Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador na orde social 880/2001.

Ó non seren atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándoos de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia poden interpoñer

recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolles que de non ser interposto en tempo e forma, disporán dun mes de prazo para aboaren a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

Expediente nº: 880/2001.

Acta nº: 1106/2001.

Titular: Reformas Francisco Rey, S.L.

NIF/DNI: B-15578826.

Enderezo: Pascual Veiga, 58 baixo, A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 26-2-2002.

Sanción: 1.803,04 euros.

Feitos: con data do 28-8-2001, a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social emitiu acta de infracción contra a empresa de referencia, por vulneración dos artigos 3 a) da parte C, do anexo IV do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, en relación co risco de caída (8 m) dun andamio na obra de Cambre, pgno. Espíritu Santo, parcela 151.

Tipificación: falta grave, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 12.16º f) e 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

A Coruña, 24 de abril de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña