Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 15 de maio de 2002 Páx. 7.129

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 6 de maio de 2002 pola que se resolve a convocatoria da segunda edición do premio A empresa en favor da familia.

Convocada pola Orde do 3 de abril de 2002 (DOG nº 69, do 10 de abril) a segunda edición do premio A empresa en favor da familia establecido polo Decreto 80/2002, do 7 de marzo (DOG nº 57, do 21 de marzo), e de conformidade coa base sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-lo premio A empresa en favor da familia, correspondente ó ano 2002, á empresa Fábrica de Cerámica de Sargadelos, S.L., como recoñecemento ás accións realizadas dentro do ámbito da organización empresarial que teñen en conta os intereses das familias e coadxuvan a conciliación da vida familiar e laboral.

Segundo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2001.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego

Muller e Xuventude