Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: ampliación C.T. na r/ Real.
Situación: Moaña.
Características técnicas: ampliación centro de transformación cun novo trafo de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V, na rúa Real, no concello de Moaña (o trafo anterior autorizado ten unha potencia de 630 kVA).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 4 de abril de 2002.
P.D. (Resolución 22-3-2002)
Carmen Girón Daviña
Secretaria provincial de Pontevedra