Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.330

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 18 de abril de 2002, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan acordos de prescrición do dereito a esixi-lo pagamento da devolución de ingresos indebidos pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Antonio Vázquez Iglesias e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de prescrición do dereito a esixi-lo pagamento da devolución de ingresos indebidos pendentes de notificar despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do artigo 3 do Real decreto 1163/1990, do 21 de setembro, segundo redacción dada na disposición derradeira segunda do Real decreto 136/2000, do 4 de febreiro, polo que se adapta ás previsións da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes, o procedemento para a realización de devolucións de ingresos indebidos.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con domicilio na rúa Progreso,38 entreplanta, Ourense en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 18 de abril de 2002.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

InteresadoProcedemento

Antonio Vázquez Iglesias

DNI: 34964089H

Río Limia, 9, Ourense

Acordo prescrición nº 20/02

Gumersindo Parada Bolaño

DNI: 34583947C

R/Dr. Peña Rey, 14, 4º esq., Ourense

Acordo prescrición nº 22/02

José Luis Sarmiento Viso

DNI: 34999072H

Av. Santiago, 25, 2º B, Ourense

Acordo prescrición nº 21/02

Cooperativa S. Pedro Maceda

CIF F32032856

R/José Antonio, 28, Maceda, Ourense

Acordo prescrición nº 24/02

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA