Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 10 de maio de 2002 Páx. 6.865

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

Convocatoria de concurso con procedemento aberto e tramitación urxente, da obra de saneamento Daián.

Aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión do 4 de abril de 2002, o prego de cláusulas administrativas que rexerá a contratación da obra de saneamento Daián, polo procedemento aberto, forma de adxudicación concurso e tramitación urxente, con reducción de prazos, exponse ó público na secretaría deste concello polo prazo de 8 días hábiles para efectos de exame e reclamacións, de acordo co disposto no artigo 122 do Real decreto 781/1986, do 18 de abril, simultaneamente anúnciase o concurso de referencia, se ben, a licitación se aprazará, no suposto de que formulen reclamacións contra o prego de cláusulas admnistrativas ata que sexan resoltas pola corporación.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Cervo, praza do concello, 27891, Cervo (Lugo). Teléfono: 982 55 77 77. Fax: 982 55 77 29. Lugar onde se pode obter maior información.

a) Dependencia que tramita o expediente: secretaría do concello, onde poderán obter copia do prego de condicións e demais información que compón o expediente.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto.

Trátase da construcción da rede de saneamento necesaria para evacuación das augas residuais do núcleo de Daián, de conformidade co proxecto técnico redactado para o efecto e titulado Saneamento de Daián.

As empresas interesadas en participar neste concurso deberán someterse desde o punto de vista técnico ó proxecto de referenciada.

b) Lugar de execución: localidade de Cervo.

c) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente, segundo o acordo corporativo.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O orzamento do contrato que servirá de base na licitación ascende a un total de 40.880 euros IVA demais impostos, anuncios e gastos incluídos.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento do contrato.

6. Requisitos.

Clasificación: non se esixe.

A solvencia económica, financeira e técnica acreditarase de conformidade co establecido nos artigos 16 e 17 do TRLCAP aprobado por Real decreto lexislativo 2/2000.

7. Criterio que servirán de base a adxudicación.

Os criterios obxectivos que servirán de base a adxudicación do concurso, ponderando sobre un tope de 10 puntos, serán os seguintes:

-Prazo de execución das obras: Ponderado ata 1 punto.

-Maiores unidades de obra valoradas a prezos de execución material. Ponderando ata 8 puntos.

-Menor prezo ofertado. Ponderado ata 1 punto.

8. Presentación de ofertas.

a) As ofertas presentaranse, no Concello de Cervo en man, das 9 ás 14 horas, dentro dos 13 días naturais

seguintes ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: figura descrita na cláusula undécima do prego de condicións.

9. Clasificación de documentación e apertura de plicas: terá lugar no salón de actos da Comisión de Goberno, ás 17 horas do segundo día hábil seguinte ó de remate do prazo para presentar proposicións. Se coincide en sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios e tributos e outros derivados da contratación: por conta do adxudicatario.

Cervo, 25 de abril de 2002.

José Insua Pernas

Alcalde