Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 280/2002.

Ó non seren atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución na Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña; todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente: 280/2002.

Acta inf.: 1645/2001.

Empresa: Sistemas de Instalación y Mantenimiento de Edificios, S.L.

NIF/DNI: B-15433568.

Enderezo: pza. Atenea, 4, Oleiros.

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 1.503,13 euros.

Resumo da acta de infracción:

Examinada a documentación laboral e de Seguridade Social da empresa de referencia, así como a investigación interna do accidente laboral sufrido por José Edmundo Rey Nores, comprobouse que a avaliación de riscos carece de data de elaboración e de sinatura, non recolle as persoas que o elaboraron nin a súa competencia. Tampouco recolle os traballos afectados nin unha planificación preventiva.

Vulnéranse os artigos 4.2º e 19.1º do R.D.L. 1/1995, do 24 de marzo; artigos 14, 15, 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, e artigos 8 e 9 do R.D. 39/1997, do 17 de xaneiro.

Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 7.6º e 39, respectivamente, do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

Documentos que constan no expediente:

-Acta de infracción:

-Xustificantes da notificación.

A Coruña, 24 de abril de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña