Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

A Alcaldía-Presidencia, mediante Decreto do 22 de marzo de 2002, aprobou inicialmente o proxecto de reparcelación do polígono único do Plan parcial de ordenación do sector SAU-4 Castelao-Telleiras, parroquia de Nigrán, redactado pola Oficina de Planeamento, S.A. A dita tramitación queda supeditada á aprobación definitiva do estudio de detalle de ordenación volumétrica das zonas de edificación unifamiliar do plan, que se está tramitando simultaneamente.

Durante o prazo dun mes exponse ó público o expediente co obxecto de que poida examinarse e, se é o caso, se formulen as alegacións pertinentes. Ó mesmo tempo acordouse a suspensión das licencias no expresado ámbito, ata a aprobación definitiva.

Nigrán, 9 de abril de 2002.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde