Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 15 de maio de 2002 Páx. 7.049

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 29 de abril de 2002 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do programa sectorial de tecnoloxías para a innovación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria para o ano 2002.

A Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1, establece, como obxectivo xeral, o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promove-lo desenvolvemento económico, social e productivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ó logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolmento Tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 14 de marzo de 2002, aprobou o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (2002-2005). Este plan ten como obxectivos principais articular, desenvolver e fortalece-lo Sistema Galego de Innovación, actuando sobre os seus puntos débiles e tratando de optimiza-los recursos dispoñibles, así como favorece-lo desenvolvemento dos sectores económicos e sociais de interese para Galicia, fomentando o incremento das actividades de investigación, desenvolvemento e innovación

tecnolóxica (I+D+I).

O plan consta dun programa de promoción xeral da investigación e trece programas sectoriais agrupados en tres bloques: recursos naturais, tecnoloxías para a innovación e servicios ó cidadán. Estes programas sectoriais perseguen como obxectivos potencia-la investigación aplicada no sistema público de I+D, aumenta-las actividades de I+D+I nas empresas e impulsa-la innovación tecnolóxica e a competitividade nos sectores económicos e sociais de interese para Galicia.

O bloque de programas de tecnoloxías para a innovación serve de apoio á I+D+I que ten relación coas áreas científico-tecnolóxicas que se consideran máis relevantes para o desenvolvemento dos sectores productivos de Galicia. O devandito bloque está formado polos seguintes programas: biotecnoloxía e tecnoloxías farmacéutica e de ciencias da saúde, tecnoloxías da alimentación, tecnoloxías ambientais, tecnoloxías dos materiais, tecnoloxías da construcción e conservación do patrimonio, tecnoloxías da información e as comunicacións e tecnoloxías de deseño e producción industrial que perseguen como obxectivo avanzar nas tecnoloxías necesarias para o desenvolvemento dos sectores productivos máis importantes de Galicia, así como aplica-los avances á innovación tecnolóxica das empresas.

Co fin de pór en marcha os instrumentos previstos no plan para a execución dos seus programas, esta

orde aproba as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ó grupo de programas sectoriais de tecnoloxías para a innovación e procede á convocatoria do ano 2002.

Polo que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Modalidades de axuda e ámbito temporal.

Anualmente convocaranse en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva as axudas que a seguir se indican, como instrumentos ordinarios do grupo de programas de tecnoloxías para a innovación:

1. Proxectos de investigación aplicada a realizar por grupos de investigación consolidados e de excelencia en universidades, organismos públicos de investigación e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Proxectos de investigación de centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Proxectos de I+D de empresas ou agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, propios e concertados (con universidades, OPIs e CITs).

4. Proxectos de innovación tecnolóxica de empresas ou agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro (absorción de tecnoloxías que impliquen un esforzo de adaptación; prototipos, non comercializables; plantas piloto, non productivas; proxectos de demostración e outras accións análogas de tipo precompetitivo).

5. Dotación de laboratorios e departamentos de I+D de empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro.

As axudas dos números 3, 4 e 5, anteriormente citados, enmárcanse no Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Como anexos I, II, III, IV, V, VI e VII a esta orde recóllense as prioridades dos programas que forman o bloque de tecnoloxías para a innovación: biotecnoloxía e tecnoloxías farmacéutica e de ciencias da saúde, tecnoloxías da alimentación, tecnoloxías ambientais, tecnoloxías dos materiais, tecnoloxías da construcción e conservación do patrimonio, tecnoloxías da información e as comunicacións e tecnoloxías de deseño e producción industrial.

Estas axudas concédense para a realización de proxectos que se inicien no ano da convocatoria e que teñan unha duración máxima de tres anos, contados desde a data de concesión. Cando o beneficiario sexa unha empresa ou agrupación de empresas ou asociacións sen ánimo de lucro admitiranse custos do proxecto producidos desde o 1 de xaneiro do ano de concesión da axuda.

Segundo.-Requisitos dos beneficiarios.

Os posibles beneficiarios das axudas citadas no punto primeiro deberán reuni-los requisitos que a seguir se indican para cada caso.

1. Grupos/equipos de investigación consolidados e de excelencia de universidades, organismos públicos de investigación e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para os efectos dos conceptos de grupo consolidado e de excelencia son de aplicación tódalas definicións e criterios recollidos no artigo 2 da Orde do 1 de abril de 2002 publicada no DOG nº 69, do 10 de abril.

Excepcionalmente e con carácter transitorio, no caso dos centros públicos de investigación de carácter sectorial non universitarios admitiranse as seguintes situacións particulares como alternativa posible ó establecido na orde antes citada:

* Para grupos/equipos consolidados:

a) O grupo/equipo terá un mínimo de tres membros vinculados ó centro.

b) O investigador principal poderá ser un titulado superior cunha experiencia mínima de catro anos como investigador, acreditada con publicacións e vinculación estable.

c) O segundo investigador poderá ser un titulado superior vinculado ó centro con dous anos acreditados de experiencia investigadora ou un titulado de grao medio vinculado ó centro con catro anos de experiencia investigadora.

d) Os restantes investigadores poderán ser titulados superiores vinculados ó centro. No seu defecto e con carácter excepcional, o equipo poderá completarse con técnicos de grao medio vinculados ó centro e con dous anos de experiencia.

* Para grupos/equipos de excelencia:

a) O grupo/equipo terá un mínimo de catro membros vinculados ó centro.

b) O investigador principal poderá ser un titulado superior con experiencia mínima de oito anos e vinculación estable.

c) O segundo membro poderá ser substituído por un titulado superior con experiencia mínima de seis anos e vinculación estable.

d) O terceiro membro poderá ser substituído por un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo.

e) Excepcionalmente os restantes membros do equipo (mínimo un) poderán ser técnicos de grao medio con dous anos de experiencia investigadora.

Así mesmo, para estes centros e polo que respecta ós criterios de calidade, o conxunto dos seus membros deberá reunir ó menos catro dos seguintes:

a) Catro sexenios recoñecidos.

b) Dúas teses de doutoramento dirixidas ou codirixidas e lidas.

c) Oito publicacións de prestixio internacional que supoñan unha contribución científica real.

d) Dúas patentes nacionais ou internacionais rexistradas.

e) Dirección de seis proxectos de investigación obtidos en convocatorias competitivas de ámbito nacional ou internacional.

f) Unha presidencia dun comité organizador dun congreso dunha sociedade internacional.

g) Ser membro do comité científico dunha revista de prestixio internacional.

h) Dirección de tres proxectos de I+D financiados por empresas dun importe superior a 12.100 euros cada un deles.

Os investigadores que constitúan un equipo consolidado ou de excelencia deberán ter en conta as seguintes limitacións relativas ó número máximo de proxectos nos que poden participar computando o proxecto solicitado:

a) Se teñen unha antigüidade como doutores de catorce ou máis anos e acreditan producción científica durante ese período, poderán participar nun máximo de catro proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo, e en dous se é a tempo parcial.

b) Se teñen unha antigüidade como doutores entre dez e trece anos e acreditan producción científica durante ese período, poderán participar nun máximo de tres proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo, e en dous se é a tempo parcial.

c) Se teñen unha antigüidade como doutores entre catro e nove anos e acreditan producción científica durante ese período, poderán participar nun máximo de dous proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo, e nun se é a tempo parcial.

Os restantes membros do equipo non incluídos nalgún dos tres puntos anteriores só poderán participar no proxecto que se solicita.

Para os casos excepcionais antes descritos, relativos ós centros públicos de investigación de carácter sectorial, a antigüidade como doutor entenderase como experiencia investigadora acreditada.

Ningún grupo, e polo tanto cada un dous seus membros, poderá ter vixente máis dun proxecto financiado con cargo a un mesmo programa do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, pero si poderá simultanear dous proxectos de distintos programas sectoriais do Plan, sempre que cumpra as limitacións específicas descritas anteriormente.

Co fin de favorece-la cooperación entre grupos distintos pertencentes a organismos públicos de investigación e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate

de grupos que acheguen coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación co proxecto. Para cada un dos subproxectos que integran o proxecto coordinado requirirase un mínimo de dous investigadores, a saber:

-O responsable de cada subproxecto deberá cumpri-los requisitos esixidos para os investigadores principais dos grupos consolidados. Un deles será o coordinador do proxecto.

-Os restantes membros de cada subproxecto (mínimo un) deberán ser, como mínimo, titulados superiores con vinculación a tempo completo ó correspondente organismo.

Así mesmo, deberá terse en conta que no caso de que o equipo investigador ou algún dos seus membros teña algún proxecto vixente para poder solicitar axuda para un proxecto, o tamaño mínimo do equipo deberá incrementarse, incorporando alomenos, un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo ó mesmo organismo que o investigador principal.

2. Centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán concorrer equipos de investigación dos seguintes centros tecnolóxicos:

* Centro de Innovación e Servicios-CIS Tecnoloxía e Deseño.

* Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira).

* Centro Tecnolóxico Armando Priegue (Aimen).

* Centro Tecnolóxico Nacional de Conservación de Productos de Pesca (Anfaco-Cecopesca).

* Instituto de Cerámica.

* Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga).

* Centro Tecnolóxico do Mar.

* Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia.

* Centro Tecnolóxico de Acuicultura.

* Instituto de Electrónica Aplicada Pedro Barrié de la Maza.

Será imprescindible que o centro tecnolóxico especifique o equipo que se dedicará ó desenvolvemento do correspondente proxecto, que deberá contar con algunha experiencia previa en actividades de I+D, así como o tempo que dedicará ó proxecto cada unha das persoas que o forman.

3. Empresas ou agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro:

Deberán cumpri-los seguintes requisitos:

a) Teren o seu domicilio social ou algún dos seus centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia realizaren a actividade obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.

b) Estaren ó día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

c) Non teren contraída débeda coa Xunta de Galicia.

d) Posuíren personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar e non estaren inhabilitadas para a obtención de subvención pública ou para contrataren co Estado, as comunidades autónomas e outros entes públicos.

e) Os demais esixibles en virtude de normas de dereito preciso.

Co fin de favorece-la cooperación entre empresas da Comunidade Autónoma de Galicia, poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate de empresas con capacidades complementarias con relación ó proxecto. Neste caso, unha das empresas terá a consideración de líder do proxecto, pero cada unha das empresas participantes deberá cumpri-lo seu impreso de solicitude indicando que forma parte dun proxecto coordinado e cál será a súa contribución a el. Non obstante, o proxecto será avaliado no seu conxunto aínda que cada empresa deberá tamén achega-la súa xustificación de forma separada e recibirá directamente a axuda que corresponde á súa parte do proxecto. O incumprimento dun dos socios considerarase incumprimento do total do proxecto.

Terceiro.-Contía das axudas e conceptos subvencionables.

* Para os proxectos de investigación que realicen grupos consolidados e de excelencia a contía máxima da axuda ascenderá a 90.150 euros e 120.300 euros, respectivamente. No caso de proxectos de investigación de centros tecnolóxicos, o importe máximo será de 100.000 euros. En xeral, as axudas solicitadas polos grupos consolidados, os grupos de excelencia e polos centros tecnolóxicos deberán referirse a algún dos conceptos seguintes:

1. Persoal contratado especificamente para colaborar nas actividades de investigación do proxecto. Estes contratos serán incompatibles coa percepción de calquera outra remuneración. A contratación realizarase conforme os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

O importe máximo por este concepto será de 45.000 euros para proxectos de tres anos, 30.000 euros para proxectos de dous anos e 15.000 euros para proxectos dun ano.

2. Material inventariable indispensable para a realización do proxecto, debidamente xustificado. O material inventariable adquirido con cargo a estas axudas será propiedade do organismo ó que pertence o investigador responsable do proxecto.

3. Material funxible debidamente xustificado.

4. Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen no desenvolvemento do proxecto.

5. Outros gastos (especificaranse no modelo de solicitude).

6. Custos indirectos: imputarase por este concepto un 10% do custo total do proxecto, co fin de resarci-lo correspondente organismo dos gastos que a execución do proxecto leva implícitos.

* Para os proxectos de I+D e proxectos de innovación tecnolóxica de empresas ou agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, a contía das axudas concedidas poderá alcanzar como máximo ata un 70% dos gastos subvencionables precisos para a consecución dos resultados finalistas obxecto do proxecto, no caso de que se trate de investigación industrial, e ata un 50% no caso de actividade de desenvolvemento precompetitiva.

Enténdese por investigación industrial a investigación planificada ou os estudios críticos que teñan por obxecto a adquisición de novos coñecementos que poidan resultar de utilidade para a creación de novos productos, procesos ou servicios ou contribuír a mellorar considerablemente os productos, procesos ou servicios existentes. Pola súa parte, pola actividade de desenvolvemento precompetitivo enténdese a materialización dos resultados da investigación industrial nun plano, esquema ou deseño para productos, procesos ou servicios novos, modificados ou mellorados, destinados á súa venda ou á súa utilización, incluída a creación dun primeiro prototipo non comercializable. Pode abranguer tamén a formulación conceptual e o deseño doutros productos, procesos ou servicios, así como proxectos de demostración inicial ou proxectos piloto, sempre que os devanditos proxectos non se poidan converter ou utilizar para aplicacións industriais ou a súa explotación comercial.

Así mesmo, poderán subvencionarse proxectos de demostración sempre que estean apoiados por un proxecto de I+D anterior que fose obxecto de axudas e sexan precisos para a aplicación futura e próxima do resultado do proxecto. Neste caso a axuda poderá alcanzar un máximo do 40% do custo de realización do proxecto e a contía da axuda non será superior a 48.000 euros. Excepcionalmente, este límite poderá ser superado cando concorran razóns de tipo estratéxico.

As solicitudes destes proxectos de I+D, propios e concertados (con universidades, OPIs e CITs) e proxectos de innovación tecnolóxica poden incluí-los conceptos seguintes:

1. Custo de persoal técnico da empresa preciso para a realización do proxecto. O devandito persoal e a súa vinculación ó proxecto deberán quedar definidos na proposta. O seu custo non poderá supera-lo 40% do custo total subvencionable do proxecto.

2. Custo do persoal adicional que contrate a empresa para a realización do proxecto e que no momento da contratación non teña vinculación laboral coa empresa nin a tivese nos dous últimos anos. Na solicitude deberá figura-lo perfil requirido para a persoa

que se contrate. A subvención que poderá concederse por este concepto ascende a un máximo de 45.000 euros para proxectos de tres anos, 30.000 euros para proxectos de dous anos e 15.000 euros para proxectos dun ano. O custo desta contratación non se acumulará á porcentaxe mencionada no punto anterior.

Os proxectos de investigación empresarial ós que se refire esta orde poderán incluí-la contratación laboral de xoves titulados universitarios e de formación profesional de 2º grao ou ciclo superior. As devanditas contratacións poderán concorrer ós incentivos dos programas de fomento dos contratos en prácticas e para innovación tecnolóxica que, se é o caso, convoque a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

3. Custo de adquisición (non se admitirán custos de utilización nin amortizacións) de equipamentos e instrumental precisos para a realización do proxecto de I+D+I, na medida na que se dediquen ó proxecto en cuestión, e que estean debidamente xustificados. Admitiranse os alugueres de equipamentos só en casos específicos e debidamente razoados. Se o custo da adquisición supera o 50% do custo do proxecto, recoméndase á empresa que solicite a axuda de dotación de laboratorios e departamentos de I+D separando os devanditos investimentos do propio proxecto de I+D.

4. Custo de servicios tecnolóxicos externos contratados a universidades, centros de investigación, centros tecnolóxicos, laboratorios ou outras empresas, necesarios para o desenvolvemento do proxecto, debidamente xustificados.

5. Gastos de adquisición de materiais funxibles ou compoñentes precisos para a execución do proxecto, debidamente xustificados.

6. Gastos de viaxes relacionados coa execución do proxecto. Será preciso explica-la vinculación da viaxe ó proxecto así como xustificar que efectivamente se realizou. Este concepto non poderá supera-lo 5% do custo total subvencionable do proxecto.

7. Gastos de protección dos resultados do proxecto. Este concepto no poderá supera-lo 5% do custo total subvencionable do proxecto.

8. Custo de colaboracións externas con universidades, centros de investigación, centros tecnolóxicos, laboratorios ou outras empresas, precisas para o proxecto e específicas para o seu desenvolvemento, debidamente detalladas e xustificadas. A devandita colaboración externa deberá estar recollida nun contrato ou outra forma de acordo escrito. Os custos destas colaboracións poderán ser calquera dos incluídos nos puntos anteriores, que serán tidos en conta para efectos de calcula-lo custo total subvencionable do proxecto e, polo tanto, os límites de cada concepto. O reparto dos custos do proxecto entre o beneficiario e a entidade colaboradora recolleranse no correspondente acordo específico de colaboración.

* Axudas a empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro para dotación de laboratorios e departamentos de I+D.

Estas axudas poderán alcanzar como máximo o 70% do investimento que se vai realizar pero non superarán a contía total de 130.000 euros; excepcionalmente, este límite poderá ser superado cando concorran razóns de interese estratéxico. As axudas poderán referirse a:

1. Custo de adquisición de equipamentos para investigación, así como das instalacións e acondicionamentos imprescindibles para o funcionamento dos devanditos equipamentos.

2. Custo de consumibles relacionados coa posta en marcha do devandito laboratorio ou departamento de I+D, sempre que non superen o 5% do custo total do proxecto de dotación.

Para este tipo de axudas será imprescindible que a empresa ou agrupación de empresas ou asociación sen ánimo de lucro teña recursos humanos dedicados a I+D e deberá xustificar qué actividades e proxectos se van levar a cabo. Terán prioridade aquelas empresas ou agrupacións de empresas ou asociacións sen ánimo de lucro que teñan realizado proxectos de I+D+I con anterioridade.

Cuarto.-Formalización e presentación de solicitudes.

Para a formalización das solicitudes empregaranse os modelos seguintes, dos que as follas externas se publican como anexos a esta orde.

* Axudas relativas ó programa biotecnoloxía e tecnoloxías farmacéutica e de ciencias da saúde:

* Modelo BTF-01-Proxectos de investigación aplicada de grupos consolidados e de excelencia (anexo VIII).

* Modelo BTF-02-Proxectos de investigación de centros tecnolóxicos (anexo IX).

* Modelo BTF-03-Proxectos de I+D e de innovación tecnolóxica de empresas ou agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro (anexo X).

* Modelo BTF-04-Dotación de laboratorios e departamentos de I+D (anexo XI).

* Axudas relativas ó programa tecnoloxías da alimentación:

* Modelo TAL-01-Proxectos de investigación aplicada de grupos consolidados e de excelencia (anexo XII).

* Modelo TAL-02-Proxectos de investigación de centros tecnolóxicos (anexo XIII).

* Modelo TAL-03-Proxectos de I+D e de innovación tecnolóxica de empresas ou agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro (anexo XIV).

* Modelo TAL-04-Dotación de laboratorios e departamentos de I+D (anexo XV).

* Axudas relativas ó programa de tecnoloxías ambientais.

* Modelo TAM-01-Proxectos de investigación aplicada de grupos consolidados e de excelencia (anexo XVI).

* Modelo TAM-02-Proxectos de investigación de centros tecnolóxicos (anexo XVII).

* Modelo TAM-03-Proxectos de I+D e de innovación tecnolóxica de empresas ou agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro (anexo XVIII).

* Modelo TAM-04-Dotación de laboratorios e departamentos de I+D (anexo XIX).

* Axudas relativas ó programa de tecnoloxías dos materiais.

* Modelo TMT-01-Proxectos de investigación aplicada de grupos consolidados e de excelencia (anexo XX).

* Modelo TMT-02-Proxectos de investigación de centros tecnolóxicos (anexo XXI).

* Modelo TMT-03-Proxectos de I+D e de innovación tecnolóxica de empresas ou agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro (anexo XXII).

* Modelo TMT-04-Dotación de laboratorios e departamentos de I+D (anexo XXIII).

* Axudas relativas ó programa de tecnoloxías da construcción e conservación do patrimonio.

* Modelo CCP-01-Proxectos de investigación aplicada de grupos consolidados e de excelencia (anexo XXIV).

* Modelo CCP-02-Proxectos de investigación de centros tecnolóxicos (anexo XXV).

* Modelo CCP-03-Proxectos de I+D e de innovación tecnolóxica de empresas ou agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro (anexo XXVI).

* Modelo CCP-04-Dotación de laboratorios e departamentos de I+D (anexo XXVII).

* Axudas relativas ó programa de tecnoloxías da información e as comunicacións.

* Modelo TIC-01-Proxectos de investigación aplicada de grupos consolidados e de excelencia (anexo XXVIII).

* Modelo TIC-02-Proxectos de investigación de centros tecnolóxicos (anexo XXIX).

* Modelo TIC-03-Proxectos de I+D e de innovación tecnolóxica de empresas ou agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro (anexo XXX).

* Modelo TIC-04-Dotación de laboratorios e departamentos de I+D (anexo XXXI).

* Axudas relativas ó programa de tecnoloxías de deseño e producción industrial.

* Modelo DPI-01-Proxectos de investigación aplicada de grupos consolidados e de excelencia (anexo XXXII).

* Modelo DPI-02-Proxectos de investigación de centros tecnolóxicos (anexo XXXIII).

* Modelo DPI-03-Proxectos de I+D e de innovación tecnolóxica de empresas ou agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro (anexo XXXIV).

* Modelo DPI-04-Dotación de laboratorios e departamentos de I+D (anexo XXXV).

Estes modelos de solicitude están á disposición dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, e na Internet nos enderezos:

http://www.sxid.org

http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm

http://www.cesga.es/sxid

As solicitudes presentaranse por triplicado, no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999. As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Os solicitantes deberán realizar unha declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de tódalas administracións públicas, empregando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo de solicitude.

As solicitudes de grupos consolidados e de excelencia de organismos públicos e centros presentaranse co visto e prace do representante legal do organismo/centro correspondente (rector no caso das universidades).

No caso de empresas, á solicitude achegaránselle os seguintes documentos:

1. Copia compulsada do CIF da empresa solicitante, ou NIF no caso de empresario individual, así como xustificante de alta no imposto de actividades económicas (IAE) ou último recibo e na Seguridade Social.

2. Copia compulsada do documento nacional de identidade e do poder bastante de representación co que actúe o solicitante e copia compulsada da escritura de constitución e modificacións, se é o caso, da persoa xurídica á que representa, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil ou Industrial.

3. Declaración expresa de non ter contraída ningunha débeda, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia.

4. Declaración expresa de estar ó día do pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social.

5. No caso de proxectos concertados achegarase copia do contrato de colaboración asinado polos representantes legais da empresa e do/s organismo/s público/s de investigación que realizará/n o proxecto ou que colaborará/n na súa realización ou, no seu defecto, unha carta de intencións firmada polo responsable do proxecto na empresa e o investigador principal do equipo de investigación do organismo/centro de investigación que realizará ou cola

borará no proxecto. Neste documento deberá consta-la composición do/s equipo/s de investigación do/s devandito/s organismo/s público/s así como a descrición detallada e xustificada dos gastos.

6. Achegarase tamén unha declaración xurada do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto de tódalas administracións públicas, empregando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo de solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no DOG da disposición pola que se abre o prazo de solicitude.

Quinto.-Tramitación.

Se a documentación aportada estivese incompleta, por parte da Secretaría Xeral de I+D requirirase o solicitante para que no prazo de dez días complete a documentación ou emende as deficiencias con advertencia de que de non facelo considerarase desistido da súa solicitude, procedéndose conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

Non axustarse ós termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poidan acordarse outro tipo de actuacións.

Das solicitudes presentadas por equipos consolidados e de excelencia excluiranse aqueles investigadores que non cumpran os requisitos correspondentes e, se o grupo de investigación resultante non cumpre os requisitos mínimos requiridos, a solicitude será desestimada.

Cando a temática do proxecto o aconselle, logo de informe do xestor do programa e audiencia ó solicitante, o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá determina-lo transvase de solicitudes presentadas entre diferentes programas do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

Sexto.-Avaliación e selección.

A valoración das solicitudes presentadas relativas a proxectos de investigación será realizada por expertos externos, designados polo secretario xeral de I+D. A selección das solicitudes e a determinación da contía da axuda será realizada por unha comisión de selección constituída por cinco membros designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento: un deles actuará como presidente, outro como secretario e, se é o caso, dos tres vocais dous serán propostos pola consellería con competencia no ámbito sectorial ó que se refiren as axudas. Para a selección dos beneficiarios e a cuantificación das axudas de proxectos de investigación, teranse

en conta, por orde decrecente de importancia, os seguintes criterios:

* Para proxectos de grupos consolidados e de excelencia:

a) A valoración científico-técnica realizada polos expertos como referencia fundamental.

b) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

c) O interese, relevancia e oportunidade dos obxectivos do proxecto para a resolución de problemas do sector.

d) A incidencia que na transferencia de tecnoloxía poidan te-los resultados do proxecto proposto a través de empresas ou ben directamente pola propia institución.

e) A valoración dos resultados obtidos polos investigadores que forman o equipo en proxectos financiados anteriormente.

f) Para o axuste económico, e cando sexa preciso como complemento do criterio a), terase en conta a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do equipo e a natureza e esixencia da investigación que se vai realizar.

* Para proxectos de centros tecnolóxicos:

a) A valoración científico-técnica realizada polos expertos como referencia fundamental.

b) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

c) A incidencia que os resultados do proxecto proposto poidan ter na resolución de problemas do sector así como o interese para o sector productivo.

* Para proxectos de empresas ou agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro:

a) A valoración realizada polos expertos.

b) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

c) A capacidade da empresa para a execución do proxecto.

* Para dotación de laboratorios e departamentos de I+D de empresas:

a) A valoración realizada polos expertos.

b) Incremento da actividade de I+D das empresas ou asociacións derivado do uso previsto para os equipos solicitados.

c) Recursos humanos que a empresa dedica a I+D.

Sétimo.-Resolución.

A competencia para resolver esta orde, de acordo co disposto no artigo 72.4º e 78.3º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, é obxecto de delegación, por parte do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no secretario

xeral de Investigación e Desenvolvemento. En consecuencia, a comisión de selección elevará a proposta de resolución ó secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no DOG.

O prazo máximo para resolve-las solicitudes presentadas ó abeiro da correspondente convocatoria, será de 6 meses, contados desde a apertura do prazo de presentación de solicitudes. De non mediar resolución expresa no devandito prazo as solicitudes deberán entenderse desestimadas.

Contra as resolucións expresas ou presuntas que poñen fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó de recepción da correspondente notificación no caso de resolucións expresas. No caso de que a resolución se entenda desestimatoria por silencio administrativo, o prazo será de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

De non estima-la presentación de este recurso os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó de recepción da correspondente notificación, se a resolución é expresa. No caso de que a resolución se entenda desestimada por silencio administrativo o prazo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Oitavo.-Libramento da subvención.

* Proxectos de investigación de grupos consolidados e de excelencia de universidades, organismos públicos de investigación e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma.

A subvención será librada a través do organismo ou centro ó que pertenza o equipo investigador, conforme o plan de necesidades do proxecto subvencionado e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ó libramento dos fondos será preciso que a universidade, organismo ou centro correspondente expida a certificación expresiva da realización do gasto, acompañada dos informes parciais dos proxectos de investigación correspondentes, se os houber.

Para efectua-lo último pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

* Proxectos de investigación de centros tecnolóxicos de empresas e asociacións ou agrupacións de empresas e dotación de laboratorios e departamentos de I+D de empresas.

Para poder percibi-las axudas correspondentes será preciso presentar antes do 31 de outubro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate os seguintes documentos:

a) Certificación expedida pola entidade bancaria na que se sinale número de conta do centro tecnolóxico/empresa beneficiario/a onde se deba realiza-lo pagamento.

b) Un resumo, en formato normalizado facilitado pola secretaría xeral, na que se reflectirán de forma sucinta os datos de execución do proxecto e unha memoria, en formato libre, na que se detallará de forma máis extensa o desenvolvemento científico-técnico do proxecto así como os resultados parciais obtidos. Tódolos datos incluídos nos documentos anteriores, excepto cando explicitamente se indique que formarán parte dunha base de datos, serán confidenciais e non se poderá facer uso deles salvo autorización expresa dos seus propietarios.

c) Documentación acreditativa de realización do investimento ou gasto, que consistirá en copia das facturas e os seus correspondentes xustificantes de pagamento. Será preciso presenta-las facturas orixinais para comproba-la veracidade das copias presentadas. No caso dos custos de persoal, deberá achegarse copia das nóminas e os TC do persoal dedicado ó proxecto. Deberá acompañarse dun resumo da execución da subvención nos que conste o concepto subvencionable, o provedor, o importe e a data de cada un dos xustificantes presentados. No caso de que se trate de persoal propio da empresa, achegaranse partes de traballo nos que figure a dedicación de cada persoa ó proxecto.

d) No caso de colaboracións con departamentos universitarios ou centros tecnolóxicos deberá achegarse copia do contrato ou acordo no que se estableza a devandita colaboración, asinado polos representantes legais das partes contratantes.

e) No caso de contratarse persoal con destino específico ó proxecto, copia do devandito contrato.

f) Certificación acreditativa de encontrarse ó día das obrigas tributarias coas facendas estatal e autonómica expedidas pola Axencia Tributaria e pola Consellería de Economía e Facenda, respectivamente, así como certificación de encontrarse ó día no pagamento das cotas da Seguridade Social.

g) No caso de proxectos plurianuais con importe superior a 30.050,61 euros, aval bancario ou de entidade aseguradora conforme o establecido na normativa vixente, por un prazo que medie entre a data de solicitude de pagamento da correspondente anualidade e a data límite de xustificación da última anualidade, e como mínimo ata os 2 meses seguintes á data de finalización do proxecto.

h) Para efectua-lo último pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións

públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

Poderán realizarse pagamentos parciais á conta da liquidación final nas condicións establecidas na normativa vixente.

Nos proxectos plurianuais enténdese que os investimentos e pagamentos que se efectúen desde a data límite de xustificación da anualidade corrente ata final de ano corresponden á anualidade seguinte e, polo tanto, poderán presentarse como xustificante para o cobramento desta anualidade.

Noveno.-Modificación da resolución de concesión de axudas.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión de axuda, que será dictada por resolución da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, tal e como se especifica no artigo 12 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, nos seguintes supostos:

1. Cando o investimento realizado teña un custo inferior ó inicialmente previsto, e sempre que esta minoración non supoña unha realización deficiente do proxecto.

2. Pola obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

3. Cando se modifiquen as circunstancias que alteran a solicitude presentada inicialmente, o beneficiario deberá solicita-la devandita modificación, mediante instancia dirixida ó conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, na que se indiquen as devanditas circunstancias, con anterioridade á data de finalización do prazo de xustificación do investimento.

Décimo.-Reintegro da axuda.

Non se poderá esixi-lo pagamento da axuda ou subvención concedida e procederá o reintegro total ou parcial da contía percibida xunto cos intereses de demora devengados desde o seu pagamento, nos casos seguintes:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obtención da subvención sen reuni-los requisitos esixidos para a que foi concedida a subvención.

c) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.

d) Incumprimento das condicións impostas ás entidades colaboradoras e beneficiarios con motivo da concesión da axuda ou subvención pública.

Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos nos que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutras

entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolve-lo beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que se estableza.

Todo isto con suxeición ó procedemento establecido no artigo 20 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

As cantidades que teñan que reintegra-los beneficiarios terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para o seu cobramento o previsto nos artigos 19 ó 23 do texto refundido da Lei do réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Undécimo.-Renuncia das axudas.

No caso de que o beneficiario renunciase ás axudas unha vez percibidas, procederase conforme o establecido no artigo anterior.

Duodécimo.-Seguimento dos proxectos.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá utiliza-los procedementos que considere precisos para coñece-lo desenvolvemento da acción financiada e o investimento das cantidades entregadas. No caso de proxectos poderanse solicitar informes parciais que acrediten o proceso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento.

O xestor do programa, previsto no Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, poderá coñece-la marcha das actuacións financiadas e propoñe-la suspensión da axuda se da análise se derivase unha mala utilización dos fondos ou un desvío dos obxectivos previstos.

No caso de proxectos, unha vez finalizado o mesmo, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento remitirá ós investigadores principais, no caso de grupos consolidados e de excelencia e ás empresas correspondentes no caso de proxectos empresariais, un impreso normalizado, para que nel se fagan consta-los resultados obtidos no seu desenvolvemento, e unha memoria de execución científico-técnica, quedando os beneficiarios obrigados a presenta-lo impreso cuberto, nun prazo máximo de 3 meses desde a finalización do proxecto, a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento. A información contida nestes documentos será avaliada polo xestor do programa que, tralas comprobacións e aclaracións que sexan precisas, emitirá un informe sobre o cumprimento do proxecto, con destino á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Os beneficiarios das axudas poderán ser convocados, se se considera preciso, a unha entrevista en relación coa execución do

proxecto e os resultados obtidos.

Nas axudas de dotación de laboratorios e departamentos de I+D de empresas, antes de que transcorra un ano desde a adquisición do equipamento, enviaráselles ás empresas beneficiarias unha enquisa que deberán remitir no prazo máximo dun mes, destinada a coñece-la utilización dos equipamentos adquiridos.

As axudas concedidas, en xeral, son compatibles con calquera outra destinada ó mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que a conceda, sempre que conxuntamente non superen o custo total do proxecto, de acordo coas valoracións realizadas polos expertos. Non obstante, nos casos de empresas, o conxunto das axudas alcanzadas non poderá superar en ningún caso o 70% do custo total do proxecto ou infraestructura de que se trate.

Décimo terceiro.

As bases que rexen a concesión das axudas e todos cantos actos administrativos se deriven da súa aplicación, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de marzo.

Décimo cuarto.

As bases recollidas na presente orde entrarán en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG e terán vixencia ata a finalización do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2002-2005 (PGIDT). Anualmente a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública procederá a publicar no DOG unha resolución na que se especificará:

-Prazo de presentación de solicitudes de cada acción.

-Créditos asignados ás mesmas.

-Outros aspectos que se considere preciso actualizar na convocatoria anual.

A presente orde para o ano 2002 tramitarase polo procedemento anticipado de gastos, (dado que o proxecto de orzamentos foi aprobado pola Xunta de Galicia e está en trámite de aprobación polo Parlamento de Galicia) ó abeiro do establecido na orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada dos expedientes de gasto, tendo en conta as modificacións das ordes da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.

As axudas imputaranse ás aplicacións orzamentarias que se indican no seguinte cadro, nas que existe crédito axeitado e suficiente no proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2002, presentado no Parlamento de Galicia, quedando condicionada a adxudicación á aprobación dos citados orzamentos.

Sen embargo, tódalas cantidades antes citadas poderán incrementarse en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento para que dicte as disposicións precisas para a aplicación do disposto nesta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO I

* Biotecnoloxía e tecnoloxías farmacéutica e de ciencias da saúde (BTF).

Este programa ten por finalidade apoiar actuacións arredor da biotecnoloxía para favorece-la súa aplicación tanto nos sectores primarios (agricultura, gandería, recursos mariños) como en sectores industriais (alimentación, medio natural, farmacia). Son de interese os proxectos de investigación baseados na utilización da xenómica e a proteómica para a resolución de problemas noutros sectores. Como exemplo cabe cita-la mellora xenética de especies acuícolas así como o desenvolvemento de técnicas moleculares para diagnóstico de enfermidades e a producción de vacinas útiles para a acuicultura. En relación coa saúde humana e animal, son de interese os proxectos de farmacoxenómica e biotecnoloxía da reproducción e diagnóstico xenético. A aplicación a especies vexetais concrétase en proxectos de mellora xenética

de plantas de interese agrario ou forestal. En relación coa tecnoloxía dos alimentos e o medio, son interesantes os proxectos de mellora xenética de bacterias ácido-lácticas e de microorganismos para a obtención de ingredientes, aditivos e moléculas bioactivas, novas técnicas de análise de calidade e seguridade alimentaria así como a aplicación da biotecnoloxía a procesos de biodegradación e biorremediación. Este programa apoia tamén actuacións relacionadas coa tecnoloxía farmacéutica, mesmo aquelas que non están directamente ligadas á biotecnoloxía. En relación coas ciencias da saúde, son de interese aqueles proxectos de investigación en tecnoloxías sanitarias, seguridade alimentaria e outros relacionados con problemas asociados á poboación galega tales como envellecemento ou nutrición, así como as investigacións relacionadas coas enfermidades de maior morbimortalidade (cardiovasculares, cancro, enfermidades neurodexenerativas, neuropsiquiátricas, enfermidades crónicas, enfermidades

infecciosas, etc.) e outras enfermidades e procesos de interese como as encefalopatías, enfermidades raras, etc. Os proxectos relacionados coa incorporación de novas tecnoloxías á sanidade incluiranse no programa de sociedade da información e os relativos a estudios sociosanitarios terán cabida no programa de ciencias sociais.

ANEXO II

* Tecnoloxías da alimentación (TAL).

O obxectivo deste programa é favorece-lo desenvolvemento do sector da alimentación en xeral, utilizando a I+D+I como vía para mellora-la calidade e a variedade da súa oferta. Con carácter xeral, son de interese os proxectos que teñan por finalidade a diversificación e diferenciación na oferta, novas formas de presentación

así como a mellora da calidade, salubridade e conservación dos alimentos. Merecen especial atención os proxectos relacionados con productos de especial presencia en Galicia como o leite e os seus derivados, o viño, a carne e as conservas. Para estes subsectores son de especial interese, como exemplo, os proxectos orientados ó desenvolvemento de novos productos, a caracterización de productos tradicionais e de materias primas, o aproveitamento de subproductos, a optimización de procesos de conservación, a avaliación da calidade microbiolóxica do producto final, a automatización e robotización de procesos de producción.

ANEXO III

* Tecnoloxías ambientais (TAM).

Este programa ten por finalidade favorece-la incorporación a tódolos sectores productivos de procesos máis limpos e respectuosos co medio. Por iso, son de interese proxectos de investigación e desenvolvemento relacionados coa incorporación de tecnoloxías limpas ó proceso productivo (por exemplo, uso eficiente da enerxía, alternativas ó uso de substancias químicas disolventes, desenvolvemento de plásticos e envoltorios biodegradables, monitoriza-lo uso de enerxía e a producción de residuos). Tamén son de interese os proxectos relacionados co tratamento de residuos (por exemplo, afondar no coñecemento dos procesos para o tratamento de residuos, eliminación de substancias contaminantes nas augas de uso industrial, tratamento e valorización de residuos orgánicos urbanos e industriais, novos métodos para recuperar augas e solos, uso das TIC para caracterizar residuos) e coa reducción de emisións atmosféricas (por exemplo, reducir e eliminar emisións de diversos gases, de partículas e de

olores, investigación sobre a contaminación electromagnética, acústica e lumínica).

ANEXO IV

* Tecnoloxías dos materiais (TMT).

A finalidade deste programa é potencia-la investigación en relación cos novos materiais, co obxectivo último de atende-las necesidades doutros sectores productivos nos que estas tecnoloxías teñen gran relevancia. Os proxectos de interese para este programa refírense á mellora e desenvolvemento de materiais cerámicos (por exemplo, desenvolvemento de cerámicas funcionais, recubrimentos cerámicos, novos tipos de tellas e tellados, biomateriais cerámicos e cementos para cirurxía reconstructiva); proxectos de desenvolvemento e mellora de polímeros e materiais compostos (por exemplo, desenvolvemento de materiais compostos para estructuras reforzadas, novas fibras poliméricas, illantes térmicos, acústicos e ignífugos) e proxectos relacionados cos materiais metálicos no tocante á súa resistencia e vida útil e outras propiedades que lle confiren maior valor engadido (por exemplo avances para a purificación de metais e no desenvolvemento de aliaxes especiais, técnicas contra a corrosión de

metais, aliaxes lixeiras, etc.).

ANEXO V

* Tecnoloxías da construcción e conservación do patrimonio (CCP).

Este programa ten un dobre obxectivo, por un lado pretende dota-lo sector da construcción de novas solucións baseadas no uso de tecnoloxías avanzadas. Por outro lado, trátase de mellora-la conservación do patri

monio mediante o desenvolvemento de técnicas, procedentes da construcción ou doutras áreas, que supoñan unha mellora significativa respecto das utilizadas na actualidade. En canto á construcción, este programa diríxese, por exemplo, a proxectos orientados a minimiza-lo consumo enerxético das construccións, optimiza-la calidade da construcción e maximiza-la súa vida útil, uso de novos materiais e novos tipos de construcción, métodos para a avaliación do estado de estructuras, sistemas constructivos que faciliten o mantemento e a substitución. No que respecta á conservación do patrimonio, son de interese os proxectos que melloren as tecnoloxías de restauración, os de inventario e estudio de elementos históricos, artísticos e arqueolóxicos e os proxectos de busca de novas fórmulas para rendibilizar de modo sostible o patrimonio cultural.

ANEXO VI

* Tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC).

Este programa ten como finalidade potencia-lo avance no sector das tecnoloxías da información e as comunicacións, pero tamén favorece-la incorporación de solucións innovadoras xeradas polo devandito sector ós demais sectores da economía galega. Son de interese para este programa os proxectos relacionados co desenvolvemento de novos equipamentos baseados nas tecnoloxías da información e as comunicacións para a súa aplicación nos sectores empresariais, sociais ou para o uso cotián (pesca, transporte, automoción, audiovisual, teleensino, telemedicina, etc), ou ben aqueles proxectos que se orienten a introducir melloras como a automatización na producción e miniaturización de compoñentes, aumento das posibilidades de interconexión entre equipamentos, aumento do tempo de autonomía de aparellos portátiles, novas posibilidades da intelixencia artificial, etc. Acóllense tamén a este programa os proxectos relacionados coa mellora das comunicacións (equipamentos, sinais, transmisións, novos

protocolos para redes, etc.). Non son obxecto deste programa os proxectos que teñan por finalidade desenvolver aplicacións informáticas ou contidos para a Internet ou audiovisuais, xa que os devanditos proxectos teñen cabida no programa de sociedade da información.

ANEXO VII

* Tecnoloxías de deseño e producción industrial (DPI).

Este programa está dirixido a un número limitado de sectores de tipo industrial que, pola súa natureza, precisan das tecnoloxías procedentes de moi diversas áreas científicas e tecnolóxicas. Estes sectores son: madeira e moble, téxtil e confección, automoción, construcción naval, bens de equipo e maquinaria (incluíndo a maquinaria para os sectores enerxético e mineiro), artes gráficas e química, e outros sectores asimilables. Os proxectos de interese para este programa son os que teñen por finalidade a mellora dos procesos productivos ou de deseño, non mediante a adquisición de equipamentos senón definindo procesos novos ou mellorados, desenvolvendo novos equipamentos para os incorporar ós devanditos procesos ou adaptando outros xa existentes. Tamén son de interese os proxectos que perseguen a definición de novos compoñentes ou materiais para a incorporación a un proceso productivo concreto, o aproveitamento de subproductos, as melloras significativas do producto ou a definición de

novos productos.