Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 14 de maio de 2002 Páx. 7.016

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2002, da Comisión de Valoración, pola que se modifica a do 30 de abril de 2002, pola que se elevan a definitivas as puntuacións dos participantes no concurso convocado pola Orde do 28 de decembro de 2001, previsto no artigo terceiro do regulamento aprobado polo Decreto 289/2001, do 15 de novembro, e son convocados para a elección de postos.

Na resolución da Comisión de Valoración do 30 de abril de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia, nº 89, do 9 de maio, pola que se elevan a definitivas as puntuacións dos participantes no concurso convocado pola Orde do 28 de decembro de 2001, advertiuse un

erro na puntuación correspondente a un dos participantes. Para emenda-lo dito erro, a comisión na súa sesión do día 13 adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la puntuación definitiva que consta no anexo IV a) de César Rodríguez Gras, participante na localidade de Pontevedra, integrado na categoría de auxiliar administrativo e outros, do grupo IV, que debe ter 208 meses completos de servicios con 20,8 puntos.

Consecuentemente varía a súa orde de prelación na relación situándose a seguir de Marciana Alonso Sánchez.

Segundo.-Así mesmo, debe corrixirse o erro advertido na publicación da devandita Resolución do 30 de abril de 2002, na páxina 6.754, no sumario, onde di: «Resolución do 30 de abril de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, ...», debe dicir: «Resolución do 30 de abril, da Comisión de Valoración, ...».

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2002.

Mª de Loreto Díaz Sánchez

Presidenta da Comisión de Valoración