Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 10 de maio de 2002 Páx. 6.865

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERDEDO

ANUNCIO.

Resolución do Concello de Cerdedo, referente á convocatoria para prover dúas prazas vacantes, do cadro de persoal, incluídas na oferta de emprego público 2001.

No BOP de Pontevedra, nº 82 do 30-4-2002, publícanse integramente as bases para a provisión en propiedade das seguintes prazas vacantes do cadro de persoal deste concello, que a continuación se citan:

Funcionarios de carreira

Clasificación: escala de Administración xeral, subescala auxiliar.

Nº de vacantes: 1.

Denominación: auxiliar administrativo-notificador.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Persoal laboral

Nº de vacantes: 1.

Denominación: asistente social ou traballador social.

Sistema de selección: concurso-oposición.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste extracto no Boletín Oficial del Estado (BOE), significando que os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, se publicarán no BOP, e no taboleiro de anuncios do concello.

Cerdedo, 2 de maio de 2002.

O alcalde

Rubricado