a comisión de formación, como requisito para poder optar ó posto vacante.

Proceso:

Concurso-oposición. Consiste na celebración dunha ou máis probas de capacidade para determina-la aptitude dos aspirantes, pasando a continuación á cualificación dos méritos e fixa-la orde de prelación deles. Utilizarase como regra xeral para tódolos niveis.

Realizada a convocatoria estableceranse as bases previas nas cales se recollerán os contidos das probas.

1. Establécese como regra xeral o seguinte baremo:

1.1. Aptitude profesional:

-Proba teórica (específica á praza).

-Proba práctica (específica á praza).

-Proba física (optativa por A.P.)

-Test psicotécnico (optativa por A.P.)

-Entrevista.

A puntuación total será como máximo do 70%.

1.2. Méritos:

-Experiencia profesional.

-Méritos académicos.

-Idiomas.

A puntuación total será como máximo do 20%.

Para os niveis 11 e 12 será obrigatoria a valoración dentro dos méritos académicos, das titulacións de grao superior, e esta representará, como mínimo, o 75% da establecida para a valoración total do capítulo de méritos (20%).

1.3. Circunstancias persoais: (*).

A puntuación total será como máximo do 10%.

(*) Circunstancias persoais. Entenderase por especiais características persoais do candidato, aquelas circunstancias, que tras baremo do tribunal, poidan incidir no desempeño laboral no posto de traballo ó que opte.

a) Tribunais:

-Estarán compostos por tres membros nomeados pola autoridade portuaria, un deles fará as funcións de secretario que levantará acta das reunións, e tres membros designados pola representación laboral.

-O presidente do tribunal, nomeado pola autoridade portuaria, decidirá co seu voto en caso de empate.

-Poderanse nomear asesores.

-A representación laboral nomeará os membros do tribunal no prazo de dez (10) días hábiles, desde que sexan requiridos para iso.

-No suposto de que, pasado o dito prazo, a representación laboral non nomee os seus representantes, continuarase o proceso co resto do tribunal, que se constituirá para o efecto.

Asistencia a tribunais.

O aboamento de indemnizacións ou compensacións por asistencia a tribunais de oposicións e concursos, ha de efectuarse segundo o regulado no Real decreto 236/1988, do 4 de marzo, e demais disposicións.

ANEXO II

Contía económica dos complementos para o ano 2000

-Complemento de traballo a quendas.

NIVELTRABALLO A QUENDAS/MODALIDADES
ABC

923.27120.66510.618

820.82818.4479.547

719.49217.2538.910

618.04416.0198.277

517.40615.4738.017

417.24815.2447.869

316.94215.0507.783

216.74814.8517.696

116.45314.5717.523

Modalidade A-3 quendas.

A-1) 7 días á semana.

As contías correspondentes incrementaranse en 4.554 pesetas por cada domingo ou festivo efectivamente traballado.

A-2) Só días laborables.

Modalidade B-2 quendas con nocturnos os 7 días da semana.

As contías correspondentes incrementaranse en 4.554 pesetas por cada domingo ou festivo efectivamente traballado.

Modalidade C-2 quendas os días laborables en xornada diúrna.

-Complemento de irregularidade horaria.

IRREGULARIDADE
NIVELMESANO/12

1233.466401.592

1133.466401.592

1033.466401.592

933.466401.592

833.466401.592

730.728368.736

629.330351.960

-Complemento de xornada partida.

XORNADA PARTIDA
NIVELMESANO/12

1223.848286.176

1123.848286.176

1023.848286.176

922.149265.788

820.441245.292

718.743224.916

617.427209.124

-Complemento de especial responsabilidade e dedicación.

ESP. RESPONSABILIDADE
NIVELMESANO/12

1243.891526.692

1141.698500.376

1039.500474.000

936.210434.520

826.331315.972

-Complemento de fexibilidade horaria.

VALOR HORA COMPLEMENTO DE FLEXIBILIDADE HORARIA
NIVELMODALIDADE AMODALIDADE B

101.0762.535

91.0302.392

89132.127

78471.989

68111.902

57651.775

47601.760

37451.729

27401.714

17241.683

-Complemento de embarque.

20003.249 PTAS./DÍA

-Complemento de inmersión.

2000648 PTAS./HORA

Contía económica dos complementos para o ano 2001

-Complemento de traballo a quendas.

NIVELTRABALLO A QUENDAS/MODALIDADES
ABC

923.73621.07810.830

821.24418.8149.737

719.88117.5989.087

618.40316.3398.442

517.75415.7828.177

417.59215.5478.026

317.28015.3517.937

217.08215.1487.848

116.78114.8617.672

Modalidade A-3 quendas.

A-1) 7 días á semana.

As contías correspondentes incrementaranse en 4.645 pesetas por cada domingo ou festivo efectivamente traballado.

A-2) Só días laborables.

Modalidade B-2 quendas con nocturnos os 7 días da semana.

As contías correspondentes incrementaranse en 4.645 pesetas por cada domingo ou festivo efectivamente traballado.

Modalidade C-2 quendas os días laborables en xornada diúrna.

-Complemento de irregularidade horaria.

IRREGULARIDADE
NIVELMESANO/12

1234.136409.632

1134.136409.632

1034.136409.632

934.136409.632

834.136409.632

731.342376.104

629.917359.004

-Complemento de xornada partida.

XORNADA PARTIDA
NIVELMESANO/12

1224.325291.900

1124.325291.900

1024.325291.900

922.592271.104

820.850250.200

719.117229.404

617.775213.300

-Complemento de especial responsabilidade e dedicación.

ESP. RESPONSABILIDADE
NIVELMESANO/12

1244.768537.216

1142.532510.384

1040.289483.468

936.934443.208

826.858322.296

-Complemento de dispoñibilidade.

DISPOÑIBILIDADE
NIVELMES

125.000

114.900

104.800

94.700

84.600

74.500

64.400

-Complemento de calidade, seguridade e prevención R.L.

CALIDADE

NIVELMES

121.500

111.600

101.700

91.800

81.900

72.000

CALIDADE

NIVELMES

7 (VIXILANCIA)5.500

62.500

6 (VIXILANCIA)5.500

-Complemento de flexibilidade horaria.

VALOR HORA COMPLEMENTO FLEXIBILIDADE HORARIA
NIVELMODALIDADE AMODALIDADE B

101.0972.584

91.0502.458

89302.168

78622.028

68261.940

57801.809

47741.794

37581.762

27531.747

17381.716

-Complemento de embarque.

20013.314 PTAS./DÍA

-Complemento de inmersión.

2001660 PTAS./HORA