De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30
de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase citación para comprobación do imposto de taxa fiscal sobre xogo, pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase ó interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 60 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección dos tributos.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Michelena 30 Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 12 de abril de 2002.
Francisco Lozano Rodríguez
Delegado territorial de Pontevedra
ANEXO
Interesado Procedemento
NIF: A-36038495
R/ Fontenla-San Xoán
Poio Taxa sobre máquinas recretativas tipo B
Período: 2000-2001
Manuel Expósito Casas, S.A.
Taxa fiscal sobre xogo