Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.195

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de abril de 2002 pola que autoriza para imparti-las ensinanzas de grao medio de música establecidas na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, ó centro autorizado de música Fingoi, de Lugo.

Segundo o disposto no artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, é competencia da Comunidade Autónoma galega a regulamentación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades e, de acordo co artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23 de xullo), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ó que lle corresponden estas competencias.

Por Orde do 13 de novembro de 2000 (DOG do 13 de decembro), autorizouse o centro privado Fingoi de Lugo para imparti-las ensinanzas de música correspondentes ó grao elemental.

O titular deste centro solicita autorización para imparti-las ensinanzas de grao medio reguladas pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4 de outubro).

A Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo informa do cumprimento efectivo dos requisitos mínimos que establece o Real decreto 389/1992, do 15 de abril (BOE do 28 de abril), para os centros que impartan as ensinanzas artísticas regradas previstas no capítulo primeiro do título II da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e de que a estructura e planificación académica do centro se axusta ó disposto no Decreto 253/1993, do 29 de xullo (DOG do 25 de outubro), polo que se establece o currículo do grao elemental e do grao medio das ensinanzas de música e o acceso ós ditos graos.

Cumpridos tódolos trámites regulamentarios e tendo en conta o anteriormente exposto, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar para imparti-las ensinanzas correspondentes ó grao medio de música establecidas na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, o centro autorizado de música Fingoi, de Lugo, segundo os datos que figuran no anexo a esta orde.

Segundo.-En cumprimento do que establece a disposición adicional terceira do Decreto 253/1995, do 29 de setembro, o centro autorizado de música Fingoi, de Lugo, queda adscrito, para efectos administrativos, ó conservatorio profesional de música de Lugo.

Terceiro.-A presente autorización para imparti-las ensinanzas do grao medio de música terá efectos a partir do curso académico 2002-2003.

Cuarto.-A Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo, logo de informe da inspección educativa, aprobará expresamente a relación do persoal que imparta docencia no centro autorizado.

Quinto.-O mencionado centro queda obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión da autorización cando teña que modificarse calquera dos datos sinalados nesta orde.

Sexto.-A presente orde, que esgota a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Lugo.

Localidade: Lugo.

Enderezo: avda. Aviación Española, 37.

Código do centro: 27020598.

Titular: Colexio Fingoi, S.A.

Denominación xenérica: centro autorizado de música profesional.

Denominación específica: Fingoi.

Composición resultante:

Número de postos escolares autorizados: 80 para grao elemental e 180 para grao medio.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL