1. Autorización administrativa.
Os efectos previstos na Lei 54/1997, e título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:
Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Finalidade: mellora da infraestructura eléctrica existente na zona.
Descricións técnicas principais:
1. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. ó C.T. de Sabenche e remate no C.T. proxectado da Serra, de 934 m de lonxitude, a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56.
2. Centro de transformación aéreo de intemperie de Serra de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.
3. Rede de baixa tensión aérea do Monte, A Serra e Rente, de 1.620 m de lonxitude, a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.
4. Rede de baixa tensión aérea de Sabenche, de 610 m de lonxitude, a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.
2. Urxente ocupación.
O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.
3. Alegacións.
O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións e anexo, nesta delegación provincial (edificio administrativo Ronda da Muralla, 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de vinte días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, as alegacións por escrito que estimen oportunas, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 12 de abril de 2002.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 25/2001Provincia: Lugo
L.M.T., C.T., R.B.T. O Monte, A Serra, Rente, SabencheTermo municipal: Sarria
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Apoio Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
27600 Sarria
27600 Sarria2 Degos Carballeira Daniel López Toirán Urb. El Pedregal, bl. 1-2º esq.
1, 2, 3 5 196 2.068
3 Degos Labradío José Luis Castaño López Porvenir, 37
3, 4 2 143 1.800