Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 14 de maio de 2002 Páx. 7.003

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 30 de abril de 2002 pola que se regulan as axudas para mantemento de centros e servicios dedicados á atención á primeira infancia dependentes de entidades privadas de iniciativa social.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23º, asígnalle á Comunidade Autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social.

A Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, inclúe, no seu artigo 5.3º, como unha das áreas de actuación, os servicios sociais da familia, infancia e mocidade, e o Decreto 488/1997, do 26 de decembro, modificado polos decretos 117/1999, do 23 de abril, 202/2000, do 21 de xullo e 200/2001, do 27 de agosto, atribúelle á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude as competencias neste sector.

Por outra banda, o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais é o órgano da Administración do Estado ó que lle corresponde a promoción e o fomento dos programas sociais no marco das obrigas estatais e da cooperación coas comunidades autónomas, cofinanciando estas axudas en materia de primeira infancia (0-3) xunto coa Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, a Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, da infancia e da adolescencia establece no seu artigo 15.b) que a Xunta de Galicia promoverá os recursos destinados á atención á infancia, procurando que esta dispoña dos medios necesarios para o seu desenvolvemento integral.

A orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, no período de prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma posibilita a tramitación anticipada de expedientes de gasto imputados ó capítulo IV, sempre que exista crédito axeitado e suficiente no proxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma aprobado polo Consello da Xunta de Galicia que corresponda ó exercicio orzamentario no que se vaia materializa-la contraprestación.

Esta orde adaptase ó disposto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, así como ó Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, tendo en conta en todo caso os principios de publicidade, obxectividade e concorrencia, e os demais requisitos esixidos no proxec

to de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002 aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 14 de febreiro de 2002.

As axudas que se establecen no articulado desta orde financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.212A.4810, recollida no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, e o importe destinado a elas ascenderá a 1.711.381,98 euros.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas e para a debida aplicación dos créditos orzamentarios para o fin ó que foron establecidos,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto a convocatoria de axudas económicas para mantemento de centros e servicios dedicados á atención á primeira infancia dependentes de entidades privadas de iniciativa social que cumpran os requisitos establecidos no Decreto 243/1995, do 28 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación de centros de servicios sociais e na Orde do 29 de febreiro de 1996 da Consellería de Familia, Muller e Xuventude modificada pola Orde do 6 de novembro de 2000, pola que se regulan os requisitos específicos que deben reuni-los centros de menores e os centros de atención á infancia, que presten atención educativa e asistencial a nenos/as de 0 a 3 anos. Non obstante poderá eximirse do límite de idade ós nenos de integración logo de informe dos equipos de valoración e orientación da Consellería de Asuntos Sociais, ou do órgano correspondente na Administración do Estado ou nas respectivas comunidades autónomas, no que se motive a necesidade de integración, de

se-lo caso.

Para os efectos desta orde, enténdese por nenos/as de 0 a 3 anos, os nados con posterioridade ó 31 de decembro de 1998.

Artigo 2º.-Beneficiarios.

Poderán solicitar estas axudas as entidades privadas de iniciativa social que, cumprindo os requisitos anteriores desenvolvan as súas actividades na Comunidade Autónoma e estean debidamente inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, de acordo co disposto no Decreto 291/1995, do 3 de novembro.

Artigo 3º.-Requisitos e criterios de concesión.

1. Será requisito imprescindible para resultar beneficiario das axudas, a adaptación da tarifa de prezos do centro de atención á primeira infancia ó establecido no artigo 8º desta orde.

2. Serán criterios preferentes para a concesión das axudas previstas nesta orde, e co obxecto de dar continuidade ós centros en funcionamento:

a) Aqueles centros que fosen cofinanciados en anos anteriores con cargo ó Programa de Atención á Pri

meira Infancia (0-3) polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e a Comunidade Autónoma.

b) Os centros de atención á primeira infancia que recibiron subvencións da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en anos anteriores e obtiveran unha valoración satisfactoria.

c) As novas solicitudes atenderanse en función da dotación de recursos e criterios de necesidade e poboación.

Artigo 4º.-Tipo de axuda.

A axuda destinada a estas entidades concederase en forma de subvención de mantemento, entendéndose por tal os seguintes conceptos:

-Gastos de persoal.

-Gastos de alimentación.

-Outros gastos xerais de mantemento do centro.

Artigo 5º.-Normas xerais de subvención.

O importe das subvencións por mantemento reguladas nesta convocatoria en ningún caso poderá ser de tal contía que illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas, ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que desenvolverá o beneficiario.

Artigo 6º.-Módulos de referencia para o cálculo da axuda.

1. Os módulos de referencia para o cálculo da axuda serán os seguintes:

A) Contía anual da axuda por gastos xerais do centro. Esta contía estará en función da capacidade total do centro de atención á primeira infancia.

CapacidadeCon servicio de comedorSen servicio de comedor

De 0 a 30 prazas2.404,05 A1.803,04 A

De 31 a 50 prazas3.005,06 A2.404,05 A

De 51 a 70 prazas3.606,07 A3.005,06 A

Máis de 70 prazas4.207,08 A3.606,07 A

No caso de que as prazas ocupadas no centro de atención á primeira infancia sexan inferiores o 50 por cento da súa capacidade total, as contías que poidan corresponder segundo os tramos anteriores reduciranse nun 50 por cento.

B) Contía mensual da subvención en función do número de prazas ocupadas do centro de atención á primeira infancia.

Ocupación do centroNenos/as con comedorNenos/as sen comedor

De 0 a 20 prazas78,13 A60,10 A

De 21 a 30 prazas75,13 A57,10 A

De 31 a 40 prazas69,12 A51,09 A

De 41 a 50 prazas66,11 A48,08 A

De 51 a 70 prazas63,11 A45,08 A

Mais de 70 prazas60,10 A42,07 A

Para efectos deste punto B), considerase que os nenos/as de integración ocupan dúas prazas.

C) Contía mensual da subvención en función das circunstancias da unidade familiar.

a) Por cada neno/a atendido, integrante dunha unidade familiar cunha renda per cápita mensual inferior a 270,46 A:

-24,04 A máximo ó mes, con carácter xeral.

-18,03 A máximo ó mes, se utiliza servicio de comedor.

-12,02 A máximo ó mes, se utiliza horario ampliado. Entendendo por tal aquel que exceda de 40 horas mensuais ó mínimo establecido.

-18,03 A máximo ó mes, se utiliza servicio de transporte escolar.

b) Por cada neno/a atendido, integrante dunha familia numerosa, percibirán unha subvención de 24,04 A máximo o mes.

c) Por cada neno/a atendido, integrante dunha familia monoparental percibirán unha subvención de 24,04 A máximo o mes.

d) Por cada neno/a que teña algún irmán no centro de atención á primeira infancia percibirán unha subvención de 24,04 A máximo ó mes.

2. Para os efectos de cálculo da axuda, en ningún caso o número de prazas a subvencionar poderá supera-la capacidade máxima do centro de atención á primeira infancia.

3. Aqueles centros de atención á primeira infancia que, debido ó intervalo aplicado conforme o punto 1.B) deste artigo, a contía que se vai subvencionar resulte inferior a aquela que lle correspondería a outro centro de atención á primeira infancia que se atope no límite superior do intervalo inmediatamente inferior, recibirán o importe que lle correspondería a esta última.

4. En caso de non existir crédito suficiente, reducirase a contía das axudas en igual proporción a tódalas entidades que resulten beneficiarias.

5. Tendo en conta os datos consignados nos cadros correspondentes (anexo I), cando a cantidade a que se vai subvencionar sexa superior a diferencia entre os gastos e ingresos (sen ter en conta esta axuda) previstos para o exercicio 2002, reducirase nesa proporción.

Artigo 7º.-Renda per cápita mensual.

1. Para efectos desta orde, entendese por renda per cápita mensual o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar o cociente resultante de dividir por doce a suma dos ingresos totais da unidade familiar.

Para estes efectos, enténdese por unidade familiar a formada polos pais e fillos menores de dezaoito anos ou fillos maiores de dezaoito anos, cunha minusvalía superior o 33 por cento. No caso de familias monoparentais, e para os efectos do cálculo da renda per cápita a que se refire o parágrafo anterior, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.

2. Para efectos desta orde, ten a consideración de ingresos, a suma da parte xeral maila parte especial da base impoñible previas á aplicación do mínimo persoal e familiar do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles a que se fai referencia obteranse como resultado de aplicar ós datos existentes na Administración os criterios da lexislación do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Artigo 8º.-Cotas complementarias.

1. Cando as contías desta axudas non sexan suficientes para cubri-lo custo total das prazas, os centros poderán completalo con cotas dos pais. Nesta caso, as entidades que sexan beneficiarias destas axudas deberan establece-los prezos por servicios prestados polo centro de atención á primeira infancia, de acordo coas contías máximas seguintes:

Renda per cápita mensualCota mensual-Inferior a 120,20 Aexento total-De 120,21 a 180,30 A18,03 A-De 180,31 a 240,40 A45,08 A-De 240,41 a 330,56 A67,61 A-Máis de 330,56 A90,15 A

2. Cando o centro de atención á primeira infancia preste os servicios de comedor ou de transporte, poderá incrementa-las contías anteriores ós nenos/as usuarios destes servicios, un máximo do 30 por 100 por cada servicio. Así mesmo, cando o neno/a asista ó centro un horario superior a 8 horas diarias, o centro poderá incrementa-las contías reguladas no punto 1, nun máximo do 10 por cento por cada hora que incremente este horario.

3. Segundo as circunstancias da unidade familiar, das cotas resultantes de aplica-las tarifas establecidas nos puntos 1 e 2 deste artigo realizaranse os seguintes descontos:

a) 20 por 100 no caso de nenos/as que pertenzan a unha familia numerosa.

b) 20 por 100 no caso de nenos/as que pertenzan a una unidade familiar monoparental.

c) 20 por 100 no caso de asistencia de algún irmán o mesmo centro de atención á primeira infancia.

Os anteriores descontos, cando se dean nunha mesma persoa, serán acumulables.

4. Os prezos sinalados nos puntos anteriores refírense ós servicios básicos prestados polo centro ás unidades familiares. Para estes efectos, enténdese por servicios básicos, a asistencia ó centro, o comedor e o transporte.

5. Se algún centro presta outro tipo de servicio distinto ós especificados no punto anterior, o prezo deste servicio será establecido libremente pola entidade titular do centro, e en todo caso, a súa utilización será voluntaria pola unidade familiar.

Artigo 9º.-Solicitudes e documentación.

1. As solicitudes presentaranse segundo modelo oficial (anexo I) acompañadas da seguinte documentación:

A) Proxecto educativo do curso 2001-2002, adaptado á seguinte estructura:

a) Previo: análise do contexto.

-Realidade sociocultural e económica da zona.

-Características do alumnado.

-Características do centro.

b) Sinais de identidade.

Principios asumidos polo centro, baseados:

-Na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

-Noutras fontes.

c) Obxectivos do centro.

Prioridades de actuación nos diversos ámbitos:

-Pedagóxicos.

-Organizativos.

-Institucionais.

d) Organización do centro.

Estructura e funcionamento de:

-Órganos unipersoais e colexiados.

-Profesorado: adscrición, horarios e coordinación.

-Colaboración cos pais.

-Utilización dos espacios escolares.

-Equipamento e recursos didácticos.

-Horario xeral do centro.

B) Certificación bancaria da conta corrente na que se ingresará, se é o caso, o importe efectivo da subvención concedida (anexo II) agás no caso de que se manteña unha conta anterior, xa certificada; neste caso será suficiente unha declaración xurada nese sentido.

C) Acreditación da personalidade e representación do solicitante.

D) Fotocopia compulsada da tarxeta de identificación fiscal.

E) Declaración de tódalas subvencións efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas ou entidades privadas.

F) O permiso de inicio de actividades do centro será comprobado de oficio pola Administración.

G) As entidades beneficiarias das axudas desta orde, deberán presentar no prazo dun mes desde a notificación da resolución de concesión da axuda, copia da tarifa de prezos vixente no centro de atención á primeira infancia adaptada o disposto no artigo 8º. Así mesmo, no caso de que a tarifa de prezos sufra modificacións durante o ano 2002, deberán enviar información das ditas modificacións.

H) No caso de que se acollan á subvención en función dos recursos familiares (artigo 6º.1 B.a), ademais da documentación anterior deberán presentar:

a) Persoas que presentaron declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas da unidade familiar. En caso de declaracións individuais, copia da declaración de cada persoa da unidade familiar obrigada a declarar.

b) Persoas que non presentaron declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas.

-Os solicitantes de devolución rápida (modelo 104), presentarán copia da comunicación que lles enviou a Axencia Estatal de Administración Tributaria en aplicación do artigo 81 da Lei 40/1998, do 9 de decembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

-As persoas non obrigadas a declarar e que non solicitan devolución rápida (modelo 104), presentarán certificación dos datos existentes na Administración que, en aplicación do artigo 16 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes, expide a Axencia Estatal de Administración Tributaria.

c) Cando se produzan causas sobrevidas que afecten os recursos da unidade familiar, é preciso un informe da asistente social do concello neste sentido. Así mesmo, é preciso o devandito informe naqueles casos que por distintas razóns non se poidan acredita-las rendas dos pais con escasos recursos.

A documentación xustificativa de ingresos a que se refiren os puntos a) e b) anteriores, corresponde ó ano fiscal 2000.

I) Xustificación de circunstancias da unidade familiar.

a) No caso de familia numerosa, unidade familiar monoparental ou asistencia ó centro doutros irmáns, deberan acreditarse as ditas condicións.

b) No caso de nenos/as de integración deberán presentar informe do equipo de valoración e orientación da Consellería de Asuntos Sociais, ou do órgano correspondente na Administración do Estado ou nas respectivas comunidades autónomas, no que se motive a necesidade de integración, de se-lo caso.

2. As entidades solicitantes deberán presentar, ademais da documentación requirida, a documentación estatística relativa á institución, debidamente cuberta, no modelo oficial conforme os anexos IV e V desta orde.

3. Aquelas entidades que soliciten subvencións por primeira vez, ou as que, aínda solicitándoas en anos anteriores, sufrisen variacións estatutarias, deberán presentar ademais fotocopia compulsada dos seus estatutos ou das variacións que haxa neles.

4. Non será necesario presentar documentos xa achegados en convocatorias anteriores, agás que se producisen modificacións ou variacións nestes, de acordo co previsto no artigo 35 f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. Tódolos documentos que se acheguen deben presentarse en orixinal ou fotocopia compulsada.

Artigo 10º.-Lugar e prazo de presentación das solicitudes.

A solicitude e maila documentación requirida presentaranse nas delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, sendo de aplicación en todo caso, o disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 11º.-Tramitación dos expedientes.

1. As delegacións provinciais da consellería comprobarán que os expedientes reúnen tódolos requisitos recollidos na presente orde. De non ser así, requirirase ó interesado para que, no prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fixera así, de acordo co artigo 71.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, terase por desistido da súa petición, logo de resolución que deberá dictarse nos termos previstos no artigo 42 desta lei.

2. Revisados os expedientes e completados, se é o caso, remitiranse á Comisión Provincial de Valoración para que unha vez baremados dicte a proposta de resolución, propoñéndolle ó órgano competente para a súa resolución a concesión ou denegación das axudas.

Inmediatamente antes de redacta-la proposta de resolución, cando no procedemento se teñan en conta feitos, alegacións ou probas distintas das aducidas pola entidade interesada, poráselle de manifesto para que no prazo de dez días, alegue ou presente os documentos e xustificación que estime pertinentes, de acordo co disposto no artigo 9.4º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. A composición da Comisión de Valoración será a seguinte:

Presidente: xefe/a do Servicio de Familia, Infancia e Menores.

Vocais: tres funcionarios da respectiva delegación designados polo delegado provincial, un dos cales actuará como secretario. Poderá asistir tamén, con voz pero sen voto, un representante da Intervención Territorial.

Artigo 12º.- Resolución.

1. A resolución das axudas, por proposta da Comisión de Valoración, e despois da súa fiscalización pola Intervención Territorial, correspóndelles, por delegación da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ós delegados provinciais da consellería, de conformidade co establecido na disposición adicional segunda desta orde.

2. A solicitude das axudas deberá resolverse no prazo de tres meses contados desde o día seguinte ó da data da publicación da presente orde. Transcorrido o dito prazo sen recaer resolución expresa, as solicitudes poderanse entender desestimadas.

3. As resolucións recaídas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o mesmo órgano que dictou o acto no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da notificación da resolución. Neste caso non poderá interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou por desestimación presunta o recurso de reposición.

4. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

5. Se a entidade estivese tramitando o permiso de inicio de actividades, a concesión da subvención entenderase condicionada á efectiva obtención deste permiso.

Artigo 13º.-Pagamento e xustificación das subvencións.

1. No momento da xustificación da execución do proxecto e en calquera caso antes do derradeiro pagamento, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución para un mesmo proxecto das distintas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

2. Unha vez dictada a resolución pola que se conceda a subvención procederase ó pagamento e xustificación da seguinte forma:

2.1. Para aquelas que non superen o importe dun millón de pesetas poderá anticiparse ata un 80% da contía outorgada, librándose o 20% restante unha vez presentada pola entidade certificación, na que se especifique a cantidade exacta do gasto realizado na finalidade obxecto de axuda. En todo caso o importe do gasto certificado ha de ser igual ou superior á axuda concedida.

2.2. Nos demais casos poderá facerse efectivo o pagamento da axuda do seguinte xeito:

a) Un primeiro prazo do 50% da totalidade da subvención, no momento da súa concesión, logo da presentación pola entidade do certificado que acredite o inicio das actividades.

b) O 50% restante unha vez presentada pola entidade certificación, expedida polo órgano competente, na que se especifique a cantidade exacta do gasto realizado na finalidade obxecto da axuda. En todo caso o importe do gasto certificado ha de ser igual ou superior á axuda concedida.

3. A entidade receptora deberá presentar antes do 31 de xaneiro do exercicio seguinte, perante a delegación provincial respectiva, un balance de ingresos e gastos comprensivo de todo o ano natural conforme o anexo III. O cumprimento deste trámite considérase requisito previo para a concesión das subvencións nos exercicios seguintes.

Artigo 14º.-Outras obrigas das entidades subvencionadas.

As entidades subvencionadas deberán cumprir, ademais, as seguintes obrigas:

a) Adapta-los prezos do centro de atención á primeira infancia, segundo o disposto no artigo 8º, no prazo dun mes dende a data en que sexa notificada a resolución de concesión da axuda.

b) Remiti-los informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

c) Facilita-la inspección e control dos órganos competentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude respecto dos centros subvencionados.

d) Enviar á delegación provincial correspondente antes do 31 de decembro unha lista detallada dos nenos/as beneficiarios coas cotas complementarias que aboaron. O cumprimento deste trámite considérase requisito imprescindible para a concesión de novas subvencións.

e) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Artigo 15º.-Reintegro.

Procederá ó reintegro, total ou parcial, da subvención ou axuda pública percibida e os xuros de demora devengados desde o momento do seu pagamento nos casos establecidos no artigo 78.9º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, segundo a redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, así como no artigo 19 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición transitoria

Única.-O disposto nos puntos 1, 2 e 3 do artigo 8º desta orde será de aplicación ata 31 de agosto de 2002, a partir desa data, as entidades que sexan beneficiarias das axudas desta orde tomarán como referencia para as cotas complementarias que abonen os pais, os prezos máximos regulados no Decreto 70/2002, do 28 de febreiro (DOG do 13 de marzo) polo que se aproba o réxime de prezos dos centros de atención á primeira infancia dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Disposicións adicionais

Primeira.-A concesión de axudas reguladas nesta orde terá como límite global o crédito asignado nos orzamentos para estes fins. En todo caso, as actuacións que se van subvencionar deberán realizarse dentro do exercicio económico 2002.

Segunda.-Apróbase a delegación de competencias nos delegados provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ó abeiro do establecido no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, para resolve-la concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para autoriza-los gastos e ordena-los correspondentes pagamentos.

Terceira.-Sen prexuízo do disposto no título sexto da Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, as entidades beneficiarias destas axudas quedan suxeitas o réxime de infraccións e sancións previsto para esta materia no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a directora xeral de Familia para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2002.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude