Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de transporte aéreo de órganos humanos para transplante deste complexo hospitalario, mediante procedemento aberto e ordinario. (Expediente 32/2002).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Hospital Clínico Universitario, A Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 60, fax: 981 95 09 85.

2. Categoría do servicio e descrición: servicio de transporte aéreo de órganos humanos para transplante para o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Importe: trescentos mil cincocentos catro euros (300.504 A), IVE incluído.

Clasificación económica:

Grupo: III. Subgrupo: 9. Categoría: B.

3. Lugar de execución: nos locais destinados para iso nos distintos centros do complexo hospitalario.

4. a) Posibilidade de que, de acordo coas normas legais, regulamentarias ou administrativas, se reserve a prestación do servicio a unha determinada profesión: ver pregos de prescricións técnicas.

b) Referencia á dita norma legal, regulamentaria ou administrativa: ver pregos de prescricións técnicas.

c) Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación profesional do persoal responsable da execución do servicio: ver pregos de prescricións técnicas.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten para unha parte dos servicios de que se trate: licitación á totalidade do servicio.

6. Se é o caso, prohibición de variantes: non se admiten variantes.

7. Duración do contrato ou prazo para realiza-lo servicio: vintecatro meses, desde o 16 de xuño de 2002, ou data da sinatura do contrato, se é posterior. Antes do seu vencemento, este contrato poderá prorrogarse nos termos que contempla o artigo 198 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: Contratación Administrativa. Hospital Clínico Universitario, A Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 60, fax: 981 95 09 85, ou a través da páxina web do Sergas: http://www.sergas.es.

b) Data límite de recepción de ofertas: 17 de xuño de 2002.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

9. a) Persoas admitidas a asistir á apertura de plicas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario, a partir das 10 horas do oitavo día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no primeiro día hábil seguinte.

10. Garantías esixidas:

Provisional: 2% do orzamento de licitación: 6.010,08 A.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes: mensual, en diñeiro.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato: nos termos previstos no artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000.

13. Datos referentes á situación do prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios: as condicións que se establecen no prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas.

14. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: durante tres meses, desde a data de apertura das proposicións.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato e, se é posible, orde de importancia: segundo o punto 12 da folla especificacións.

16. Información complementaria: calquera outra información solicitarase ó servicio que figura no punto 1.

17. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: non.

18. Data de envío do anuncio: 24 de abril de 2002.

19. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2002.

Javier Jiménez Ferreres

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela