Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da instalación e explotación dun restaurante-cafetería no edificio do Museo de Arte Contemporánea de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: novos proxectos urbanos. Nº de expediente 914/107.

2. Obxecto do contrato: descrición: instalación e explotación dunha cafetería e restaurante no edificio do museo de arte contemporánea de Vigo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: 5 anos.

A execución do contrato comprende a execución de obras.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Canon mínimo que haberá que aboar ó concello: 10.000 euros /ano máis IVE.

5. Garantías provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo; pza. do Rei s/n 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a solvencia económica, financeira e técnica acreditarase na forma prevista na cláusula XI, punto 2 g) do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no DOG e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula XIX do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario e non superarán a cantidade de 600 euros.

12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 6 de maio de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde