Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 15 de maio de 2002 Páx. 7.130

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2002 pola que se fai pública a reforma da relación de postos de traballo do Consello de Contas de Galicia, acordada polo Pleno en sesión do día 25 de xaneiro de 2002.

De conformidade co disposto no artigo 8. j) do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas, en relación cos artigos 6 e 25 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, o Pleno do Consello de Contas, en sesión que tivo lugar o día 25 de xaneiro de 2002, acordou modifica-la RPT do consello nos seguintes termos:

Primeiro.-Crear dúas novas prazas coas seguintes características:

Denominación: auditor-adxunto.

Nivel de C.D.: 28.

Complemento específico: 13.263,83 A.

Tipo de posto: S.

Forma de provisión: libre designación.

Grupo: A.

Corpo ou escala: superior da C.A. galega, Estado, CC AA, OO AA, CC LL ou S.S.

Titulación: licenciado.

Formación específica: experto en auditoría.

Segundo.-Crear catro novas prazas coas seguintes características:

Denominación: técnico de auditoría.

Nivel de C.D.: 25.

Complemento específico: 10.515,60 A.

Tipo de posto: S.

Forma de provisión: libre designación.

Grupo: b.

Corpo ou escala: xestión da C.A. galega, Estado, CC AA, OO AA, CC LL ou S.S.

Titulación: titulado medio.

Formación específicas: contabilidade e auditoría pública.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2002.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior