Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 10 de maio de 2002 Páx. 6.841

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 5 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se notifica a necesidade de achegar documentación para resolve-la tercería de dominio formulada por María e Fernando Meire García.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, relaciónanse as persoas que deben achegar documentación para resolve-lo expediente de tercería de dominio, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados dende o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do Servicio Central de Recadación desta Dirección Xeral de Tributos, con enderezo en San Caetano nº 3, soto, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida dende o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2002.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

Debedora: María Meire García.

NIF/CIF: 33339959-X.

Debedor: Fernando Meire García.

NIF/CIF: 33339958-D.