Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.206

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 14 de maio de 2002 pola que se dictan normas para garanti-los servicios esenciais durante a folga convocada polo persoal da Compañía da Radio Televisión de Galicia e das súas sociedades para o día 17 de maio de 2002.

De acordo co disposto no artigo 1 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, o exercicio do dereito de folga do persoal que exerce a súa actividade en entidades públicas encargadas da prestación de calquera tipo de servicio público enténdese condicionado a que se manteñan os servicios esenciais definidos no artigo 2 do mesmo decreto.

O artigo 3 do devandito decreto faculta o conselleiro competente por razón do servicio esencial afectado para que, mediante orde e ante cada situación de folga, determine o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tal servicio, así como para fixa-lo persoal preciso para a súa prestación, oído o comité de folga.

O comité interempresas da Compañía da Radio Televisión de Galicia e as súas sociedades (RTG e TVG) en escrito do 7 de febreiro de 2002, comunica a convocatoria de folga xeral que afectará a todo o persoal que presta os seus servicios para a empresa CRTVG e as súas sociedades durante a xornada do día 17 de maio de 2002, comezando ás 0 horas e rematando ás 24 horas.

Na necesaria conciliación entre o dereito constitucional de folga e o mantemento dos servicios esenciais, a Administración autonómica, de acordo coa normativa vixente, optou pola fixación duns mínimos indispensables para o funcionamento dos ditos servicios esenciais, que se concretan nos recollidos no anexo que acompaña a esta orde e polas razóns que, a seguir, se indican:

a) Compañía.

Servicio de Informática. Garante o mantemento e maila emerxencia de toda a rede informática que atende os servicios informativos e xerais.

b) TVG, S.A.

Producción. Garante os equipos mínimos indispensables para a producción dos programas informativos.

Continuidade-control central. Constitúe o equipo mínimo necesario para garanti-la continuidade na emisión e a realización dos programas informativos.

Informativos. Inclúese o persoal mínimo necesario para os programas informativos.

Servicios xerais. Os ordenanzas e conductores considéranse imprescindibles para atende-la mínima relación da sociedade co exterior.

c) RTG, S.A.

Programación-emisións.Garante a emisión dos programas de continuidade e os informativos, así como as gravacións e rexistros de emerxencia.

Servicio técnico. Garante os servicios mínimos do persoal de mantemento e as posibles emerxencias das instalacións e dos servicios técnicos.

Informativos. Inclúese o persoal mínimo necesario para elabora-los programas informativos.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, por proposta do director da Compañía da Radio Televisión de Galicia e oído o comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-O mínimo de actividade e o persoal preciso para asegura-lo mantemento dos servicios esenciais durante a folga convocada con carácter xeral durante a xornada do 17 de maio de 2002, que comezará ás 0 horas e rematará ás 24 horas, no ámbito da actividade do persoal da CRTVG e das súas sociedades, TVG, S.A. e RTG, S.A., será o establecido no anexo que acompaña a esta orde.

Artigo 2º.-O persoal que debe presta-los servicios relacionados no artigo anterior será destinado polo director da CRTVG.

Artigo 3º.-O incumprimento da obriga de atende-los servicios mínimos fixados nesta orde será sancionado de conformidade coa lexislación vixente aplicable ó persoal laboral.

Artigo 4º.-O disposto nesta orde non suporá ningunha limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ó persoal na dita situación.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2002.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo

ANEXO

Servicios mínimos

Compañía de Radio Televisión de Galicia

Servicio de informática: 1 técnico de sistemas de 10 a 22 horas.

Televisión de Galicia, S.A.

Servicios xerais

-1 oficial técnico electricista de 8 a 15 horas.-1 oficial técnico electricista de 15 a 22 horas.-1 oficial técnico electricista de 20 a 3 horas.-1 ordenanza de 8 a 15 horas.-1 ordenanza-conductor de 15 a 22 horas.

Departamento de informativos

-7 redactores de 8 a 15 horas.-3 redactores de 15 a 22 horas.-2 redactores de 15.30 a 22.30 horas.-1 redactor de 17 a 24 horas.-1 auxiliar de redacción de 9 a 14 horas e de 16 a 18 horas.-1 auxiliar de redacción de 14 a 21 horas.-1 locutor de 8 a 15 horas.-1 lingüista de 8 a 15 horas.-3 reporteiros gráficos de 8 a 15 horas.-2 reporteiros gráficos de 15 a 22 horas.-1 auxiliar de informativos de 9 a 16 horas.-1 auxiliar de informativos de 16.30 a 23.30 horas.-1 productor de 8.30 a 15.30 horas.-2 productores de 17 a 20 horas.-1 axudante de producción de 10 a 17 horas.-1 axudante de producción de 17 a 24 horas.

Departamento de deportes

-1 auxiliar de redacción de 8.30 a 15.30 horas.-1 auxiliar de redacción de 17 a 24 horas.

Servicio edición-realización

-1 realizador de 9 a 16 horas.-1 realizador de 9 a 18 horas.-1 realizador de 11 a 16 horas.-1 realizador de 18 a 1 horas.-1 axudante de realización de 8.30 a 15.30 horas.-2 axudantes de realización de 9 a 16 horas.-1 axudante de realización de 10 a 17 horas.-1 axudante de realización de 15.30 a 22.30 horas.-1 axudante de realización de 18 a 1 horas.-5 operadores-montadores de vídeo de 8 a 15 horas.-1 operador-montador de vídeo de 10 a 17 horas.-1 operador-montador de vídeo de 15 a 22 horas.-3 operadores-montadores de vídeo de 17 a 24 horas.-1 operador-montador de vídeo de 18 a 1 horas.-1 grafista titulador de 9 a 16 horas.-1 grafista titulador de 17 a 24 horas.-1 operador de posproducción de 8 a 15 horas.-1 operador de posproducción de 17.30 a 24.30 horas.-1 deseñador gráfico de 8 a 15 horas.-1 deseñador gráfico de 16 a 23 horas.

Continuidade

-1 operador-montador de vídeo de 24 a 7 horas.-1 operador-montador de vídeo de 24.30 a 7.30 horas.-1 operador-montador de vídeo de 7 a 14 horas.-1 operador-montador de vídeo de 7.30 a 14.30 horas.-1 operador-montador de vídeo de 10 a 17 horas.

-1 operador-montador de vídeo de 14.30 a 21.30 horas.-1 operador-montador de vídeo de 17 a 24 horas.-1 operador-montador de vídeo de 17.30 a 24.30 horas.-1 técnico de control central de 9 a 16 horas.-1 técnico de control central de 16 a 23 horas.

Departamento de producción

-1 control de cámara de 8 a 15 horas.-1 control de cámara de 15 a 1 horas.-2 cámaras de 8 a 15 horas.-1 cámara de 15 a 22 horas.-1 operador de son de 8 a 15 horas.-1 operador de son de 11 a 18 horas.-1 operador de son de 18 a 1 horas.-1 técnico de iluminación de 8 a 15 horas.-1 técnico de iluminación de 15 a 1 horas.-1 maquillador de 8 a 15 horas.-1 maquillador de 15 a 22 horas.-1 técnico electrónico de 24 a 9 horas.-1 técnico electrónico de 9 a 16 horas.-1 técnico electrónico de 10 a 18 horas.-1 técnico electrónico de 16 a 24 horas.-1 almacenista de 8 a 15.30 horas.-1 almacenista de 15.30 a 23 horas.

Servicio de retransmisións

-1 auxiliar administrativo de 9 a 16 horas.-1 axudante de producción de 15 a 22 horas.

Servicio de documentación

-2 documentalistas de 8 a 15 horas.-1 documentalista de 17 a 24 horas.

Radio-Televisión de Galicia

Servicio de deportes

-1 locutor de 8 a 15 horas.-1 locutor de 17 a 24 horas.

Servicio técnico

-1 técnico electrónico de 0 a 24 horas.

Servicio de emisións

-1 técnico de control de 13 a 20 horas.-1 operador de control de 24 a 7 horas.-1 operador de control de 6.30 a 13.30 horas.-2 operadores de control de 8 a 15 horas.-2 operadores de control de 17 a 24 horas.

Servicios informativos

-3 redactores de 8 a 15 horas.-2 redactores de 15 a 22 horas.-1 auxiliar de redacción de 1 a 8 horas.-1 auxiliar de redacción de 8 a 15 horas.-1 auxiliar de redacción de 15 a 22 horas.-1 auxiliar de redacción de 22 a 24 horas.

Servicio de programas

-1 locutor de 8 a 15 horas.-1 locutor de 15 a 22 horas.-1 auxiliar de programas de 13 a 20.