Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ANUNCIO do 21 de marzo de 2002, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, polo que se someten a información pública o estudio de efectos ambientais e o proxecto para a posta en funcionamento e explotación dun establecemento de cultivos mariños en Meloxo-O Grove (Pontevedra).

Tendo en conta, en primeiro lugar, polo que respecta á posta en funcionamento dun establecemento de cultivos mariños, o establecido na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre, na Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e no Real decreto 1471/1998, do 1 de decembro; e polo que respecta ó estudio de efectos ambientais o disposto no Decreto 327/1991, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, sométense a información pública a petición de permiso de actividade e concesión, e o estudio de efectos ambientais do establecemento que se describe:

-Tipo: cetaria.

-Nome: Cielo Alarcón Domínguez.

-Actividade: estabulación de crustáceos.

-Situación: A Graña s/n, Meloxo-O Grove (Pontevedra).

-Solicitante: Cielo Alarcón Domínguez (DNI: 35197776-W).

O expediente estará á disposición do público co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo, nos días e horas habituais de oficina, e achega-las alegacións e informacións que coide oportunas nos lugares que se detallan a continuación:

1. Proxecto de posta en funcionamento do establecemento:

Servicio de Acuicultura. Dirección Xeral de Recursos Mariños. Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Rúa do Valiño 63-65 baixo, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

2. Estudio de efectos ambientais:

a) Servicio de Acuicultura. Dirección Xeral de Recursos Mariños. Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Rúa do Valiño 63-65 baixo, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

b) Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. r/ Os Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela.

c) Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente. Servicio de Calidade Ambiental. Rúa Nova de Abaixo, nº 2, 36071 Pontevedra.

d) Concello do Grove. Praza do Corgo, 1, 36980 O Grove (Pontevedra).

Prazo de exposición: vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Prazo para formular alegacións: vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2002.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños