Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 11 de abril de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/80).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administra

tiva e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Pedrouzos-Santa Minia.

Situación: Brión.

Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, de 685 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte do C.T. urbanización Monte Balado, nº 2 e C.T. urbanización Hortensia.

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, de 310 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte do C.T. Pedrouzos grupo escolar de manobra exterior e final no Pórtico do C.T. grupo escolar.

Rede de baixa tensión de enlace desde C.T. grupo escolar coa rede de baixa tensión existente. Concello de Brión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 11 de abril de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña