A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Mª Amable Martínez Estévez, con domicilio en Bouzavedra, s/n, Salceda de Caselas, presentou nesta delegación provincial, o día 29-6-2001, instancia-solicitude de permiso de investigación O Facho de 6 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Tui e Gondomar, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2969, da provincia de Pontevedra.
A designación do terreo é a seguinte:
LonxitudeLatitude
Vértice 18º 41' 40"42º 05' 20"
Vértice 28º 41' 00"42º 05' 20"
Vértice 38º 41' 00"42º 04' 40"
Vértice 48º 42' 20"42º 04' 40"
Vértice 58º 42' 20"42º 05' 00"
Vértice 68º 41' 40"42º 05' 00"
A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.
O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.
Pontevedra, 10 de abril de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra