Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por acordo da xunta de compensación do polígono I da UE2 Mera Cividanes, na asemblea xeral extraordinaria, celebrada o día 23 de xaneiro de 2002, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de compensación relativo ó polígono I da unidade de execución 2, Mera, de Oleiros. Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente polo

prazo de vinte días, a través da correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia, podendo examinarse no local sito na Praza da Canteira, nº 3, baixo esq., en Perillo, 15172, Oleiros, de 17 a 19 horas tódolos días laborais. Prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Perillo, 29 de abril de 2002.

Bautista Rodríguez Díaz

Presidente da xunta de compensación