Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 13 de maio de 2002 Páx. 6.875

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 125/2002, do 4 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 73, do 16 de abril de 2002, cómpre face-las seguintes correccións:

-Páxina 5.026, no primeiro punto do epígrafe 2.1 do artigo 5º, onde di: «-A programación e seguimento das actuacións en materia de ordenación do marisqueo e da acuicultura», debe dicir: «-A programación e seguimento das actuacións en materia de ordenación da pesca, do marisqueo e da acuicultura».

-Páxina 5.028, no epígrafe 2.2.1. do artigo 7º, onde di: «Servicio de Coordinación e Xestión da Investigación Mariña», debe dicir: «Servicio de Xestión e Coordinación da Investigación Mariña».

-Páxina 5.029, no epígrafe 2.3. do artigo 7º, onde di: «...O CIMA está integrado polo Centro de Investigacións Mariñas de Corón-Vilanova, o Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo e o Centro de Experimentación en Acuicultura de Couso-Aguiño.», debe dicir: «O CIMA está integrado polo Centro de Investigacións Mariñas de Corón-Vilanova e o Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo.».

-Páxina 5.029, artigo 9º, engadir no punto 3 o texto seguinte: «Igualmente, correspóndenlle-las competencias en materia de costas atribuídas ós delegados provinciais polo Decreto 151/1995, do 18 de maio, relativo ó exercicio das competencias en materia de costas pola Comunidade Autónoma».

-Páxina 5.029, artigo 9º, no punto 4, suprimi-lo texto desde a liña 11, onde di: «e as competencias...», ata a liña 15, onde di: «...de Medio Ambiente».

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO