Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 14 de maio de 2002 Páx. 6.978

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa e da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, pola que se dictan instruccións sobre o acceso e a admisión ós ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica en centros docentes sostidos con fondos públicos.

A Orde do 1 de abril de 2002 regula as probas de acceso ós ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica.

A Orde do 24 de abril de 2000 regula a admisión do alumnado en bacharelato e ciclos formativos de grao medio de formación profesional específica en centros sostidos con fondos públicos.

A Orde do 12 de abril de 2002 regula a admisión do alumnado nos ciclos formativos de grao superior de formación profesional específica en centros docentes sostidos con fondos públicos.

As disposicións derradeiras destas ordes autorizan a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa e a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional para dicta-las instruccións necesarias para o desenvolvemento e aplicación do previsto nelas.

Na súa virtude, estas direccións xerais

RESOLVEN:

Capitulo I

Ciclos formativos de grao medio

Primeiro.-Acceso ós ciclos formativos de grao medio.

1. Terá acceso directo ós ciclos formativos de grao medio o alumnado que cumpra algún dos requisitos seguintes:

a) Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

b) Estar en posesión do título de técnico auxiliar.

c) Estar en posesión do título de técnico.

d) Ter aprobado o 2º curso do bacharelato unificado polivalente (BUP).

e) Ter superado o segundo curso do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias.

f) Ter superados, das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, o terceiro curso do Plan de 1963 (Decreto 2127/1963, do 24 de xullo, BOE do 6 de novembro), ou o segundo de comúns experimental (Decreto 179/1988, do 7 de xullo, DOG do 18 de xullo).

g) Ter superado outros estudios declarados equivalentes para efectos académicos con algún dos anteriores.

2. Así mesmo, poderá acceder ós ciclos formativos de grao medio aquel alumnado que, non reunindo algún dos requisitos especificados no punto anterior,

supere a proba de acceso definida na Orde do 1 de abril de 2002 para aquelas persoas que estean nalgunha das condicións indicadas no punto noveno da citada orde.

3. Estas dúas formas de acceso son incompatibles. En todo caso, ó acceso mediante proba unicamente poderán concorre-las persoas que carezan de requisitos académicos que posibiliten o acceso directo.

Segundo.-Distribución de prazas nos centros.

Nos centros sostidos con fondos públicos, a distribución das prazas dispoñibles para cursar cada ciclo formativo realizarase conforme o seguinte:

1. O 20% das prazas reservaranse para aqueles solicitantes que, non reunindo os requisitos académicos para o acceso directo, acrediten que superaron a proba de acceso definida na Orde do 1 de abril de 2002.

2. As prazas restantes reservaranse para aquel alumnado que reúna os requisitos establecidos para o acceso directo.

3. As porcentaxes establecidas nos números anteriores son acumulables entre si; se non hai suficiente alumnado para cubri-las prazas de acceso directo, as sobrantes acumúlanse ás previstas para acceso mediante proba; así mesmo, se non hai suficiente alumnado que acceda mediante proba de acceso, as prazas sobrantes acumúlanse ás previstas para acceso directo. Procederase a efectua-la acumulación das prazas vacantes polas comisións provinciais e, se é o caso, pola comisión autonómica na derradeira fase do proceso de admisión.

Terceiro.-Solicitude e proceso de admisión a ciclos formativos de grao medio.

As solicitudes para cursar ciclos formativos de formación profesional específica de grao medio nos centros sostidos con fondos públicos, así como o procedemento de admisión do alumnado realizarase de acordo coa Orde do 24 de abril de 2000. O modelo de solicitude xúntase como anexo II da referida orde. Os solicitantes de admisión mediante proba presentarán, no prazo establecido ata o día 2 de xullo, ademais da solicitude segundo o modelo indicado anteriormente acompañado da documentación acreditativa correspondente, a certificación de superación da proba de acceso que se indica no punto sexto, punto 7 desta resolución.

1. Cando o número de solicitudes para acceso directo sexa superior ó número de prazas dispoñibles, a selección dos aspirantes realizarase por aplicación dos criterios de baremación indicados no anexo I da citada Orde do 24 de abril de 2000.

2. Cando superen a proba de acceso un número de persoas superior ó de prazas dispoñibles, a súa selección realizarase por aplicación dos criterios de baremación indicados no anexo I da devandita Orde do 24 de abril de 2000.

Cuarto.-Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

A proba de acceso acreditará que o aspirante posúe coñecementos e habilidades suficientes para cursar con aproveitamento estas ensinanzas. É común para tódolos ciclos formativos de grao medio e así se fará constar na certificación. O seu contido atenderá os aspectos sociocultural e científico-tecnolóxico da educación secundaria obrigatoria:

Parte sociocultural:

Comprensión e expresión de textos escritos con propiedade, autonomía e creatividade en galego e castelán.

Coñecemento da historia, xeografía e actitudes da nosa tradición e patrimonio cultural, así como análise dos mecanismos e valores que rexen o funcionamento das sociedades.

Parte científico-tecnolóxica:

Resolución de problemas nos campos das matemáticas e da tecnoloxía, mediante procedementos de razoamento lóxico.

Realización de exercicios que utilicen códigos científicos e técnicos. Aplicacións do desenvolvemento científico e tecnolóxico e a súa incidencia no medio físico e social.

A valoración de cada unha destas partes expresarase mediante a cualificación de apto ou non apto. Para a superación da proba será necesario obte-la cualificación de apto en ámbalas dúas partes.

Quinto.-Exencións das probas de acceso.

Poderán quedar exentas total ou parcialmente da proba de acceso ós ciclos de grao medio, nos termos previstos no punto décimo primeiro da Orde do 1 de abril de 2002, as persoas que acrediten ter superado totalmente as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

Sexto.-Inscrición e celebración das probas de acceso a ciclos de grao medio.

1. A inscrición para as probas de acceso ós ciclos formativos de grao medio, farase na secretaría dos centros docentes públicos de educación secundaria nos que se impartan ensinanzas de formación profesional específica, no prazo comprendido desde o día 15 ata o día 28 de maio de 2002, ámbolos dous inclusive, segundo o modelo do anexo VI, recollido na Orde do 1 de abril de 2002. Ademais de recolle-la documentación, os centros cargarán os datos de inscrición na aplicación informática facilitada pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

2. As direccións dos centros terán de prazo ata o 30 de maio para enviar á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional a relación de persoas inscritas para realiza-las probas e a documentación relativa a elas.

3. As delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comunicarán a tódolos centros docentes, antes do día 1 de xuño, a relación de centros públicos nos que se realizarán as probas para que o fagan público no taboleiro de anuncios.

4. As probas de acceso ós ciclos formativos serán elaboradas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de acordo co establecido na Orde do 1 de abril de 2002.

5. As probas de acceso ós ciclos de grao medio celebraranse o día 7 de xuño de 2002, no horario que se indica a continuación:

-Das 9.30 ás 11.30 horas: parte científico-tecnolóxica.

-Das 12 ás 14 horas: parte sociocultural.

6. O resultado das probas de acceso a ciclos formativos deberá facerse público antes do 17 de xuño de 2002 nos centros onde se desenvolveron.

7. Ás persoas que superen as referidas probas expediráselle-la acreditación, segundo o modelo que figura nos anexo III da Orde do 1 de abril de 2002.

Sétimo.-Admisión e matrícula dos solicitantes por acceso directo ou mediante proba.

1. Os centros farán pública antes do 17 de xullo a resolución pola que se adxudican as prazas, tanto as de acceso directo como as de acceso por proba, e a relación de solicitantes de cada un dos ciclos formativos de grao medio coa totalidade de puntuación outorgada por epígrafes. Estarán ordenadas de maior a menor puntuación, aplicando os criterios de baremación indicados no anexo I da Orde do 24 de abril de 2000.

2. O alumnado que obteña praza poderá formaliza-la matrícula no prazo comprendido entre o 17 e o 30 de xullo. De non matricularse neste período, entenderase que renuncia á praza.

3. De acordo co regulado no punto décimo terceiro da Orde do 24 de abril de 2000, está establecido outro período extraordinario de matrícula, do 1 ó 10 de setembro, só para os alumnos a quen, en aplicación da normativa, non lles fose posible matricularse no prazo ordinario.

Oitavo.-Comisións provincial e autonómica.

1. Simultaneamente á publicación da resolución de adxudicación de prazas, é dicir, antes do 17 de xullo, os centros enviarán ó Servicio de Inspección da delegación provincial copia da citada resolución, as solicitudes e documentación das persoas non admitidas e o número de prazas non cubertas, desagregadas por ciclos formativos e especificando se son de acceso directo ou por proba.

Posteriormente, rematado o período de matrícula, os centros enviarán á comisión de escolarización provincial o día 31 de xullo a relación de alumnos matriculados en cada ciclo formativo e as prazas que que

dan sen cubrir, especificando se son de acceso directo ou por proba.

2. Tendo en conta os datos proporcionados polos centros, o Servicio Provincial de Inspección remitirá no mes de xullo a cada comisión local ou inspector responsable as solicitudes que inclúan en segunda opción ensinanzas que se impartan nesa localidade.

3. As comisións de escolarización, constituídas nas localidades que a delegación provincial considerou conveniente, ou o inspector responsable, nos casos nos que non se contituíu a dita comisión, resolverán no mes de xullo as solicitudes de admisión, incluíndo as que indiquen en segundas opcións ciclos da localidade do seu ámbito de actuación, tanto as que pertenzan a esa localidade como as que proveñan doutras localidades e que foron remitidas ó Servicio de Inspección Provincial.

4. As comisións provinciais de escolarización resolverán sobre a admisión ós ciclos formativos con implantación nas catro provincias, adxudicando as prazas vacantes ós solicitantes non admitidos en xullo segundo as relacións ordenadas por puntuación e tendo en conta as segundas opcións. Poderán realiza-la acumulación de prazas de acceso directo e por proba naqueles ciclos que se ofertan en tódalas provincias. Das ditas resolucións farán as correspondentes publicacións na delegación provincial e nos centros antes do 20 de setembro. Os admitidos segundo esas resolucións terán de prazo para matricularse ata o 25 de setembro.

5. Simultaneamente, e antes do 20 de setembro, as comisións provinciais de escolarización remitirán, se é o caso, á Comisión Autonómica prevista no punto décimo primeiro, punto 4 da Orde do 24 de abril de 2000, as vacantes dos ciclos que non están implantados en tódalas provincias e as solicitudes que non puideron ser atendidas. As resolucións desta comisión serán comunicadas directamente ós interesados e ós centros afectados.

6. Transcorridos os prazos de matrícula establecidos nos puntos anteriores, entederase que o alumnado admitido que non se matriculase renuncia á praza.

7. Unha vez rematado totalmente o proceso anterior, os centros que aínda teñan prazas vacantes poderán dispoñer libremente delas e matricula-los alumnos que non formalizaron a solicitude dentro do prazo establecido. En todo caso, este proceso rematará antes do 18 de outubro.

Noveno.-Constitución de grupos.

Para cada ciclo formativo de grao medio constituirase, con carácter xeral, un único grupo de alumnos por centro. A formalización da matrícula nos centros sostidos con fondos públicos, dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, quedará condicionada a que haxa un número mínimo de 10 alumnos/as admitidos/as para cada un dos ciclos formativos de grao medio. A impartición destas ensinanzas cun número menor de alumnos

esixirá autorización expresa da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

Décimo.-Reclamacións.

De acordo co establecido no punto décimo sexto da Orde de 24 de abril de 2000, o prazo para resolve-las reclamacións presentadas contra as resolucións dos consellos escolares, das comisións de escolarización ou da inspección educativa, será como máximo de tres días.

Capítulo II

Ciclos formativos de grao superior

Décimo primeiro.-Acceso ós ciclos formativos de grao superior.

1. Terá acceso directo ós ciclos formativos de grao superior, o alumnado que cumpra algún dos requisitos establecidos no punto quinto da Orde do 12 abril de 2002.

2. Así mesmo, poderán acceder ós ciclos formativos de grao superior aquelas persoas que, non reunindo os requisitos indicados no punto anterior, superen a proba de acceso definida na Orde do 1 de abril de 2002. Para poder concorrer a esta proba será preciso ter cumpridos 20 anos ou cumprilos no ano 2002. No caso dos que estean en posesión do título de técnico, o requisito de idade é de 18 anos para poder concorrer á proba de acceso para un ciclo formativo de grao superior da mesma familia profesional.

3. Estas dúas formas de acceso son incompatibles. En todo caso, ó acceso mediante proba unicamente poderán concorre-las persoas que carezan de requisitos académicos que posibiliten o acceso directo.

Décimo segundo.-Probas de acceso.

A proba de acceso consta de dúas partes:

Parte xeral: neste exercicio o aspirante deberá acredita-la madurez en relación cos obxectivos do bacharelato, fundamentalmente en contidos procedimentais de:

-Lingua galega e literatura.

-Lingua castelá e literatura.

-Lingua estranxeira (opción inglés ou francés).

-Matemáticas.

A cualificación da área lingüística será determinada mediante o cálculo da media aritmética das puntuacións acadadas en cada unha das tres materias que a integran: lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura e lingua estranxeira (opción inglés ou francés).

A cualificación da parte xeral será a media aritmética das cualificacións obtidas nas áreas lingüística e de matemáticas.

Parte específica: o aspirante deberá acredita-la súa capacidade de formación profesional de base relacionada co campo profesional do ciclo formativo ó que se solicita acceder. Esta parte avaliará os

coñecementos en relación coas materias que se indican na primeira columna do anexo I desta resolución. O aspirante elixirá a opción que lle permita o acceso ó ciclo formativo que desexe cursar dentro dos ofertados nesta Comunidade Autónoma. A cualificación desta parte específica será determinada calculando a media aritmética das puntuacións obtidas en cada unha das materias específicas da opción vinculada ó ciclo formativo para o que solicitou a proba de acceso.

En tódolos casos o cálculo das referidas medias aritméticas para a determinación das diferentes cualificacións estará supeditado á superación por parte do alumnado da porcentaxe mínima de contidos que determine o tribunal para cada unha das materias de que conste a proba.

Para a superación da proba será necesario acadar en cada unha das partes (xeral e específica) a cualificación mínima de 5.

Décimo terceiro.-Exencións das probas de acceso.

Nos termos previstos na Orde do 1 de abril 2002 poderán quedar exentas da parte xeral desta proba as persoas que acrediten ter superado totalmente as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos; e da parte específica, as persoas que acrediten, polo menos, un ano de experiencia laboral en campos profesionais que se correspondan cos estudios que pretenden cursar.

Décimo cuarto.-Períodos de inscrición e calendario de celebración das probas.

1. A inscrición para as probas de acceso ós ciclos formativos de grao superior farase na secretaría dos centros docentes públicos de educación secundaria nos que se impartan ensinanzas de formación profesional específica, no prazo comprendido desde o día 15 ata o 28 de maio de 2002, ámbolos dous inclusive, segundo o modelo do anexo VII recollido na Orde do 1 de abril de 2002. Ademais de recolle-la documentación os centros cargarán os datos de inscrición na aplicación informática facilitada pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

2. As direccións dos centros terán de prazo ata o día 30 de maio para enviar á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional a relación das personas inscritas para realiza-las probas e a documentación relativa a elas.

3. Antes do 1 de xuño as delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, comunicarán a tódolos centros docentes, para que o fagan público no taboleiro de anuncios, a relación de centros públicos nos que se realizarán as probas.

4. As probas de acceso ós ciclos formativos serán elaboradas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de acordo co establecido na Orde do 1 de abril de 2002.

5. As probas de acceso celebraranse o día 7 de xuño de 2002, no horario que se indica a seguir:

Parte xeral da proba:

Das 9.30 ás 11.30 horas: área lingüística (lingua galega e literatura, lingua española e literatura e lingua estranxeira, opción francés ou inglés).

Das 12 ás 13.30 horas: área de matemáticas.

Parte específica da proba:

A partir das 16 horas, materias específicas da opción vinculada co ciclo formativo para o que solicitou a proba de acceso, segundo o anexo I desta resolución.

A duración máxima para cada materia desta parte será de 2 horas.

6. O resultado das probas de acceso a ciclos formativos deberá facerse público antes do 17 de xuño nos centros onde se desenvolveron. Así mesmo expedirase a acreditación ó alumnado que superou as referidas probas, segundo o modelo que figura no anexo III da Orde do 1 de abril de 2002.

Décimo quinto.-Validez da certificación de superación da proba.

Para facilita-la mobilidade do alumnado, a certificación que se obteña trala superación da proba de acceso ós ciclos formativos de grao superior de formación profesional específica, regulada na Orde do 1 de abril de 2002, será válida como requisito de acceso a tódolos ciclos formativos relacionados coa opción elixida para a proba, segundo o establecido no anexo I da presente resolución. A certificación de ter superada a proba terá validez como requisito de acceso en todo o Estado, mantendo a súa vixencia sempre que non se modifique o título e as ensinanzas correspondentes ó ciclo formativo.

Décimo sexto.-Presentación de solicitudes.

As solicitudes para o acceso ós ciclos formativos de grao superior realizaranse con base na relación de ciclos formativos autorizados para o curso 2002/2003, que estará exposta, co seu correspondente número de prazas, antes do día 16 de xuño, en tódolos centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan formación profesional.

1. Acceso directo.

a) Tódolos solicitantes de acceso directo presentarán a solicitude de admisión, segundo o modelo establecido no anexo II desta resolución, no centro que imparta o ciclo formativo solicitado en primeiro lugar, durante o período que abrangue desde o 17 de xuño ata o 2 de xullo, ámbolos dous inclusive.

b) Para aquel alumnado que solicitou acceso directo, estando pendente da convocatoria extraordinaria de setembro para acada-los requisitos académicos, establécese un prazo extraordinario de presentación da certificación acreditativa do cumprimento dos mencionados requisitos dende 1 ó 11de setembro de 2002, ámbolos dous inclusive.

c) Tódolos solicitantes, agás os que acrediten estudios universitarios, deberán xustifica-los requisitos académicos mediante o modelo de certificación recollido no anexo III desta resolución.

2. Acceso mediante proba.

a) Os solicitantes de acceso mediante proba presentarán a solicitude de admisión segundo o modelo establecido no anexo II desta resolución no centro que imparta o ciclo solicitado en primeiro lugar durante o mesmo período que os de acceso directo indicado no apartado anterior.

b) Os alumnos que reúnan os requisitos de acceso directo ós ciclos formativos de grao superior non poden presenta-la solicitude de acceso mediante proba. De facelo, quedarán excluídos do proceso de admisión.

Décimo sétimo.-Informatización do proceso de admisión.

1. Antes do día 30 de xuño constituirase a comisión autonómica de escolarización establecida no punto noveno da Orde do 12 de abril de 2002.

2. Os centros realizarán a baremación das solicitudes por medio dun programa informático facilitado pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional. Co obxecto de facilita-la realización desta baremación establécese modelo de certificación recollido no anexo III desta norma.

Décimo oitavo.-Proceso de admisión e matrícula: fase ordinaria de xullo.

1. Realizada a baremación correspondente, os centros teñen de prazo ata o día 5 de xullo para facer pública a relación provisional de solicitantes, ordenados alfabeticamente con indicación da puntuación acadada e as opcións ordenadas por orde de preferencia, que debe ser aprobada polo consello escolar.

Unha vez resoltas as reclamacións presentadas ante o presidente do consello escolar, os centros teñen de prazo ata o día 11 de xullo para enviaren os datos informatizados de tódolos solicitantes á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

2. O día 16 de xullo publicarase a relación de admitidos en cada ciclo formativo de grao superior, na que aparecerán os solicitantes por orde decrecente de puntuación. Estas relacións serán elaboradas a través dun programa informático na Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional e serán aprobadas pola comisión autonómica de escolarización, que as remitirá a cada delegación provincial e a cada centro para súa aprobación definitiva polo consello escolar.

3. No prazo que abrangue desde o 17 ó 30 de xullo de 2002 deberá matricularse o alumnado admitido en cada ciclo, tanto os admitidos por acceso directo como mediante proba. Os que non foron admitidos na praza solicitada en primeiro lugar poderán renunciar á praza outorgada; a dita renuncia implica

tamén a renuncia a tódalas demais prazas solicitadas en opcións posteriores a esa, permanecendo nas listas de espera das opcións anteriores. Os solicitantes admitidos, que non se matriculen e non presenten renuncia, segundo o modelo do anexo IV desta resolución, no prazo indicado, perderán o dereito a súa praza e procederase á súa escolarización ó final do proceso, se houber vacantes.

4. Rematado este período de matrícula, os centros teñen de prazo ata o día 31 de xullo para remitir á dirección xeral a relación de alumnos matriculados, alumnos que renunciaron á praza adxudicada e alumnos que non formalizaron matrícula en cada ciclo, segundo modelo anexo V desta resolución, certificada polo secretario co visto e prace do director e a relación de prazas que quedan vacantes, se é o caso.

Décimo noveno.-Proceso de admisión e matrícula: fase extraordinaria de setembro.

1. No mes de setembro elaboraranse sucesivas relacións de admitidos en cada ciclo formativo de grao superior, adxudicando as prazas non cubertas polos admitidos na fase anterior, nas que aparecerán os solicitantes por orde decrecente de puntuación. Estas relacións serán elaboradas a través dun programa informático na Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional e serán aprobadas pola comisión autonómica de escolarización, que as remitirá a cada delegación provincial e a cada centro para súa aprobación definitiva polo consello escolar. O calendario para a publicación destas novas relacións de admitidos, os correspondentes prazos de matrícula e as datas de envío de vacantes á dirección xeral polo centros son as seguintes:

Datas de publicación

da relación de admitidos

Prazo de matrícula

Envío de datos

de vacantes

2 de setembro3, 4 e 5 de setembro6 de setembro

10 de setembro11, 12 e 13 de setembro16 de setembro

20 de setembro23, 24 e 25 de setembro14 de outubro

15 de outubro16, 17 e 18 de outubro

Na dúas últimas adxudicacións incluiranse, se for o caso, os solicitantes que cumpriron os requisitos na convocatoria de exames de setembro.

2. Naqueles ciclos nos que, unha vez adxudicadas as prazas ás que se fai referencia no punto anterior, aínda queden vacantes, os centros poderán dispoñer libremente delas, logo de autorización da directora xeral de ordenación educativa e formación profesional, e matricula-los alumnos que non formalizaron a solicitude dentro do prazo establecido. Este proceso rematará, en todo caso, antes do 18 de outubro.

3. Rematado este proceso non se matriculará ningún alumno sen autorización expresa do delegado provincial.

Vixésimo.-Reclamacións.

1. Publicada a relación indicada no punto décimo oitavo, punto 1, pódese presentar reclamación durante os días 8, 9 e 10 de xullo ante o presidente do consello escolar. Estas reclamacións será resoltas antes do día 11 do mesmo mes.

2. Contra a resolución do consello escolar pola que se aproba e publica a relación de solicitantes admitidos a cada ciclo o día 16 de xullo, poderase interpor recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional na forma prevista no artigo 114.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro). A resolución deste recurso, que pon fin á vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A presentación de reclamación e a súa resolución non implicará paraliza-lo proceso de admisión e matrícula.

Vixésimo primeiro.-Solicitantes con necesidades educativas especiais.

1. Nos ciclos formativos de grao superior reservarase, cando menos, o 3% das prazas que se oferte en cada ciclo para aqueles alumnos con algún grao de discapacidade física, motora ou sensorial acreditado, que obtivesen dictame favorable da comisión autonómica de escolarización, de acordo co establecido na Orde 12 de abril de 2002.

2. Os centros que reciban solicitudes de alumnos con necesidades educativas especiais teñen de prazo ata o día 3 de xullo para remiti-la relación e baremación deles, acompañada da documentación correspondente, á Comisión Autonómica de Escolarización.

3. A Comisión Autonómica de Escolarización emitirá dictame de escolarización e remitirá o correspondente comunicado para os centros afectados antes do día 11 de xullo.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será de aplicación para o curso 2002-2003.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2002.

Alberto González ArmestoMaría Pilar del Mar Pérez Marsó

Director xeral de CentrosDirectora xeral de Ordenación

e Inspección EducativaEducativa e Formación Profesional

ANEXO I

Relación de ciclos formativos de grao superior ós que dá acceso a superación da proba segundo a opción da parte específica realizada

OPCIÓNS DE MATERIAS

DA PARTE ESPECÍFICA

DA PROBA

CICLOS FORMATIVOS

CIENCIAS DA TERRA E DO AMBIENTE BIOLOXÍAXESTIÓN E ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS AGROPECUARIAS

XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DE RECURSOS NATURAIS E PAISAXÍSTICOS

SAÚDE AMBIENTAL

QUÍMICA

BIOLOXÍA

PRODUCCIÓN ACUÍCOLA

BIOLOXÍA ESTÉTICA

ANATOMÍA PATOLÓXICA E CITOLOXÍA

DIETÉTICA

DOCUMENTACIÓN SANITARIA

HIXIENE BUCODENTAL

IMAXE PARA O DIAGNÓSTICO

RADIOTERAPIA

LABORATORIO DE DIAGNÓSTICO CLÍNICO

ANIMACIÓN DE ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTIVAS

QUÍMICA DESENVOLVEMENTO E FABRICACIÓN DE PRODUCTOS CERÁMICOS

FABRICACIÓN E TRANSFORMACIÓN DE PRODUCTOS DE VIDRO

FÍSICA IMAXE

REALIZACIÓN DE AUDIOVISUAIS E ESPECTÁCULOS

SON

ÓPTICA DE ANTEOLLOS

AUDIOPRÓTESE

DEBUXO TÉCNICOORTOPROTÉSICA

PRÓTESES DENTAIS

PATRONAXE

DESEÑO E PRODUCCIÓN EDITORIAL

DEBUXO TÉCNICODESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS URBANÍSTICOS E OPERACIÓNS TOPOGRÁFICAS.

DEBUXO TÉCNICO

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

NAVEGACIÓN, PESCA E TRANSPORTE MARÍTIMO

PRODUCCIÓN EN INDUSTRIAS DE ARTES GRÁFICAS

DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS MECÁNICOS

PRODUCCIÓN POR FUNDICIÓN E PULVIMETALURXIA

PRODUCCIÓN POR MECANIZADO

DESENVOLVEMENTO DE PRODUCTOS EN CARPINTERÍA E MOBLE

PRODUCCIÓN DE MADEIRA E MOBLE

PROCESOS DE CONFECCIÓN INDUSTRIAL

PROCESOS TEXTILES DE FIADURA E TECIDO DE CALADA

PROCESOS TEXTILES DE TECIDO DE PUNTO

DEBUXO TÉCNICO

MECÁNICA

DESENVOLVEMENTO E APLICACIÓN DE PROXECTOS DE CONSTRUCCIÓN

REALIZACIÓN E PLANS DE OBRA

CONSTRUCCIÓNS METÁLICAS

ELECTROTECNIA

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE INSTALACIÓNS DE FLUÍDOS, TÉRMICAS E MANUTENCIÓN

MANTEMENTO DE EQUIPO INDUSTRIAL

MANTEMENTO E MONTAXE DE INSTALACIÓNS DE EDIFICIO E PROCESO

ELECTROTECNIA

MECÁNICA

SUPERVISIÓN E CONTROL DE MÁQUINAS E INSTALACIÓNS DO BUQUE AUTOMOCIÓN

MANTEMENTO AEROMECÁNICO

ELECTROTECNIA DESENVOLVEMENTO DE PRODUCTOS ELECTRÓNICOS

INSTALACIÓNS ELECTROTÉCNICAS

SISTEMAS DE REGULACIÓN E CONTROL AUTOMÁTICOS

SISTEMAS DE TELECOMUNICACIÓN E INFORMÁTICOS

MANTEMENTO DE AVIÓNICA

QUÍMICA

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

INDUSTRIA ALIMENTARIA

QUÍMICA

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

FÍSICA

INDUSTRIAS DE PROCESO DE PASTA E PAPEL

INDUSTRIAS DE PROCESO QUÍMICO

QUÍMICA

BIOLOXÍA

FÍSICA

ANÁLISE E CONTROL

FABRICACIÓN DE PRODUCTOS FARMACÉUTICOS E AFÍNS

QUÍMICA AMBIENTAL

DEBUXO TÉCNICO

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

QUÍMICA

PLÁSTICOS E CAUCHO

PROCESOS DE ENNOBRECEMENTO TÉXTIL

CURTIDOS

ECONOMÍA E ORGANIZACIÓN DE EMPRESASADMINISTRACIÓN E FINANZAS

COMERCIO INTERNACIONAL

XESTIÓN COMERCIAL E MARKETING

XESTIÓN DO TRANSPORTE

SERVICIOS Ó CONSUMIDOR

RESTAURACIÓN

ALOXAMENTO

PRODUCCIÓN DE AUDIOVISUAIS, RADIO E ESPECTÁCULOS

ADMINISTRACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOS

ECONOMÍA E ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA

SECRETARIADO

HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEOASESORÍA DE IMAXE PERSOAL

ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL

INTEGRACIÓN SOCIAL

XEOGRAFÍA

HISTORIA DA ARTE

INFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN TURÍSTICA

XEOGRAFÍA

ECONOMÍA E ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS

AXENCIAS DE VIAXES

BIOLOXÍA

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

PREVENCIÓN DE RISCOS PROFESIONAIS

BIOLOXÍA E XEOLOXÍAEDUCACÍÓN INFANTIL

MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS IIDESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS INFORMÁTICAS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO