Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 13 de maio de 2002 Páx. 6.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/83-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. derivación Guillade.

Situación: Ponteareas-As Neves-Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 1.350 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde un apoio s/n da L.M.T. Lentille-Carrasqueira ata o C.T. existente de Guillade. Toda a instalación está situada nos concellos de Ponteareas, As Neves e Salvaterra de Miño.

Realizada a información pública correspondente, presenta alegacións o propietario do predio n. 67, basando as mesmas en que o paso da liña divide o predio en dous impedindo a futura construcción dunha edificación, solicitando que o trazado sexa paralelo á estrada. Traslado o escrito á empresa eléctrica esta contesta que o terreo está situado en zona cualificada como solo rural , que a proposta do trazado plantexada modificaría a afección noutros predios dos que xa teñen a autorización dos propietarios e que o alegante pode solicitar o cambio de trazado sempre que non existan dificultades técnicas e achegando a conformidade previa dos novos propietarios afectados. Deuse traslado do escrito da compañía

ó alegante, reiterandose este en tódolos puntos do seu primeiro escrito.

Considerando que a liña proxectada vén substituír outra existente conservándose a traza e que polo tanto xa existía unha servidume que impedía o uso pretendido do predio como soar e que calquera modificación afectaría de maneira diferente a actual ós mesmos ou outros propietarios que poderían opoñerse a ela.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos II e V do R.D. 1955/2000, esta delegación provincial

RESOLVE:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública da instalación e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita os bens afectados, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos reglamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do R.D. 1955/2000, será de vintecatro meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 18 de marzo de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra