Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (14/2001 PRY CMP).

Asunto: aprobación definitiva do proxecto de compensación do polígono 1 do APE F8.01 (Ronda Outeiro, avda. Fisterra) presentado por Inmobiliaria Residencial Parque Ronda.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 19 de abril do 2002, adoptou o seguinte acordo:

1. Aproba-lo proxecto de compensación do polígono 1 do APE F8.01 presentado por Inmobiliaria Residencial Parque Ronda.

2. Allear á Inmobiliaria Residencial Parque Ronda o 10% do aproveitamento municipal e requirir para que no prazo de 15 días presente aval suficiente que garanta o pagamento do prezo de alleamento

do 10% municipal, que se valora nun millón trescentos trinta e seis mil trescentos setenta e catro euros con vintedous céntimos, incrementando no 20% para facer fronte ós xuros se é o caso e ingrese na Caixa Municipal o IVE correspondente ó alleamento que ascende a douscentos trece mil oitocentos vintecinco euros.

3. Allea-lo subsolo da parcela obxecto de cesión de uso público para aparcamento privado polo prezo de quiñentos vinteoito mil quince euros e requirir para que no prazo de 15 días presente aval suficiente que garanta o pagamento do prezo do alleamento incrementado no 20% para facer fronte ós xuros se é o caso e ingrese na Caixa Municipal o IVE correspondente ó alleamento que ascende a oitenta e catro mil catrocentos oitenta e catro mil euros.

4. Acepta-la cesión das parcelas 2 e 3 o uso público, destinada a parcela 2 o viario peonil e a 3 a espacio libre de uso público.

O que se publica para xeral coñecemento indicando que conta este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa publicación. Non obstante pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a comisión de goberno no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fora expresa, e noutro caso no de seis meses contados desde a desestimación presunta do recurso de reposición, isto é a partir do mes de o interpoñer.

Publícase así mesmo para os efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1093/1997, do 4 de xullo, polo que se aproban as normas complementarias o Regulamento para a execución da Lei hipotecaria sobre inscrición no rexistro da propiedade de actos de natureza urbanística, en relación co artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertindo os interesados de que o expediente encóntrase á súa disposición nas oficinas de xestión do servicio de Urbanismo, sitas na avda. da Marina 18, entre as 12 e as 13.30 horas, de luns a venres durante o prazo de 20 días a partir da publicación do acordo que se cita, onde poderán consultalo e presentar cantas alegacións teñan por conveniente na defensa dos seus dereitos.

A Coruña, 29 de abril de 2002.

O alcade

P.D.

Salvador Fernández Moreda