Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 13 de maio de 2002 Páx. 6.899

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Cablerías Conductoras, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Cablerías Conductoras, S.A., con nº de código 3603012 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 13-3-2002, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data de 1-2-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección e Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de marzo de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo

Capítulo I

Ámbito, vixencia e estructura

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio, que se subscribe entre a representación da empresa, e a representación dos traballadores -composta polo comité de empresa- de Cablerías Conductoras, S.A., regulará as condicións mínimas ás que se deberán axusta-las relacións laborais e económicas que se rexen pola normativa contida no vixente Estatuto dos traballadores e as súas disposicións de desenvolvemento, dos traballadores actuais e futuros que presten os seus servicios na empresa Cablerías Conductoras, S.A.

Artigo 2º.-Vixencia.

Este convenio terá unha vixencia de tres anos, entrando en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2002 e finalizando o 31 de decembro de 2004.

Artigo 3º.-Prórroga e denuncia.

Quedará automaticamente denunciado, con tres meses de antelación ó seu vencemento, prorrogándose o actual convenio ata a entrada en vigor do seguinte,

e comprometéndose ámbalas partes a comeza-los trámites de negociación para un novo convenio a partir da dita data.

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí pactadas forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente.

Artigo 5º.-Garantías persoais.

Respectaranse, a título individual as condicións económicas que fosen superiores ás establecidas neste convenio consideradas no seu conxunto e en cómputo anual.

Capítulo II

Emprego e contratación

Artigo 6º.-Criterios xerais.

As partes asinantes deste convenio consideran como un obxectivo prioritario o mantemento do emprego e a creación de novos postos de traballo, comprometéndose a propicia-las medidas necesarias para a consecución do dito obxectivo no ámbito da empresa.

Igualmente as partes asinantes, para unha maior estabilidade no emprego, acordan fomenta-la contratación indefinida.

Artigo 7º.-Contrato de traballo.

1. O contrato de traballo será subscrito entre a empresa e o traballador por escrito, con entrega a este dun exemplar dentro dos quince días seguintes á súa incorporación, de acordo con calquera dos modelos aprobados por disposición de carácter normativo, que necesariamente deberá ser inscrito na oficina de emprego.

Farase constar en tódolos contratos de traballo o contido xeral das condicións que se pacten e o grupo profesional ou categoría na que queda encadrado o traballador, e en todo caso, o contido mínimo do contrato.

Considérase como contido mínimo do contrato a fixación nel da identificación completa das partes contratantes, a localización xeográfica e denominación, se é o caso, do centro de traballo ó que queda adscrito o traballador, o domicilio da sede social da empresa, o grupo, nivel ou categoría profesional, especialidade, ou oficio ó que quede adscrito o traballador, así como a retribución estipulada ou a remisión ó respecto ás táboas salariais deste convenio.

En ningún caso se poderá comezar a traballar sen que previamente se procedese á inscrición e á sinatura do traballador no libro de matrícula.

Entregarase unha copia básica dos contratos que se formalicen por escrito á representación dos traballadores.

A empresa notificaralle ó comité de empresa as prórrogas dos contratos de traballo dos que a copia básica foi entregada, así como as denuncias correspondentes a eles.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán os seguintes:

-Técnicos titulados: 6 meses.

-Técnicos non titulados: 2 meses.

-Resto de persoal: 1 mes.

No non regulado aplicarase o disposto no artigo 14 do Estatuto dos traballadores.

2. Contrato para o fomento da contratación indefinida.

As partes asinantes deste convenio acordan declarar vixente e de aplicación a Lei 63/1997 e 64/1997, do 26 de decembro, que regula estes contratos.

Artigo 8º.-Contratación eventual.

1. Contrato en prácticas.

O contrato de traballo en prácticas só poderá concertarse cos que estivesen en posesión de título universitario ou de formación profesional de grao medio ou superior ou títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, que habiliten para o exercicio profesional, dentro dos 4 anos, ou de 6 cando o contrato se concerte cun traballador minusválido, seguintes á terminación dos correspondentes estudios.

O posto de traballo será o adecuado á finalidade de facilita-la práctica profesional do traballador, para perfecciona-los seus coñecementos e adaptalos ó nivel de estudios cursados.

A duración non será inferior a 6 meses nin superior a 24.

O período de proba será de 1 mes para os traballadores en posesión de título de grao medio e 2 meses para os de grao superior.

Ningún traballador poderá estar contratado en prácticas por tempo superior a 24 meses en virtude da mesma titulación.

A retribución mínima dos traballadores contratados baixo esta modalidade será do 70% durante o primeiro ano e do 80% durante o segundo do salario fixado no convenio para un traballador que desempeñe o mesmo ou equivalente posto de traballo.

2. Contratos de formación.

Terá como obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o adecuado desempeño dun oficio cualificado.

Poderán ser obxecto deste contrato os oficios incluídos neste convenio, non podéndose formalizar contratos para a formación para categoría inferior á de especialista.

O contrato para a formación terá unha duración máxima de dous anos.

Cando o contrato para a formación se celebre por un prazo inferior ó máximo establecido no parágrafo anterior, poderá prorrogarse antes do seu remate por acordo de ámbalas partes unha ou máis veces, por períodos non inferiores a 6 meses, sen que o tempo acumulado, incluído as prórrogas, poida exceder do referido prazo máximo. O aviso previo de finalización de contrato deberá axustarse ós prazos e forma que indique o convenio.

A idade do traballador estará comprendida entre os 16 e os 21 anos inclusive.

O traballador disporá do 15% da súa xornada para a formación teórica.

Esta formación deberá ser impartida polos centros de formación autorizados.

Cada titor non poderá dispor de máis de dous traballadores en formación.

A retribución será equivalente ó salario mínimo interprofesional incrementado nun 10 por 100 no primeiro ano. Para o segundo será o SMI incrementado nun 20 por 100. Sempre en proporción ó tempo de traballo efectivo.

A contía máxima para a celebración destes contratos será a mesma que para os contratos en prácticas.

3. Contratos a tempo parcial.

Serán contratos a tempo parcial aqueles que supoñan unha prestación efectiva de traballo inferior ó 77% da xornada semanal. Estes traballadores non poderán realizar horas extraordinarias, excepto as motivadas por forza maior de acordo co art. 35.3º do ET e gozarán dos mesmos dereitos cós traballadores a tempo completo.

4. Contratos eventuais de duración determinada por circunstancias do mercado, por acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

Nestes contratos, regulados no vixente artigo 15.1º.b do Estatuto dos traballadores, as partes remítense expresamente no relativo á duración máxima e período dentro do cal poidan pactarse, ó que para o efecto se estableza no convenio colectivo sectorial de empresas do sector do metal da provincia de Pontevedra sen convenio propio, ó contido normativo do cal nesta materia concreta se adhiren en todo caso, e sempre ó abeiro do que se estableza no dito convenio sectorial, de modo que conforme o previsto no citado convenio e ás novas disposicións legais vixentes para o efecto, o período máximo dentro do cal se poderán realizar estes contratos será de dezaoito meses, non podendo supera-la duración do contrato os doce meses dentro do período de referencia establecido.

5. Contrato por obra ou servicio determinado.

No contrato de traballo farase constar, de forma clara e precisa, se o contrato é de obra ou servicio, cunha completa identificación da obra ou servicio para a que se contrata o traballador.

Con carácter xeral será para unha soa obra, con independencia da súa duración e finalizará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador na dita obra, ou cando se reducisen substancialmente as tarefas da obra ou servicio en concreto para a que foi contratado este traballador.

Artigo 9º.-Aviso previo final de contrato.

Á finalización do contrato de traballo a empresa estará obrigada a notifica-lo cesamento ó traballador, por escrito e con 15 días de antelación á data de finalización ou extinción do contrato.

A empresa entregaralle ó traballador copia da liquidación con ocasión do seu cesamento, podendo o traballador solicitar antes da súa sinatura a presencia

dun membro do comité de empresa para o seu asesoramento naqueles extremos que non comprenda, así como proceder ó percibo da liquidación que lle corresponda aínda no caso de facer consta-la súa desconformidade con algún extremo ou concepto do recibo de liquidación que se lle presente.

Os traballadores que desexen cesar voluntariamente no servicio da empresa virán obrigados a poñelo en coñecemento desta cumprindo os seguintes prazos de aviso previo:

-Técnicos: 30 días naturais.

-Empregados e operarios: 15 días naturais.

O prazo de aviso previo antes indicado rexerá con carácter xeral, se ben nos contratos de traballo de persoal que a empresa considere que a súa prestación de servicios implique unha especial responsabilidade ou dificultade para ser substituído por un traballador de nova contratación, poderá estipularse no seu contrato de traballo un prazo de aviso previo para o cesamento voluntario superior ó anteriormente citado.

Artigo 10º.-Indemnizacións contratos non indefinidos.

As partes acordan remitirse á regulación legal vixente en materia de indemnización por extinción de contratos non indefinidos, dada a existencia actual dunha regulación legal específica na materia.

Artigo 11º.-Validación da formación.

Os anos traballados con contrato de formación noutra empresa, serán computables para efectos de duración da formación en Cablerías Conductoras, S.A., logo de certificación do aproveitamento que será expedido pola empresa anterior, ou certificación de capacitación por un centro de formación profesional.

Artigo 12º.-Extinción do contrato por causas obxectivas.

1. Cando a empresa queira facer uso do dereito concedido no artigo 52.c do Estatuto dos traballadores e conforme o procedemento previsto no artigo 53 do mesmo texto legal, deberá entregar, ademais da comunicación prevista na norma, e simultaneamente, unha memoria explicativa que faga referencia á causa da extinción, tanto ó traballador ou traballadores afectados como ó comité de empresa.

2. Sen prexuízo da eficacia e executividade do acordo extintivo, conforme o procedemento establecido na lei, o comité de empresa emitirá informe motivado sobre a decisión empresarial e a causa extintiva alegada no prazo de 4 días hábiles, de acordo coa lei vixente.

3. Do anterior informe darase traslado á empresa para a súa unión ó expediente, entendéndose que transcorridos os prazos previstos para a súa emisión sen facelo, se desiste de tal dereito.

4. O procedemento previsto neste artigo non suspenderá nin interromperá os prazos previstos no artigo 53.1º.c do Estatuto dos traballadores.

5. Esta cláusula considerarase para tódolos efectos de carácter obrigacional.

Artigo 13º.-Protección á muller.

Recoñéceselles ás traballadoras o dereito ó respecto da súa intimidade e á consideración debida á súa dignidade, comprendida a protección fronte a ofensas verbais ou físicas de natureza sexual.

Nos casos de embarazo, se as condicións de traballo puidesen incrementa-lo risco de aborto ou malformación, a traballadora poderá solicita-lo cambio a un posto de traballo que non implique risco para a saúde da nai nin para o feto, tomando en consideración as posibilidades técnicas e organizativas da empresa.

Artigo 14º.-Pluriemprego.

As partes asinantes deste convenio estiman conveniente contribuír á erradicación do pluriemprego, como regra xeral.

Para estes efectos, estímase necesario que se aplique co máximo rigor as sancións previstas na lexislación vixente nos casos de traballadores non dados de alta na Seguridade Social por estalo xa noutra empresa.

A empresa comprométese polo presente convenio, a non contratar, en réxime de pluriemprego ou xornada reducida aqueles traballadores que dispoñan doutra ocupación retribuída por xornada completa e non a tempo parcial, salvo circunstancias excepcionais das que haberá que informa-lo comité de empresa.

Capítulo III

Clasificación profesional

Artigo 15º.-Clasificación profesional.

Para efectos de clasificación profesional, mentense inicialmente a clasificación ata a data vixente no seo da empresa, coa delimitación e denominación de categorías que se recolle na táboa salarial anexa ó presente convenio, e extraída da clasificación profesional que se contiña na ordenanza laboral siderometalúrxica. Isto non obstante, acórdase que durante o primeiro ano de vixencia se constituirá unha comisión integrada pola representación da empresa e o comité de empresa co obxecto de levar a cabo un novo sistema de clasificación profesional, mediante o establecemento de grupos profesionais, máis acorde coa situación actual, buscándose que durante a vixencia do presente convenio poida levarse a cabo e subscribirse entre ámbalas partes un completo acordo de reclasificación profesional.

Conforme ese novo sistema de clasificación que se vai introducir, os traballadores e traballadoras serán clasificados tendo en conta os seus coñecementos, experiencia, grao de autonomía, responsabilidade e iniciativa, de acordo coas actividades profesionais que desenvolvan e coas definicións que se especifiquen neste sistema de clasificación profesional.

A clasificación realizarase, en divisións funcionais e grupos profesionais, por interpretación e aplicación de criterios xerais obxectivos e polas tarefas e funcións básicas máis representativas que desenvolvan os traballadores e traballadoras.

No caso de concorrencia nun posto de traballo de tarefas básicas correspondentes a diferentes niveis profesionais, a clasificación realizarase en función das

actividades propias do nivel profesional superior. Este criterio de clasificación non suporá que se exclúa, nos postos de traballo de cada nivel profesional, a realización de tarefas complementarias, que sexan básicas para postos cualificados en niveis profesionais inferiores.

Esta nova clasificación profesional pretende alcanzar unha estructura profesional directamente correspondida coas necesidades da empresa, facilitando unha mellor interpretación de todo o colectivo no desenvolvemento das súas actividades, sen mingua da dignidade, oportunidade de promoción e xusta retribución, sen que caiba ningunha discriminación por razóns de idade, sexo ou de calquera outra índole.

Artigo 16º.-Sistema de clasificación.

Conforme co proceso de clasificación profesional que se abordará, os traballadores e traballadoras afectados serán adscritos a un determinado grupo profesional e a unha división funcional; a conxunción de ambos establecerá a clasificación organizativa de cada traballador/a. O desempeño das funcións que leva consigo a súa clasificación organizativa constitúe contido primario da relación contractual laboral, debendo ocupar calquera nivel dela, tendo recibido previamente, por parte da empresa, a formación adecuada ó novo posto e respectándose os procedementos de información e adaptación que se especifiquen neste convenio.

Capítulo IV

Mobilidade funcional e xeográfica

Artigo 17º.-Concepto e principios xerais.

O concepto e principios xerais que se recollen neste capítulo cuarto, teñen como finalidade establecer igualmente as regras básicas de funcionamento do sistema de clasificación profesional e a mobilidade dentro del unha vez que sexa regulado por acordo entre as partes, polo que estes preceptos alcanzarán pleno valor e eficacia unha vez que se subscriba durante a vixencia deste convenio o acordo entre empresa e comité da nova clasificación profesional por grupos profesionais.

Considerarase mobilidade funcional calquera cambio de funcións e tarefas previamente encomendadas e realizadas polo traballador no centro de traballo desta empresa.

Un límite específico á aplicación da mobilidade funcional constitúeo a necesidade de titulación académica ou profesional, así como calquera outro permiso, licencia ou habilitación esixido pola lexislación para o exercicio dunha determinada profesión ou función.

Así tamén, en calquera suposto de mobilidade funcional que afectase a cambios de profesión, oficio ou especialidade e aínda cando para o seu desempeño non fose preceptiva a habilitación mediante permiso, licencia ou título, senón que esta se adquiriu mediante a experiencia, farase preceptivo o acordo entre as partes.

En calquera dos supostos de mobilidade funcional a empresa deberá garantir, con carácter previo ó cambio, os coñecementos, habilidades ou reciclaxe necesarios, que faciliten ou habiliten os traballadores afec

tados a suficiente adecuación e aptitude para o desempeño das novas tarefas e funcións asignadas.

A aplicación da mobilidade funcional haberá de facerse salvagardando o principio xeral de boa fe contractual, así como o principio específico de igualdade e non discriminación nas relacións laborais.

Así mesmo, esta mobilización producirase sen menoscabo da dignidade dos traballadores e sen prexuízo dos seus dereitos profesionais e económicos.

Non caberá invoca-las causas de despedimento obxectivo sobrevidas ou de falta de adaptación nos supostos de realización de funcións distintas das habituais como consecuencia da mobilidade funcional.

Sempre que sexa posible, a aplicación da mobilidade funcional farase respectando a voluntariedade dos traballadores.

Sendo a mobilidade funcional materia esencial das condicións de prestación do traballo, para a súa correcta aplicación faise necesaria en todo momento a participación do comité de empresa, nos termos que se indican neste convenio.

Artigo 18º.-Clases de mobilidade funcional.

A mobilidade funcional pode ser de tres clases:

1. Mobilidade funcional vertical. É aquela que ten lugar cando os cambios de funcións e tarefas traspasan os límites do grupo profesional de pertenza do traballador, pero non así a división funcional ó que está adscrito.

Dentro desta clase de mobilidade hai dúas variantes:

-A mobilidade vertical ascendente prodúcese cando as novas tarefas e funcións encomendadas ó traballador corresponden a un grupo profesional de nivel superior, sen altera-la división funcional de pertenza.

-A mobilidade vertical descendente prodúcese cando as novas tarefas e funcións encomendadas corresponden a un grupo profesional de nivel inferior, sen altera-la división funcional de pertenza.

2. Mobilidade funcional horizontal. É aquela que implica o cambio de división funcional de adscrición previa do traballador.

3. Mobilidade funcional ordinaria. É aquela que ten lugar cando os cambios de funcións e tarefas se producen dentro dos límites do encadramento profesional do traballador; isto é, a súa pertenza a un grupo profesional e unha división funcional determinados.

Artigo 19º.-Mobilidade funcional vertical.

1. En caso de mobilidade funcional vertical ascendente.

Por razóns organizativas, técnicas ou productivas de carácter temporal, entendéndose por tales as non superiores a seis meses (salvo en caso de substitución por IT, excedencia) a empresa poderá destina-los traballadores á realización de tarefas dun grupo profesional de nivel superior, dentro da mesma división funcional.

Sempre que a empresa teña necesidade de facer uso da aplicación deste tipo de mobilidade funcional notificaráselle o cambio simultaneamente ós traballadores afectados e ó comité de empresa.

Esta notificación, polo menos, deberá incluír:

-Unha descrición xustificativa das causas que motivan estes cambios.

-A identificación dos traballadores afectados.

-A duración estimada da mobilidade.

Neste sentido, a empresa terá en conta as opinións e suxestións do comité de empresa respecto ós cambios propostos.

Se o cambio de grupo profesional implica retribucións superiores, os traballadores afectados percibirán as do posto de destino.

En caso de que o cambio de posto supere os seis meses nun ano ou os oito meses en dous anos salvo que estea fundado en motivos de substitución por IT, ou excedencia- o traballador poderá, por vontade propia, continuar realizando estes traballos ou volver ó posto que ocupaba con anterioridade. No primeiro suposto ascenderá automaticamente.

En todo caso, sexa cal for o tempo de duración da mobilización e a causa que a xerou, recoñecerase e valorarase, para efectos de promoción profesional e nos termos que se acorde, o mérito que supón a ocupación de funcións de tarefas de grupos profesionais de nivel superior.

2. En caso de mobilidade funcional vertical descendente.

Por razóns organizativas, técnicas ou productivas-xustificadas en razóns perentorias ou imprevisibles da actividade productiva- a empresa poderá destina-los traballadores á realización de funcións ou tarefas dun grupo profesional de nivel inferior.

A adscrición a este tipo de funcións e tarefas farase polo tempo imprescindible para a súa atención que, en todo caso, non deberá exceder dos tres meses. Transcorrido este período de tempo o traballador será reincorporado ó posto de orixe.

Sempre que a empresa encontre imprescindible facer uso da aplicación deste tipo de mobilidade funcional será necesario a comunicación ó comité de empresa.

Para iso, a empresa notificará a intención dos cambios simultaneamente ós traballadores afectados e ó comité, nos mesmos termos previstos que no punto anterior. En todo caso, sempre se valorarán os tempos de permanencia en postos correspondentes a grupos profesionais de nivel inferior para o caso de futuras necesidades deste tipo, establecendo unha repartición equitativa entre os distintos traballadores cando xurda o requirimento deste tipo de mobilidade.

Os traballadores afectados por esta clase de mobilidade funcional percibirán as retribucións propias do posto e grupo profesional de orixe.

Artigo 20º.-Mobilidade funcional horizontal.

Por xustificadas razóns organizativas, técnicas ou productivas, a empresa poderá destina-los traballadores á realización de funcións ou tarefas dunha división funcional distinta á de pertenza previa, sen variación do grupo profesional.

Tratándose dunha modificación substancial das condicións de traballo (artigo 41 ET), sempre que a empresa encontre e xustifique necesario facer uso da aplicación deste tipo de mobilidade funcional será preceptiva a comunicación ó comité de empresa.

Para iso, a empresa notificará os cambios previstos simultaneamente ós traballadores afectados e ó comité nos mesmos termos que figuran nos puntos anteriores.

Será, así mesmo, neste proceso de negociación e acordo onde se fixará o alcance temporal (indefinido ou limitado) dos cambios propostos e as consecuencias que isto implique.

Igualmente se establecerá a reciclaxe ou formación necesaria e os períodos de adaptación ás novas funcións e tarefas.

En calquera caso, garantirase o mantemento das retribucións que as persoas afectadas viñesen percibindo nos seus anteriores postos, en caso de que estas fosen superiores ás do posto de destino. Se as retribucións do posto de destino fosen superiores, os traballadores afectados percibirán as do novo posto.

No caso de que o cambio de área funcional leve aparellado un cambio de grupo profesional (mobilidade vertical), para estes últimos rexerán ademais as normas previstas neste convenio para estes supostos.

Artigo 21º.-Mobilidade funcional ordinaria.

Aínda cando os casos de mobilidade funcional ordinaria non terán que ser necesaria e preceptivamente acordados co comité salvo no caso que impliquen algunha modificación substancial das condicións de traballo- si se fai necesario que esta representación estea sempre puntualmente informada dos cambios, podendo intervir naqueles casos que considere necesario facelo.

Unha excepción a isto constitúeo a posibilidade de aplica-la mobilidade funcional ordinaria naqueles casos en que os cambios propostos superen o precepto ó que indirectamente se refire o artigo 22.1º ET cando define o concepto de categoría profesional equivalente. Isto é, cando os cambios de funcións e tarefas que implique a aplicación da mobilidade funcional ordinaria exceda do concepto de equivalencia (cando a aptitude profesional necesaria para o desempeño das funcións propias dun posto permita desenvolve-las funcións básicas do segundo, logo de realización, se isto é necesario, de procesos simples de formación ou adaptación). En tal suposto, a aplicación da mobilidade funcional ordinaria estará suxeita á comunicación co comité de empresa.

Artigo 22º.-Mobilidade xeográfica.

A mobilidade xeográfica, no ámbito deste convenio, afecta os seguintes casos:

a) Desprazamentos.

b) Traslados.

Artigo 23º.-Desprazamento.

Enténdese por desprazamento o destino temporal dun traballador a un lugar distinto do seu centro habitual de traballo.

A empresa poderá despraza-los seus traballadores ata o límite máximo dun ano.

A empresa designará libremente os traballadores que deban desprazarse, cando o destino non esixa pernoitar fóra da casa, ou cando existindo esta circunstancia non teña duración superior a tres meses.

Nos supostos en que o desprazamento esixa pernoitar fóra do domicilio e teña unha duración superior a tres meses, a empresa proporá o desprazamento ós traballadores que estime idóneos para realiza-lo traballo e no suposto que por este procedemento non cubrisen os postos que hai que prover, procederá á súa designación obrigatoria entre os que reúnan as condicións de idoneidade profesional para ocupa-las prazas, observando as seguintes preferencias, para non ser desprazado:

a) Representantes legais dos traballadores.

b) Diminuídos físicos e psíquicos.

A empresa que desexe realizar algún dos desprazamentos superiores a tres meses que obriguen ó traballador a pernoitar fóra do seu domicilio, deberá avisar previamente ós afectados con, polo menos, 5 días laborables de antelación.

En calquera caso, os avisos previos deberán realizarse por escrito.

Nos desprazamentos superiores a tres meses que non permitan ó traballador pernoitar no seu domicilio, a empresa e os afectados convirán libremente as fórmulas para que os traballadores poidan regresar ós seus domicilios periodicamente, que poderán consistir na subvención das viaxes de ida e regreso en todos ou parte das fins de semana, adecuación ás xornadas de traballo para facilitar periódicas visitas ó seu domicilio, concesións de permisos periódicos, subvención do desprazamento dos seus familiares, etc.

Nos supostos de non chegarse a acordo nesta materia, aplicarase o disposto no artigo 40.4º do Estatuto dos traballadores, tendo dereito a un mínimo de 4 días laborables de estadía no seu domicilio de orixe por cada 3 meses de desprazamento, sen computar como tales os de viaxe, os gastos da cal correrán a cargo da empresa.

Por acordo individual, poderá pactarse a acumulación destes días engadíndose, incluso, ás vacacións anuais.

Nos supostos de desprazamento xerarase o dereito, ademais de á totalidade das retribucións económicas que habitualmente viñera percibindo, ás axudas de custo e gastos de viaxe que proceda.

Se por necesidade ou conveniencia da empresa o traballador tivera que se desprazar a presta-lo seu labor noutros centros de traballo, o tempo investido

no desprazamento deberá caer dentro da xornada establecida.

Se como consecuencia do desprazamento tivese que inicia-la viaxe antes de dar comezo a súa xornada, ou se como consecuencia do regreso ó seu punto de partida este se producise unha vez excedida a hora oficial de terminación da xornada, o traballador percibirá o tempo de exceso de xornada como horas extraordinarias.

Artigo 24º.-Traslados.

Considerarase como tal a adscrición definitiva dun traballador a un centro de traballo da empresa distinto daquel en que viña prestando os seus servicios, e que requira cambio da súa residencia habitual.

Por razóns económicas, técnicas, organizativas ou productivas que o xustifiquen, ou ben por contratacións referidas á actividade empresarial, a empresa poderá, de acordo co traballador, proceder ó traslado deste a un centro de traballo distinto dela con carácter definitivo.

No suposto de traslado, o traballador será avisado previamente con, polo menos, 30 días de antelación por escrito.

Neste suposto devengaranse os gastos de viaxe do traballador e a súa familia, os gastos de traslado de mobles e utensilios e cinco axudas de custo por cada persoa que viaxa dos que compoñan a familia e convivan co desprazado.

Capítulo V

Tempo de traballo

Artigo 25º.-Xornada de traballo.

Durante a vixencia deste convenio a xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo, equivalentes a

-1.776 horas efectivas en cómputo anual como máximo para 2002.

-1.774 horas efectivas en cómputo anual como máximo para 2003.

-1.772 horas efectivas en cómputo anual como máximo para 2004.

Durante a vixencia deste convenio consideraranse os días 24 e 31 de decembro non laborables, compensados polo exceso de días do cómputo da xornada.

Así mesmo, os días que excedan da xornada anual, acordaranse, nos seis primeiros meses do ano, o seu desfrute nas datas que se acorden co comité de empresa.

O traballador deberá estar á disposición de inicia-la súa actividade no posto de traballo, coa súa correspondente indumentaria, ó toque de sirena ou outro sistema establecido.

Esta xornada normal será computada en consideración á iniciación do labor no posto de traballo e finalización deste, e non polo concepto de entrada e saída de fábrica.

A fixación do horario de traballo será facultade da dirección da empresa, razoando o seu establecemento co comité, prevalecendo o criterio que supoña unha reducción de custos, aumentos de vendas, ou ben favoreza as necesidades estacionais da producción.

A empresa distribuirá preferentemente a súa xornada laboral de luns a venres, se ben, poderá variarse cando necesidades de producción ou de atención ós clientes da empresa así o requiran, podendo a empresa establecer, para tal fin, un réxime de traballo en quendas que contemple como laborables tódolos días da semana, sen prexuízo do réxime de descansos que proceda e do que en materia de xornada poida establecerse no contrato individual de cada traballador ó respecto. Isto non obstante, estes cambios de xornada que poida adopta-la empresa deberán ser debidamente motivados e xustificados ante o comité de empresa.

Artigo 26º.-Festivos.

Durante a vixencia deste convenio rexerán como non laborables os días festivos que con carácter nacional, autonómico e local (entendendo por local os correspondentes ó municipio de Vigo) se fixen anualmente no calendario publicado no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra. Aplicarase en todo momento o disposto pola autoridade laboral.

Artigo 27º.-Horario de traballo.

A empresa negociará anualmente ó comezo de cada exercicio co comité de empresa o calendario laboral, que deberá conte-lo horario de traballo diario, xornadas, días de descanso e festivos correspondentes a cada ano natural. Este calendario, unha vez acordado entre as partes, manterase exposto no centro de traballo.

Artigo 28º.-Vacacións.

1. As vacacións serán de 30 días naturais, dos cales 21 días (tres semanas) se desfrutarán con carácter ininterrompido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro quedando a restante semana a desfrutar nas datas que se determinen no calendario anual, sen prexuízo de que poidan ser atendidas pola empresa, en función das necesidades de organización do traballo, as peticións que individualmente se realicen polos traballadores para a elección do período de desfrute desa semana.

2. No calendario laboral que se negociará ó comezo de cada exercicio conforme co acordado no artigo precedente, quedarán fixadas as vacacións anuais e o período de desfrute.

3. Así mesmo, se por causas conxunturais ou outras circunstancias excepcionais a empresa se vise obrigada a paralizar ou a altera-la súa producción, en tal caso a empresa poderá determinar outra data de período de vacacións, logo de xustificación ante o comité de empresa e con respecto do persoal que resulte absolutamente necesario na dita modificación.

4. Todo o persoal que antes ou durante o período de vacacións estea en situación de incapacidade temporal terá dereito ó desfrute delas ou da parte pendente, sempre que cause alta antes do termo do ano natural.

5. A empresa poderá excluír como período vacacional aquel que coincida coa maior actividade productiva estacional da empresa, logo de acordo co comité de empresa.

6. Se un traballador debe por necesidades da producción suspende-lo seu período de vacacións e reincorporarse ó traballo, poderá desfrutar dun período de vacacións alternativo que solicite á empresa con polo menos 15 días de antelación e sempre que este período non coincida cun de máxima actividade da empresa.

7. No caso de traballador de novo ingreso, terá dereito ó desfrute da parte proporcional, de modo que así como a relación laboral vixente durante todo o ano natural determina dereito a 30 días naturais de vacacións, se a relación laboral dura menos do ano, terase dereito á parte proporcional que se devengue en atención á súa duración efectiva.

Isto non obstante, dado que por razóns productivas a empresa permanece sen actividade durante un determinado período en época estival, no caso de que un traballador de novo ingreso desfrute por razón dese cesamento de actividade de máis días de vacacións dos que tería dereito, o exceso desfrutado poderá a empresa dispor para que o recupere en sábados, ou ser obxecto de compensación económica con ocasión do aboamento da liquidación da relación laboral ó termo do contrato de traballo.

Capítulo VI

Licencias, excedencias e xubilacións

Artigo 29º.-Licencias.

1. O traballador, logo de aviso e xustificación, terá dereito a permisos con dereito a remuneración durante o tempo e os supostos seguintes:

a) Dezaseis días naturais en caso de matrimonio do traballador/a.

b) Tres días laborables en caso de nacemento de fillo.

c) Dez días naturais no suposto de falecemento de cónxuxe e fillos, salvo circunstancias excepcionais que xustifiquen un maior período de licencia.

c1) Cinco días naturais no suposto de falecemento dos pais naturais e políticos.

d) Tres días naturais no suposto de falecemento de irmáns, netos, avós, fillos políticos, sobrinos e irmáns políticos.

e) Dous días naturais en caso de enfermidade grave de cónxuxe, pais, fillos, avós, irmáns, netos e pais políticos, circunstancias que deberán ser xustificadas de maneira que faga fe.

f) Un día natural no suposto de traslado de domicilio.

g) O tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialistas da Seguridade Social, cando coincidindo o horario de consulta co de traballo o facultativo de medicina xeral prescriba esta consulta, debendo presentarlle o traballador á empresa o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos, ata o límite de 22 horas ó ano.

h) As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal nunha hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola muller ou polo pai en caso de que ambos traballen na empresa.

i) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

j) Un día natural en caso de matrimonio de fillos ou irmáns.

k) Un día natural en caso de falecemento de tíos e primos en grao de consanguinidade co traballador.

2. Nos supostos c), d) e e), se o traballador necesitase facer un desprazamento fóra de Galicia, concederánselle dous días naturais máis.

3. En caso de necesidade, logo de aviso e xustificación, a empresa deberá conceder un permiso sen retribuír ata un período de 10 días naturais por razón de desprazamento en caso de enfermidade grave de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

4. Todo o anteriormente exposto neste artigo será de aplicación para as parellas de feito fidedignamente acreditadas e inscritas no rexistro público correspondente.

5. Así mesmo logo de aviso e xustificación posterior, a empresa deberá conceder permiso sen retribuír para a asistencia a exames de estudios de carácter oficial.

Artigo 30º.-Suspensión con reserva do posto de traballo.

1. A suspensión afectará, en aplicación do punto 1.d) do ET, ós seguintes supostos:

Maternidade: risco durante o embarazo da muller traballadora e adopción ou acollemento preadoptivo ou permanente de menores de seis anos.

2. Será de aplicación o establecido no punto 4 do artigo 48 do ET para suspensións por nacementos, adopción ou acollemento e o establecido no punto 5 do artigo 48 ET para suspensións por riscos durante o embarazo, así como a súa normativa regulamentaria de desenvolvemento. Neste caso, a empresa complementará ata o 100% da base reguladora da prestación -referido tal complemento ós supostos de suspensión de contrato de traballo por riscos durante o embarazo-.

Artigo 31º.-Reducción da xornada por motivos familiares.

a) Permiso por lactación dun fillo menor de nove meses.

Xa regulado no artigo 29º. Licencias, ó contido do cal se remite este punto.

b) Reducción de xornada por garda legal de menores e outros supostos:

En aplicación do artigo 37.5º do ET quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un minusválido físico, psíquico ou sensorial, que non desempeñe unha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, polo menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo e que non desempeñe actividade retribuída.

A reducción de xornada recollida neste punto constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, a empresa poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

A concreción horaria e a determinación do período de desfrute do período de lactación e da reducción de xornada previstos nos parágrafos anteriores corresponderá ó traballador, dentro da súa xornada ordinaria. O traballador deberá avisar previamente á empresa con 15 días de antelación da data en que se reincorporará á súa xornada ordinaria.

Artigo 32º.-Excedencia por coidado de fillos e familiares.

1. Os traballadores cunha antigüidade na empresa de polo menos un ano, terán dereito a que se lles recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor a dous anos e non maior a cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

2. Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atender ó coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza, como por adopción, ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, contado desde a data de nacemento ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa.

3. Tamén terán dereito a un período de excedencia non superior a un ano, os traballadores para atender ó coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo, e non desempeñe actividade retribuída.

4. Esta excedencia constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, a empresa poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

5. Cando un novo suxeito causante dese dereito a un novo período de excedencia, o inicio desta dará fin ó que, se é o caso, se viñese desfrutando.

6. O período en que o traballador permaneza en situación de excedencia conforme o establecido neste artigo será computable para efectos de antigüidade e o traballador durante o primeiro ano terá dereito á reserva do seu posto de traballo.

Artigo 33º.-Excedencias.

1. Excedencia forzosa.

A excedencia forzosa concederase por designación ou elección para un cargo público ou sindical que imposibilite a asistencia ó traballo, e dará lugar ó dereito á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público ou sindical, perdéndose este dereito se se fai transcorrido este prazo.

2. Excedencia voluntaria.

O traballador cunha antigüidade na empresa de polo menos un ano terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor a dous anos e non maior de cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

A petición de excedencia será formulada por escrito e presentada á empresa cun mes de antelación como mínimo á data en que se solicite comezala e a empresa dará recibo da presentación.

A concesión da excedencia por parte da empresa efectuarase tamén en comunicación escrita.

A incorporación ó posto de traballo deberá ser notificada polo traballador cun mes de antelación á data de finalización do desfrute da excedencia. A notificación farase por escrito e a empresa estará obrigada a xustifica-la recepción do escrito.

Notificada a reincorporación nas condicións indicadas, será admitido o traballador nas mesmas condicións que rexían no momento da iniciación da excedencia, reincorporación que terá lugar se concorren as circunstancias e cos dereitos que para o efecto regula o Estatuto dos traballadores.

Artigo 34º.-Xubilación.

A empresa e os traballadores poderán pactar, logo de existencia de común acordo por ámbalas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo e a Lei 63 e 64/1997 do 26 de decembro -e conforme con aquelas outras disposicións legais que complementen ou modifiquen as antes citadas-, debendo a empresa cubrir estas vacantes con traballadores desempregados e inscritos na oficina de emprego como tales.

Artigo 35º.-Xubilación forzosa.

Como política de fomento de emprego e independentemente do previsto no artigo anterior, establécese a xubilación forzosa ós 65 anos de idade, salvo pacto individual en contrario, dos traballadores que teñan cuberto o período mínimo legal de carencia para obtela.

Capítulo VII

Seguridade e hixiene, saúde laboral

Artigo 36º.-Seguridade e hixiene no traballo.

1. A empresa comprométese ó estricto cumprimento da normativa que en materia de seguridade e hixiene e prevención de riscos laborais se contén na Lei 31/1995, do 8 de novembro, Lei de prevención de riscos laborais, o Regulamento de servicios de prevención de riscos laborais -R.D. 39/1997-, así como a ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo, e demais normativas vixentes de desenvolvemento.

2. Para tales efectos, manterase coas funcións que lle son propias no seo da empresa o comité de seguridade e saúde, composto por unha representación dos traballadores e un número similar de representantes da empresa, comité ó que corresponderán as funcións establecidas na normativa anteriormente citada.

3. Nos casos en que Cablerías Conductoras, S.A. subcontrate a outras empresas para prestación de servicios no propio centro de traballo de Cablerías Conductoras, S.A., Cablerías Conductoras deberá establecer baixo a súa responsabilidade, os mecanismos de coordinación adecuados para a prevención de riscos e información sobre estes en xeral, en todo o que se relacione coas condicións de seguridade e saúde dos traballadores, así como hixiénico-sanitarios.

Artigo 37º.-Recoñecemento médico.

1. A empresa facilitaralle á totalidade do persoal integrante no cadro, un recoñecemento médico con carácter anual como mínimo, o cal se levará a cabo nun centro asistencial debidamente homologado para o efecto.

2. Todo o tempo empregado no recoñecemento médico será aboado pola empresa, a cal facilitará ademais o medio de transporte necesario para acudir ó dito recoñecemento.

3. A empresa en colaboración co comité de seguridade e saúde, comprométese a solicitar da mutua correspondente a elaboración dunhas cartillas personalizadas para cada traballador nas cales se recollerán os resultados das revisións periódicas ou calquera outro tipo de probas que se realicen na dita mutua, co fin de que cada traballador teña en cada momento un resumo do seu historial médico. Este historial, reflectido na mencionada cartilla, será entregado pola mutua a cada persoa e actualizado na revisión anual correspondente.

4. A empresa efectuará un recoñecemento médico a todo o persoal de nova incorporación.

Como complemento da regulación que así queda establecida en convenio colectivo da materia de recoñecemento médico, e dado que en ocasións se pode xerar unha situación complexa de organización do traballo para compatibilizalo coa asistencia ó recoñecemento especialmente no caso de traballadores a quendas, é polo que as partes acordan como solución práctica a seguir, que no caso de traballadores a quendas, cando as necesidades productivas así o requiran, a empresa poderá dispoñer que o recoñecemento médi

co se leve a cabo fóra da xornada de traballo -coa debida información ó comité de empresa-, se ben en tal caso as horas que se empreguen no recoñecemento médico serán retribuídas pola empresa como horas de traballo, pero non se terán en consideración para os efectos do cómputo da xornada anual máxima establecida neste convenio.

Artigo 38º.-Roupa de traballo.

1. A empresa dotará o seu persoal das adecuadas pezas de roupa de traballo en función do seu posto, neste caso será de uso obrigatorio durante a xornada laboral e que o usuario deberá manter en debido estado de limpeza e conservación.

2. O persoal da empresa que polo seu traballo estea en contacto co exterior (clientes, provedores, etc.) deberá coidar que o seu aspecto sexa correcto, xa que representan a imaxe da empresa e os seus empregados.

3. O persoal obreiro percibirá dúas fundas ou outro tipo de peza similar cada ano, que lle serán entregados dunha soa vez dentro dos dous primeiros meses de cada ano natural. E se for necesario, logo de xustificación, seralle proporcionado un terceiro ou os que fosen precisos.

4. En relación co calzado, a empresa dotará o traballador dun par de botas ou outro calzado de seguridade como mínimo, que o protexan dos riscos que a súa actividade pode provocar, e sempre que tal actividade requira esta roupa de protección.

5. O persoal administrativo e técnico, que así o solicite, percibirá cada ano unha bata que protexa a súa propia roupa. Exercido este dereito polo empregado, esta roupa será de uso obrigatorio durante a xornada laboral. No caso de ter que realizar algún labor nos talleres, o empregado será provisto de roupa adecuada (funda, botas de seguridade, casco, etc.) que o protexa dos riscos inherentes a eses lugares de fabricación.

6. Proverase de roupa e calzado impermeable ó persoal que teña que realizar labores continuos á intemperie en réxime de chuvias frecuentes, así como tamén ós que tivesen que actuar en lugares notablemente encharcados ou lamacentos. En contactos con ácido o traballador será dotado de roupa adecuada.

7. Ó traballador que realice o seu labor con lentes graduados, a empresa terá que proporcionarlle unhas, sempre que en razón ó traballo que realice sufrisen deterioración.

8. A empresa proverá de roupa adecuada (talle) para o seu cometido no traballo ás mulleres embarazadas.

Artigo 39º.-Capacidade diminuída.

Todos aqueles traballadores que por accidente de traballo, enfermidade profesional ou común de longa duración, con reducción das súas facultades físicas ou intelectuais, sufran unha capacidade diminuída, terán preferencia para ocupa-los postos máis aptos en relación ás súas condicións que existan na empresa, sempre que teñan aptitude ou idoneidade para o novo posto.

Capítulo VIII

Percepcións económicas (concepto,

estructura, compensacións, indemnizacións)

Artigo 40º.-Salarios.

Os salarios para o ano 2002 son os reflectidos no anexo I deste convenio, que inclúen o incremento pactado en tódolos conceptos salariais reflectidos na dita táboa e que supón un incremento dun 4,5 por 100 sobre as táboas salariais do ano 2001.

Para o ano 2003 o incremento salarial será o IPC previsto polo Goberno máis o 1%, sobre os valores da táboa anexa a este convenio e igual porcentaxe de incremento se aplicará a aqueles conceptos retributivos regulados neste convenio nos que así expresamente se contemple.

Para o ano 2004 o incremento salarial será o IPC previsto polo Goberno máis o 1%, sobre os valores da táboa deste convenio do ano 2003 e igual porcentaxe de incremento se aplicará a aqueles conceptos retributivos regulados neste convenio nos que así expresamente se contemple.

Respectaranse as condicións económicas derivadas das condicións persoais do traballador.

Artigo 41º.-Revisión salarial.

a) Revisión salarial ano 2002.

Se o 31 de decembro de 2002 o IPC real do dito ano superase o 4,5 por cento, efectuarase a actualización das táboas salariais contempladas neste convenio para o ano 2002, de modo que as táboas resultantes da dita actualización serán as que se tomen en consideración para o incremento estipulado do ano 2003. Esta actualización non xerará dereito ó aboamento de diferencias salariais polo exercicio 2002.

b) Revisión salarial ano 2003.

Se o 31 de diciembre de 2003 o IPC real do dito ano superase a porcentaxe de revisión pactada neste convenio para este exercicio (IPC previsto máis 1%), efectuarase unha revisión salarial, tan pronto se constate tal circunstancia, no exceso sobre a indicada cifra. Esta cantidade aplicarase con carácter retroactivo desde o mes en que se supere a dita porcentaxe. Tal incremento servirá como base de cálculo para as táboas salariais do ano seguinte.

c) Revisión salarial ano 2004.

Se o 31 de decembro de 2004 o IPC real do dito ano superase a porcentaxe de revisión pactada neste convenio para o dito exercicio (IPC previsto máis 1%), efectuarase unha revisión salarial, tan pronto se constate tal circunstancia, no exceso sobre a indicada cifra. Esta cantidade aplicarase con carácter retroactivo desde o mes en que se supere a dita porcentaxe. Tal incremento servirá como base de cálculo para as táboas salariais do ano seguinte.

Esta revisión só se aplicará ós conceptos salariais previstos no artigo anterior.

Artigo 42º.-Percepcións económicas: concepto.

1. Considérase salario a totalidade das percepcións económicas dos traballadores, en diñeiro ou especie, pola prestación profesional dos servicios laborais por conta allea xa retribúan o traballo efectivo, calquera que sexa a forma de remuneración ou os períodos de descanso computables como de traballo.

2. Non terán consideración de salario as cantidades percibidas polo traballador en concepto de indemnizacións ou suplidos polos gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral, as prestacións e indemnizacións da Seguridade Social, os complementos a estas prestacións e indemnizacións da Seguridade Social que aboe a empresa como consecuencia de pacto en convenio, contrato individual, traslados, suspensións, cesamentos e despedimentos.

Artigo 43º.-Percepcións económicas: estructura.

1. As remuneracións económicas dos traballadores de Cablerías Conductoras estarán constituídas por retribucións de carácter salarial e non salarial.

2. Retribucións salariais:

a) Salario base: é a parte da retribución do traballador fixada con carácter básico por unidade de tempo.

b) Complementos persoais: son aqueles que derivan das condicións persoais do traballador e que non fosen valoradas ó fixa-lo salario base, tales como antigüidade, idiomas, etc.

c) Complemento de posto de traballo: son aquelas cantidades que deba percibi-lo traballador en razón das características do posto de traballo ou da forma de realiza-la súa actividade profesional, que comporte conceptuación distinta de traballo corrente, tales como nocturnidade, tóxicos, penosos, etc.

Estes complementos son de índole funcional e a súa percepción depende exclusivamente do exercicio da actividade profesional no posto asignado, polo que non ten carácter consolidable.

d) Complemento por calidade ou por cantidade de traballo: son os que retribúen unha maior cantidade de traballo, tales como primas, incentivos, etc. A súa percepción estará condicionada en calquera caso ó cumprimento efectivo do módulo do cálculo e non ten carácter consolidable. Salvo pacto ou convenio en contrario.

e) Complementos de vencemento periódico superior ó mes: existirán dúas pagas extraordinarias de devengo semestral, que se aboarán unha en xullo e outra en decembro.

O importe das gratificacións extraordinarias para o persoal que, en razón da súa permanencia na empresa, non teña dereito á totalidade da súa contía, será rateado segundo as normas seguintes:

A. O persoal que ingrese ou cese no transcurso de cada semestre natural, devengará a gratificación en proporción ó tempo de permanencia na empresa durante o semestre correspondente.

B. O persoal que preste os seus servicios en xornada reducida a tempo parcial, devengará as gratificacións

extraordinarias no importe correspondente ó tempo efectivamente traballado.

f) Melloras voluntarias: o réxime das melloras voluntarias rexerase polo prevido no pacto individual ou no acto de concesión unilateral da empresa.

3. Percepcións extrasalariais: terán carácter extrasalarial as percepcións calquera que sexa a súa forma, que non respondan a unha retribución unida directamente, mediante vínculo casual, co traballo prestado. En todo caso terán este carácter os conceptos seguintes:

-Os capitais asegurados derivados de pólizas de vida e/ou accidente.

-As prestacións e os seus complementos e indemnizacións da Seguridade Social.

-As indemnizacións ou suplidos por gastos que tivesen que ser realizados polo traballador como consecuencia da súa actividade laboral, tales como ferramentas e roupa de traballo, así como as cantidades que se aboen en concepto de axudas de custo, gastos de viaxe ou locomoción, complementos de transporte e distancia, e aquelas de aluguer ou custo de vivenda que viñesen percibindo os traballadores.

-As indemnizacións por cesamentos, mobilidade xeográfica, suspensións, extincións, resolucións de contrato ou despedimento e accidente de traballo e enfermidade profesional.

4. Os complementos de salarios terán a consideración que as partes lle outorguen, e no suposto de dúbida, no que mellor se adapte á súa naturaleza dentro dos tipos sinalados no punto 2 e sen que en ningún caso se lle poida cualificar como salario base.

Artigo 44º.-Táboa salarial.

Establécese unha táboa de percepcións económicas mínimas garantidas pola xornada laboral ordinaria que será, para cada traballador, a que corresponda á súa categoría profesional ou nivel salarial, sen ningunha discriminación por razón de sexo, e que se contén no anexo I deste convenio.

Artigo 45º.-Devengo do salario.

1. O salario base devengarase durante tódolos días naturais polos importes que, para cada categoría ou nivel figuren na táboa salarial.

2. Os complementos salariais do convenio devengaranse por tódolos días efectivamente traballados polos importes que, para cada categoría ou nivel se fixa na táboa de percepcións económicas.

3. Os complementos extrasalariais de convenio devengaranse durante os días de asistencia ó traballo polos importes que para cada categoría ou nivel se fixa na táboa de percepcións económicas.

4. As pagas extraordinarias devengaranse por días naturais da seguinte maneira:

a) Paga de xullo: 1 de xaneiro a 30 de xuño.

b) Paga de Nadal: 1 de xullo a 30 de decembro.

c) Nas táboas de percepcións económicas farase figurar para cada categoría ou nivel o salario anual correspondente.

Artigo 46º.-Pagamento do salario.

O pagamento do salario realizarase en forma mensual. Non obstante, o persoal poderá solicitar coa debida antelación anticipos a conta dos seus haberes devengados.

En canto á forma de pagamento, a empresa comprométese a realizalo antes do último día de cada mes, excepto que fose festivo ou fin de semana, neste caso, o pagamento realizarase o día inmediatamente anterior.

Para todo o persoal, consideraranse as mensualidades de 30 días.

Artigo 47º.-Saídas, axudas de custo e viaxes.

Tódolos traballadores que por necesidade da industria e por orde da empresa teñan que efectuar viajes ou desprazamentos que lle impidan realizar comidas ou pernoitas no seu lugar habitual ou domicilio, terán dereito ás seguintes axudas de custo:

Ano 2002:

-Axuda de custo completa: 5.000 pesetas/día. (p 30,05).

-Media axuda de custo: 2.000 pesetas/día. (p 12,02).

Anos 2003 e 2004:

Os importes arriba sinalados terán un incremento igual ó estipulado para o salario base no artigo 40º do convenio.

Cando o traballador, por necesidades da empresa e por requirimento desta e aceptación voluntaria daquel, tivese que desprazarse utilizando o seu propio vehículo, aboaráselle, durante o ano 2002 a cantidade de 36 pesetas (A 0,22) por quilómetro. Para os anos 2003 e 2004 terá o mesmo incremento establecido para as axudas de custo.

Artigo 48º.-Complemento por traballos especiais.

Os postos de traballo que impliquen penosidade, toxicidade ou perigosidade, dan dereito á correspondente bonificación. A determinación ou cualificación do traballo como penoso, tóxico ou perigoso farase por acordo entre a empresa e o comité de empresa. En caso de desacordo, decidirá a autoridade xudicial.

A expresada bonificación establécese así para o ano 2002:

-Cando se produce un só suposto: 67 pesetas/hora. (A 0,40).

-Se se producisen dous ou máis supostos: 103 pesetas/hora. (A 0,62).

Anos 2003 e 2004:

Os importes arriba sinalados terán un incremento igual, para os ditos anos, ó que experimente o salario base.

Ó persoal que con anterioridade viñese percibindo cantidades superiores ás aquí pactadas por estes mesmos conceptos, seranlle respectadas.

Artigo 49º.-Complemento xefe de equipo.

É xefe de equipo o traballador procedente da categoría de profesionais ou de oficio que efectuando traballo manual asume o control de traballo dun grupo de oficiais, especialistas, etc., en número non inferior a tres nin superior a oito.

O xefe de equipo non poderá ter baixo as súas ordes a persoal de superior categoría que a súa. Cando o xefe de equipo desempeñe as súas funcións durante un período dun ano consecutivo ou de tres anos en períodos alternos, se logo cesa na súa función, manteráselle a súa retribución específica ata que polo seu ascenso a superior categoría quede aquela superada. O 20% figurará como concepto en nómina como complemento de xefe de equipo.

O complemento que percibirá o xefe de equipo consistirá nun 20% sobre o salario base da súa categoría profesional ou nivel salarial, a non ser que fose tido en conta dentro do factor mando na valoración do posto de traballo.

Artigo 50º.-Antigüidade.

O actual complemento de antigüidade queda configurado do seguinte modo:

a) Mantéñense e consolidan os importes que polo complemento persoal de antigüidade, na data do 31-12-2001 tivese cada traballador, como complemento persoal non absorbible nin compensable, non xerándose máis quinquenios a partir da dita data. Ó importe anterior así determinado engadirase, se é o caso, o importe equivalente á parte proporcional de antigüidade que o traballador fixo tivese devengada e non cobrada na data da entrada en vigor do convenio, calculándose por exceso ou defecto por períodos de seis meses. Estas cantidades que hai que engadir figuran no anexo II como complemento de antigüidade consolidada (CAC).

b) Os complementos e cantidades referidas na alínea a) terán no futuro o mesmo incremento que se pacte para o salario base. Non terán, sen embargo, modificación na súa contía por cambio, de categoría.

c) Conforme co establecido no convenio da empresa Cablerías Conductoras ata a data vixente, tódalas contratacións subscritas desde o día de entrada en vigor do dito convenio -1 de xaneiro do ano 1998non devengaron nin devengarán xa o concepto salarial de antigüidade.

Artigo 51º.-Complemento de transporte.

Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá por día efectivamente traballado e en concepto de complemento de transporte, a cantidade de 625 pesetas (A 3,76) durante o ano 2002; 650 pesetas (A 3,91) durante o ano 2003; e 670 pesetas (A 4,03) durante o ano 2004.

Artigo 52º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio colectivo percibirá as gratificacións extraordinarias correspondentes ós meses de xullo e Nadal na contía, cada unha delas, de 30 días do salario base máis complemento de antigüidade consolidado, se é o caso, calculadas sobre as táboas anexas.

Estas gratificacións serán concedidas en proporción ó tempo traballado, rateándose cada unha delas por semestres naturais do ano en que se outorguen. A paga correspondente ó primeiro semestre aboarase entre os días 10 e 20 de xullo. Polo que respecta á do segundo semestre, será aboada entre o 10 e 20 de decembro.

Artigo 53º.-Baixas por enfermidade ou accidente.

A prestación por incapacidade temporal derivada de accidente laboral, ocorrido no centro de traballo ou en desprazamentos a outros centros ou lugares de traballo dentro da xornada laboral, complementarase ó cen por cento desde o primeiro día da baixa.

En caso de hospitalización, o traballador percibirá o cen por cento do seu salario desde o primeiro día.

Para ter dereito a esta mellora o traballador deberá demostrar documental e fidedignamente ante a empresa o internamento nun centro hospitalario.

Artigo 54º.-Traballo nocturno.

Considerarase traballo nocturno o comprendido entre as 22 horas e as 6 horas da mañá.

Os traballadores que teñan dereito a percibir suplemento de nocturnidade percibirán unha bonificación do 20% sobre o salario base que figura na táboa anexa I. Esta bonificación comprenderá así mesmo a parte proporcional correspondente a festivos e fin de semana en que o traballador realizase o traballo nocturno, sen que se aboe polo período vacacional ou outros días ou períodos de non prestación efectiva de servicios para a empresa. Estes suplementos serán independentes das bonificacións que en concepto de horas extras e traballos excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos, lles corresponda.

Artigo 55º.-Horas extraordinarias.

Ante a grave situación de paro existente, e co obxecto de favorece-la creación de emprego, as partes asinantes deste convenio, acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias, de acordo cos seguintes criterios:

A) Horas extraordinarias habituais: supresión.

B) Horas extraordinarias motivadas por forza maior, entendendo como tales as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así como en caso de risco de perda de materias primas: realización.

C) Horas extraordinarias estructurais: mantemento. A fin de clarifica-lo concepto de horas extraordinarias estructurais, entenderanse como tales as necesarias por períodos de punta de producción, pedidos imprevistos, cambios de quenda, ausencias imprevistas ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade de que se trate, ou mantemento. Todo isto, sempre que non poidan ser substituídas por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei.

A dirección da empresa informará periodicamente ó comité de empresa sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e se é o caso a distribución por seccións. Así mesmo, en

función desta información e os criterios sinalados anteriormente, a empresa e os representantes legais dos traballadores determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias.

A realización de horas extraordinarias, conforme establece o artigo 35.5º do ET, rexistrarase día a día e totalizarase semanalmente, entregando copia do resumo semanal ó traballador no parte correspondente.

En caso de pagamento, establécese para o cálculo do valor das horas extraordinarias a fórmula seguinte:

P (S + C.A.C.)

HE= x 1,75

H

P (S + C.A.C.)

HE= valor hora extra.

P= número de pagas ó ano.

S= salario convenio mes.

CAC= complemento antigüidade consolidada.

H= número de horas efectivas de traballo ano.

As horas extraordinarias que se traballen de dez da noite a seis da mañá aboaranse cun 20% de recarga.

Artigo 56º.-Cláusula de desvinculación.

1. Os compromisos en materia salarial contidos neste convenio, non serán de aplicación no caso de que a empresa acredite descensos, en termos reais, da facturación ou resultado negativo no último exercicio, correspondendo en tal suposto o mantemento retributivo do ano anterior.

2. Para tales efectos, as partes acordan someterse ás seguintes normas de procedemento:

1) A dirección da empresa deberá comunicar por escrito ó comité de empresa, a vontade de acollerse á cláusula de desvinculación, antes do transcurso dos primeiros trinta días do ano no que pretende que xa non se aplique o incremento salarial previsto, en execución da presente cláusula de desvinculación; en tal caso, e nun novo prazo máximo de quince días naturais seguintes á comunicación anterior, a dirección da empresa entregaralle ó comité de empresa a documentación seguinte:

-Memoria explicativa das causas que motivan a solicitude.

-Balance e conta de resultados do anterior exercicio económico.

2) Á vista da documentación achegada, o comité de empresa emitirá o informe correspondente, que poderá ser de aceptación da dita decisión, ou non alcanzando un acordo sobre ela, neste caso remitiráselle á comisión paritaria do convenio a indicada documentación.

3) Se a comisión paritaria non dicta resolución ou non alcanzase acordo no prazo de dous días seguintes, procederase conforme o previsto no sistema de arbitraxe AGA 1 do 4 de marzo de 1992, asumindo as partes asinantes o sometemento expreso ó dito sistema, polo simple feito da indicada remisión, sen necesidade de ulterior sometemento ou aprobación.

3. No caso de que por aplicación desta cláusula se acorde finalmente non aplica-la revisión salarial prevista nun ano determinado, se finalmente nese exercicio a empresa obtivese beneficios que pola súa contía superen nun 400 por 100 o custo do incremento salarial non aplicado, en tal suposto para o ano seguinte aplicarase non só o incremento salarial xa previsto para o novo exercicio, senón tamén o incremento non aplicado no exercicio anterior, aboándose as diferencias salariais correspondentes ó exercicio anterior.

Capítulo IX

Organización do traballo

Artigo 57º.-Definición e principios xerais.

A organización do traballo, de acordo co previsto neste convenio, correspóndelle á empresa, quen a levará a cabo a través do exercicio regular das súas facultades de organización económica e técnica, dirección e control de traballo e das ordes necesarias para a realización das actividades laborais correspondentes.

No suposto que se delegasen facultades directivas, esta delegación farase de modo expreso, de maneira que sexa suficientemente coñecida, tanto polos que reciban a delegación de facultades, como polos que despois serán destinatarios das ordes recibidas.

As ordes que teñan por si mesmas o carácter de estables deberán ser comunicadas expresamente a tódolos afectados e dotadas de suficiente publicidade.

A organización do traballo ten por obxecto alcanzar na empresa un nivel adecuado de productividade baseado na óptima utilización dos recursos humanos e materiais. Para este obxectivo cómpre a mutua colaboración das partes integrantes da empresa: dirección e traballadores.

O comité de empresa velará por que no exercicio das facultades antes aludidas non se conculque a lexislación vixente.

Artigo 58º.-Productividade.

En materia de productividade e incentivos, mantense na súa integridade o contido do acordo subscrito entre a dirección da empresa e a representación de persoal, do 7 de xaneiro de 1992, sobre incentivos e primas de producción, que as partes declaran expresamente en vigor durante a vixencia temporal deste convenio, e ó contido do cal se fai expresa remisión, xuntándose a este convenio como anexo III unha copia do dito acordo e táboas actualizadas ó ano 2002 (que supoñen un incremento dun 3% respecto ás táboas de 2001).

Para os anos 2003 e 2004 as táboas actualizaranse conforme o incremento salarial pactado para o resto de conceptos pero sen que sexa aplicable a cláusula de revisión salarial en ningún sentido nin efecto.

Capítulo X

Disposicións varias

Artigo 59º.-Seguro colectivo.

A empresa deberá concertar seguro colectivo de accidentes, con primas ó seu cargo, durante a vixencia

deste convenio, mediante póliza que cubra as seguintes indemnizacións para o ano 2002:

-Accidente laboral ou común con resultado de morte: 3.500.000 pesetas (A 21.035,42).

-Accidente laboral ou común con resultado de invalidez permanente total, invalidez permanente absoluta ou gran invalidez: 5.500.000 pesetas (A 33.055,67).

Para os anos 2003 e 2004 estas indemnizacións serán revisadas e aumentadas na mesma proporción que sinale o IPC previsto polo Goberno para cada un dos ditos anos.

A repercusión na cobertura da póliza por diferencia do incremento que se produce entenderase con efectos a partir de 30 días despois da sinatura deste convenio. O traballador facilitará o nome do beneficiario.

Para o persoal de nova incorporación, a póliza de seguros establecida neste artigo deberá concertarse no prazo dun mes a partir da contratación do traballador.

Unha copia da póliza inserirase no taboleiro de anuncios da empresa.

Ademais da cobertura así establecida, acordarase coa compañía de seguros unha cobertura complementaria, que incremente as indemnizacións antes establecidas, á que poderán acollerse voluntariamente aqueles traballadores que así o decidan, correndo por conta do traballador o aboamento da diferencia de prima que se derive desta cobertura complementaria.

Capítulo XI

Código de conducta laboral

Artigo 60º.-Código de coducta.

Este acordo sobre código de conducta laboral ten por obxecto o mantemento dun ambiente laboral respectuoso coa normal convivencia, ordenación técnica e organización da empresa, así como a garantía e defensa dos dereitos e lexítimos intereses de traballadores e empresa.

A dirección da empresa poderá sanciona-las accións ou omisións culpables dos traballadores/as que supoñan un incumprimento contractual dos seus deberes laborais, de acordo coa graduación das faltas que se establece nos artigos seguintes:

Correspóndelle á empresa, en uso da facultade de dirección, impor sancións nos termos estipulados neste acordo.

A sanción das faltas requirirá comunicación por escrito ó traballador, facendo consta-la data e os feitos que o motivaron. Ó mesmo tempo a empresa dará conta ó comité de empresa de toda sanción por falta grave e moi grave que se impoña.

Imposta a sanción, o seu cumprimento temporal poderase dilatar ata sesenta días despois da data da súa imposición.

Artigo 61º.-Graduación das faltas.

Toda falta cometida polos traballadores/as clasificarase en atención á súa transcendencia ou intención en: leve, grave e moi grave.

Artigo 62º.-Faltas leves.

Consideraranse faltas leves as seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo de ata tres ocasións nun período dun mes.

b) A inasistencia inxustificada dun día ó traballo no período dun mes.

c) Non notificar con carácter previo ou, se é o caso, dentro das 24 horas seguintes, a inasistencia ó traballo, salvo que se probe a imposibilidade de que o puido facer.

d) O abandono do servicio ou do posto de traballo sen causa xustificada por períodos breves de tempo, se como consecuencia disto se ocasionase prexuízo dalgunha consideración nas persoas ou nas cousas.

e) As deterioracións leves na conservación ou no mantemento dos equipos e material de traballo dos que se fose responsable.

f) A desatención ou falta de corrección no trato cos clientes ou provedores da empresa.

g) Non comunicarlle á empresa os cambios de residencia ou domicilio, sempre que estes poidan ocasionar algún tipo de conflicto ou prexuízo á empresa.

h) Non comunicar coa puntualidade debida os cambios experimentados na familia do traballador/a que teñan incidencia na Seguridade Social ou na Administración tributaria.

i) Todas aquelas faltas que supoñan incumprimento de prescricións, ordes ou mandatos dun superior no exercicio regular das súas funcións, que non comporten prexuízos ou riscos para as persoas ou as cousas.

j) A inasistencia ós cursos de formación teórica ou práctica, dentro da xornada ordinaria de traballo, sen a debida xustificación.

k) Discutir cos compañeiros/as, cos clientes ou provedores dentro da xornada de traballo.

Artigo 63º.-Faltas graves.

Consideraranse faltas graves as seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo en máis de tres ocasións no período dun mes.

b) A inasistencia non xustificada ó traballo de dous a catro días, durante o período dun mes. Bastará unha soa falta cando esta afectase ó relevo dun compañeiro/a ou se como consecuencia da inasistencia se ocasionase prexuízo dalgunha consideración á empresa.

c) O falseamento ou omisión maliciosa dos datos que tivesen incidencia tributaria ou na Seguridade Social.

d) Entregarse a xogos ou distraccións de calquera índole durante a xornada de traballo de maneira reiterada e causando, con isto, un prexuízo ó desenvolvemento laboral.

e) A desobediencia ás ordes ou mandatos das persoas das que se depende organicamente no exercicio regular das súas funcións, sempre que isto ocasione ou teñan unha transcendencia grave para as persoas ou as cousas.

f) A falta de aseo e limpeza persoal que produza queixas xustificadas dos compañeiros de traballo e sempre que previamente mediase a oportuna advertencia por parte da empresa.

g) Suplantar a outro traballador/a, alterando os rexistros e controis de entrada ou saída ó traballo.

h) A neglixencia ou desidia no traballo que afecte a boa marcha deste, sempre que diso non se derive prexuízo grave para as persoas ou as cousas.

i) A realización sen previo consentimento da empresa de traballos particulares, durante a xornada de traballo, así como o emprego para usos propios ou alleos dos utensilios, ferramentas, maquinaria ou vehículos da empresa, incluso fóra da xornada de traballo.

j) A reincidencia na comisión de falta leve (excluída a puntualidade) aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e tendo mediado sanción.

k) Calquera atentado contra a liberdade sexual dos traballadores/as que se manifeste en ofensas verbais ou físicas, falta de respecto á intimidade ou a dignidade das persoas.

l) A embriaguez ou o estado derivado do consumo de drogas durante o traballo.

Artigo 64º.-Faltas moi graves.

Consideraranse como faltas moi graves as seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo en máis de dez ocasións durante o período dun mes, ou ben máis de vinte nun ano.

b) A inasistencia ó traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun período dun mes.

c) A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto ós seus compañeiros/as de traballo como á empresa ou a calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa ou durante o traballo en calquera outro lugar.

d) A simulación de enfermidade ou accidente. Entenderase que existe infracción laboral, cando encontrándose en baixa o traballador/a por calquera das causas sinaladas, realice traballos de calquera índole por conta propia ou allea. Tamén terá a consideración de falta moi grave toda manipulación efectuada para prolonga-la baixa por accidente ou enfermidade.

e) O abandono do servicio ou posto de traballo sen causa xustificada aínda por breve tempo, se a consecuencia deste se ocasionase un prexuízo considerable á empresa ou ós compañeiros de traballo, puxese en perigo a seguridade ou fose causa de accidente.

f) A habitualidade na embriaguez ou o estado derivado do consumo de drogas, se supón alteración nas facultades físicas ou psicolóxicas no desempeño das funcións.

g) O quebrantamento ou violación de segredos de obrigada confidencialidade da empresa.

h) A realización de actividades que impliquen competencia desleal á empresa.

i) A diminución voluntaria e continuada no rendemento do traballo normal ou pactado.

j) Os malos tratos de palabra ou obra, a falta de respecto e consideración ós seus superiores ou ós familiares destes, así como ós seus compañeiros/as de traballo, provedores e clientes da empresa.

k) A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que as faltas se cometan no período de dous meses e fosen obxecto de sanción.

l) A desobediencia ás ordes ou mandatos dos seus superiores en calquera materia de traballo, se implicase prexuízo notorio para a empresa ou os seus compañeiros/as de traballo, salvo que sexan debidos ó abuso de autoridade.

Terán a consideración de abuso de autoridade, os actos realizados por directivos, xefes ou mandos intermedios, con infracción manifesta e deliberada ós preceptos legais, e con prexuízo para o traballador/a.

m) Os atentados contra a liberdade sexual que se produzan aproveitándose dunha posición de superioridade laboral, ou se exerzan sobre persoas especialmente vulnerables pola súa situación persoal ou laboral.

Artigo 65º.-Réxime de sancións. Sancións.

As sancións máximas que poderán imporse pola comisión das faltas sinaladas son as seguintes:

a) Por faltas leves:

-Amoestación por escrito.

b) Por faltas graves:

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de dous a vinte días.

c) Por faltas moi graves:

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de vinteún a sesenta días.

-Despedimento.

Artigo 66º.-Prescripción.

Dependendo da súa graduación, as faltas prescriben ós seguintes días:

-Faltas leves: dez días.

-Faltas graves: vinte días.

-Faltas moi graves: sesenta días.

A prescrición das faltas sinaladas empezará a contar a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de se ter cometido.

Capítulo XII

Dereitos sindicais, formación

Artigo 67º.-Acción sindical.

Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente, os traballadores desfrutarán das seguintes garantías sindicais:

A empresa dará conta das novas contratacións que realice ó comité de empresa.

A empresa deberá ter un taboleiro de anuncios para inserción de propaganda sindical. En canto á inserción desta aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores.

Dentro das formalidades previstas nos artigos 77 e seguintes do Estatuto dos traballadores, a empresa facilitará o exercicio de reunións informativas fóra da xornada laboral e durante dúas horas ó mes.

Cada un dos representantes sindicais poderá dispor dun crédito de horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación, conforme co Estatuto dos traballadores.

Quedarán incluídas neste crédito as horas destinadas a asistir ás convocatorias sindicais, que, en todo caso, deberán ser correctamente realizadas.

Artigo 68º.-Formación.

Cada traballador poderá asistir ós cursos de formación xeral por el decididos. Logo de xustificación da súa matrícula a empresa facilitará, na medida do posible, as quendas de traballo máis adecuadas para a realización dos ditos estudios.

Artigo 69º.-Formación profesional.

A empresa colaborará coas organizacións empresariais e sindicais para a realización de cursos de formación para os traballadores, segundo o acordo de formación continua, sendo as organizacións empresariais e os sindicatos os órganos autorizados e con competencias para desenvolve-lo dita labor.

Ós traballadores que participen en cursos de formación continua teránselles en conta estes para efectos de promoción interna e para o acceso a categorías superiores.

Capítulo XIII

Comisión paritaria, lexislación subsidiaria

Artigo 70º.-Comisión paritaria e de vixilancia.

Establécese a comisión mixta e paritaria do convenio como órgano de interpretación, conciliación, vixilancia do seu cumprimento e reestructuración do sector.

A comisión estará integrada polos seguintes membros: un máximo de tres membros por cada unha das partes.

Ademais das competencias xerais de interpretación, aplicación e seguimento do convenio, e sen prexuízo das normas xerais de procedemento administrativo e procesuais, a comisión mixta paritaria poderá funcionar por instancia de parte como órgano de mediación nos conflictos derivados da aplicación do convenio, así como en todas aquelas cuestións sociolaborais que poidan afecta-la empresa.

A comisión mixta paritaria reunirase con carácter ordinario cando se estime preciso, polo menos unha vez anualmente.

Artigo 71º.-Lexislacion subsidiaria.

En todo o non expresamente regulado neste convenio aplicarase o previsto no Estatuto dos traballadores, na Resolución do 13 de maio de 1997, acordo sobre cobertura de baleiros, así como disposicións legais vixentes ou que poidan promulgarse durante a vixencia do convenio.

Capítulo XIV

Dereitos da muller traballadora

Artigo 72º.-Dereitos da muller traballadora.

A muller traballadora terá a mesma equiparación que o home nos aspectos salariais e de xornada, de maneira que a igual traballo, a muller terá igual retribución e desfrute do mesmo sistema de formación e promoción.

Nas categorías profesionais non se fará distinción entre categorías femininas e masculinas.

A muller traballadora terá no seo da empresa as mesmas oportunidades que o home nos casos de ascensos e funcións de maior responsabilidade.

Disposicións adicionais

Primeira.-Compromiso de paz social.

Durante a vixencia dese convenio, a representación dos traballadores comprométese expresamente a non facer uso do dereito de folga con ocasión da proposta ou resolución de cantas diferencias e conflictos de carácter colectivo xurdan coa dirección da empresa, acudindo para a súa resolución ás decisións que se adopten no seo da comisión paritaria, ou, de non alcanzarse acordo, acudirase a canles de mediación, arbitraxe e conciliación que se conveñan de mutuo acordo para as partes.

Queda condicionado o anterior compromiso a que pola súa vez a empresa non aplique medidas de carácter colectivo sen ter esgotado previamente tódalas canles de diálogo co comité de empresa, ou, na falta de acordo con este, tódalas canles de mediación, arbitraxe e conciliación que se conveñan de mutuo acuerdo polas partes.

Segunda.-Compromiso de productividade e competitividade.

A necesidade de que Cablerías Conductoras, S.A. sexa competitiva nun mercado mundial cada vez máis esixente, obríganos a continua-los esforzos de mellora continua de tódolos parámetros que afectan a productividade e a reducción dos custos finais dos productos, para responder a esa necesidade e á demanda dos nosos clientes.

A representación dos traballadores, tendo en consideración o esforzo que para a empresa supón o incremento salarial pactado neste convenio e resto de condicións económicas e sociais establecidas, comprométese, xunto coa dirección da empresa, a impulsa-los plans de mellora continuada da productividade, eco

nomía dos procesos de producción, calidade, seguridade e reducción do absentismo, así como ó seguimento dos obxectivos no seo dos grupos de traballo existentes ou nas comisións que puidesen ser creadas para o efecto.

Ámbalas partes recoñecen a necesidade de conseguir melloras nos índices de calidade.

Terceira.-Obxectivos de conversion en contratos indefinidos.

A empresa comprométese, dentro das súas posibilidades e evolución económica, a ir incorporando anualmente a persoal con contrato indefinido, tendo sempre en conta para tales efectos os informes que en relación con tal persoal emitan os responsables respectivos de cada área.

A teor das circunstancias actuais, e salvo modificación importante delas que se poida producir durante a vixencia deste convenio, establécese un compromiso mínimo de conversión de 15 contratos de traballo en indefinidos durante a vixencia deste convenio, dos cales polo menos 5 estarán incorporados antes de fin do ano 2002, outros 5 antes do final do ano 2003, e outros 5 -nun total mínimo acumulado de 15- antes do final do ano 2004.

Na conversión en contratos de traballo indefinidos, tratarase no posible, dentro das necesidades da empresa, de fomenta-la contratación fixa do persoal feminino, tendo en conta a proporción que representa este persoal no conxunto do cadro e a actual porcentaxe de persoal feminino con relación indefinida.

Cuarta.-Actualización salarial.

Co fin de posibilita-la adecuada actualización das táboas do exercicio 2002 e o aboamento dos importes salariais actualizados, acórdase fixa-lo día 31 de marzo como prazo máximo para tal fin, sen prexuízo dos efectos deste convenio desde o día 1 xaneiro de 2002.

Quinta.-Salvagarda de validez do convenio.

No caso de que por calquera causa a autoridade laboral ou a xurisdicción competente declarase a nulidade de calquera dos artigos, disposicións adicionais e cláusulas deste convenio, isto non implicará a nulidade do resto do seu contido, asumindo as partes a obriga de substituí-lo artigo que resultase anulado por un novo acordo na materia específica da que se trate.

Cláusula derradeira

Este convenio é subscrito polas persoas que se citan a seguir, na representación que teñan e que reciprocamente se recoñecen de cada unha das partes negociadoras.

-Pola representación da empresa:

José M. Pelayo Sánchez

Eugenio Camiña Piñeiro

-Pola representación do comité de empresa:

José Ángel Pérez Castro

Juan Ramón Monroy Alonso

María Josefa Somoza Alonso

María del Carmen Sánchez Gallego

Rosario Lameiro Silveira

Acordos sobre incendios, tempos e rendementos.

1. Tempos.

1.2. Os tempos determinaranse polos procedementos de cronometraxe e valoración polos nosos servicios técnicos sendo estes: estimados, provisionais e definitivos.

1.3. Ó se pór en marcha unha nova operación ou unha modificación de postos de traballo e ata que sexa posible realiza-la primeira cronometraxe, apli

caranse tempos estimados que serán obtidos por apreciación.

1.4. Considérase como tempo provisional o obtido na primeira cronometraxe dun traballo novo ou modificado que se producise unha vez que o técnico considere unha garantía na estabilización do método e a práctica do operario.

1.5. Considérase tempo definitivo o que se asigne a cada traballo no momento que as garantías, con

dicións mecánicas e operatorias se encontren totalmente estabilizadas.

2. Revisión de tempos.

2.1.Os tempos definitivos non poderán ser modificados excepto nos casos seguintes:

1. Por reforma dos métodos ou medios, máquinas, equipos, ferramentas, etc.

2. Por mellora do proceso operatorio calquera que sexa a orixe da mellora.

3. Cando se incorrese de modo manifesto ou indubitado en erro de cálculo ou medición.

4. Se no traballo houbese cambio no número de traballadores ou algunha outra modificación nas condicións daquel.

5. Nos postos considerados como tempos variables por circunstancias alleas a eles como recuperacións, etc. Nestes postos os tempos serán revisados periódica e sistematicamente sen alcanzar nunca a consideración de definitivos.

6. Por variación das frecuencias dos traballos ou fases irregulares que consten na folla de analise.

3. Aplicación de tempos.

3.1. Adoptarase o sistema de prima individual ou por grupos en tódolos casos que tecnicamente sexa posible e mentres a organización do traballo non aconselle o contrario.

3.2. Cando un operario pase dun posto productivo a outro productivo non parecido, dentro do mesmo período, será compensado nos 3 días primeiros co valor medio da prima que obteña no dito período, como compensación de aprendizaxe, sempre que mellore diariamente a súa producción.

3.3. Todo traballador deberá coñecer, se o solicita, o tempo cronometrado individual ou de grupo que se empregue para calcula-la súa prima unha vez que estea completamente establecida.

4. Rendementos.

4.1. De acordo co disposto no Decreto do 17-8-1973 de ordenación de salario e Orde do 22 de novembro de 1973, referente á ineptitude do traballador, establécese que o rendemento normal será o chamado KB-1, equivalente a 60 minutos hora, e o máximo ó KB-1,33, equivalente a 80 minutos hora.

4.2. Establécese como rendemento normal ou habitual dun traballador o que este obtivese en precedentes períodos de tempo, podéndose considerar como período para determina-lo dito rendemento

normal o que viñese obtendo de modo habitual e ordinario durante un mínimo dun mes.

Para os postos colectivos, cadeas, grupos funcionais, etc. este período de tempo redúcese a 15 días.

4.3. Cando non exista medio de comparación propio dun posto de traballo, considerarase como rendemento normal o que obtivesen outros traballadores no mesmo posto ou similar, traballando ó rendemento normal.

4.4. O período de tempo para determinar que existe continuidade no baixo rendemento que se refire ó artigo 54.2º.e), do Real decreto lei 80/1980 do 10-3-1980, será diferente segundo que se trate dun traballador ou ben afecte a un grupo de traballadores máximo se como consecuencia disto se derivase escándalo ou producise indisciplina ou incitación a outros productores a secundar tal actitude.

No que se refire a traballadores que ocupen postos non cronometrados e unicamente cando se trate dun caso illado, será necesario, para considerar continuidade suficiente no baixo rendemento, que este se producise no período dun mes despois de ser apercibido.

5. Calidade.

5.1. Tódolos rendementos citados anteriormente están condicionados a que os traballos o estean dentro das condicións das pezas modelo, gamas ou dos útiles de verificación pois, en caso contrario, as pezas que fosen mal elaboradas por neglixencia do traballador estas non se terán en conta para acha-lo rendemento.

6. Retribucións económicas.

6.1. A retribución do persoal de producción componse de salario convenio e prima de producción (nos casos establecidos) e prima de posto (nos casos establecidos).

6.2. O salario que con carácter de mínimo corresponde a cada categoría, será o establecido en convenio correspondente.

6.3. A prima de producción establécese de acordo co KB medio obtido mensualmente segundo a táboa de rendementos adxunta en folla número catro.

6.4. Os valores establecidos na táboa de rendementos serán revisados de acordo coa porcentaxe de aumento de salarios segundo convenio ou disposición legal que afecte esta empresa.

6.5. A paga por vacacións retribuirase pola media obtida polo traballador nos tres últimos meses anteriores ó seu desfrute, en concepto de salarios, primas e antigüidade.

6.6. Para acha-lo rendemento cada operario cubrirá, diariamente, unha folla de traballo anotando descrición do traballo realizado, referencia, número de máquina, orde de fabricación, cantidade de pezas, etc.

6.7. Fíxase unha prima de posto de traballo non cronometrado equivalente ó KB-1,26 a cal se aboará en relación ós minutos de presencia.

Estas primas de posto deixaranse de percibir no suposto de que este persoal ocupase traballos cronometrados xa que, nestas circunstancias, pasarían a percibir a prima correspondente da táboa de rendementos adxunta.

6.8. Ós traballadores que estean a producción e pasen a un traballo non cronometrado, dentro do mesmo día, aboaráselle-la prima de producción que obteña no traballo cronometrado.

Este acordo anula a tódolos anteriores entrando en vigor na data de subscrición e, en proba de conformidade con todo o anteriormente exposto, asinan ámbalas dúas partes o presente documento.

Vigo o 1 de xaneiro de 1992.

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE