Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 13 de maio de 2002 Páx. 6.943

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 4 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/99-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Forno da Cal.

Situación: concello de Pontevedra.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 101 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde un apoio existente da L.M.T. MUR 807-Marín I ata o C.T. que se proxecta denominado Forno da Cal, no concello de Pontevedra, de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 34 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 4 de abril de 2002.

P.D. (Resolución 22-3-2002)

Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra