Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO.

Neste concello tramítase o proxecto de compensación do polígono 1 do solo urbanizable do PXOM de Verín por instancia de Promosca, S.L., e a través do procedemento de propietario único conforme o disposto nos artigos 133.1º da Lei do solo de Galicia e 157.3º do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto.

En cumprimento do disposto no artigo 133.8º da Lei do solo de Galicia, en relación co artigo 102.4º da mesma norma, acórdase o sometemento a información pública do citado proxecto de compensación durante un prazo de 20 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, prazo durante o cal o expediente poderá ser consultado no Servicio de Urbanismo deste concello para que calquera persoa interesada poida presentar alegacións.

Verín, 30 de abril de 2002.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde