Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 13 de maio de 2002 Páx. 6.943

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 5 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/75-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos artigos 125 e 144 do R.D. 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita e que foi obxecto de información pública anteriormente, no BOP do 14 de abril, DOG do 13 de abril, BOE do 15 de abril e La Voz de Galicia, do 7 de abril de 2000, e que corresponde ó primeiro tramo da liña autorizada:

Solicitante: Eléctrica de Catoira, S.A.

Enderezo social: Gondar, 36612 Catoira

Denominación: L.M.T. e C.T. Fontán-Gondar.

Situación: Catoira.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 385 m de lonxitude, con conductor LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio que se vai substituír na L.M.T. existente ó C.T. Gondar, ata o C.T. que se proxecta en Fontán, concello de Catoira. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar así mesmo por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 5 de abril de 2002.

P.D. (Resolución 22-3-2002)

Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 00/75-4Provincia: Pontevedra

L.M.T. e C.T. Fontán-GondarTermo municipal: Catoira

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1Agro VesadaLaborMarina Bouzón LópezGondar-Dimo

36612 Catoira

111526

2Agro VesadaLaborJosé López SantiagoGondar-Dimo

36612 Catoira

1141,5335

3Agro VesadaLaborHdos. Otilia Catoira Lorenzo

Rpte. Fiscal da

Audiencia Provincial

Avda. Conde

Bugallal-Pontevedra

1964