Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 10 de maio de 2002 Páx. 6.838

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a composición das comisións avaliadoras da fase de prácticas dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional convocados por ordes do 8 de marzo de 2001 e do 15 de marzo de 2000 na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Resolución do 29 de abril de 2002, regula a composición das comisións avaliadoras da fase de prácticas establecidas nas ordes do 8 de marzo de 2001 e 15 de marzo de 2000, pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional.

Na súa virtude, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública a composición das comisións cualificadoras da fase de prácticas dos procedementos selectivos para ingreso no corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional convocados por ordes do 8 de marzo de 2001 (DOG do 12 de marzo) e 15 de marzo de 2000 (DOG do 22 de marzo), conforme se recolle no anexo desta resolución.

Actuará como secretario o funcionario que designe a Dirección Xeral de Persoal entre os que exerzan as súas funcións na dita dirección xeral.

Segundo.-Os membros das comisións cualificadoras terán dereito a percibir axudas de custos e gastos de locomoción no caso de teren que desprazarse da súa residencia habitual. Para estes efectos quedan autorizados a utilizar calquera dos medios de locomoción previstos no Decreto 299/1990, do 24 de marzo (DOG do 1 de xuño), e conforme ás clasificacións que recolle, estas comisións consideraranse incluídas na categoría primeira ou segunda según corresponda.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal

ANEXO

1. Corpo de profesores de ensino secundario.

1.1. Lingua castelá e literatura, francés, inglés, alemán, lingua galega, e música.

Presidente: Juan Carlos Varela Vázquez.

Vocais:

Isabel Serna Masiá.

Genma Paredes Suárez.

Xesús Valcárcel López.

Fco. Javier Garbayo Montabes.

Amparo Martínez Besada.

1.2. Educación física e tecnoloxía.

Presidente: Manuel Reboredo Lavín.

Vocais:

César Lema Pérez.

Ricardo Gurriarán Rodríguez.

María Esperanza Vázquez Iglesias.

María Luisa Peralta Jiménez.

1.3. Matemáticas, física e química, bioloxía e xeoloxía e debuxo.

Presidente: José Ramón Pereiró Rodríguez.

Vocais:

José Luís Hospido Rodríguez.

María Consuelo Neira Suárez.

María Isabel Vallejo Novoa.

Pablo Porta Martínez.

1.4. Formación profesional específica.

Presidenta: Elisa Amoedo Barciela.

Vocais:

Sara González Reiriz.

Rafael Vázquez Gancedo.

Andrés Botana Caeiro.

Ramón Álvarez Montes.

2. Corpo de profesores técnicos de formación profesional.

Presidente: Jesús Álvarez Marcote.

Vocais:

Manuel García Santiso.

José Manuel Rial Budiño.

Ramón Rey Sánchez.

José Antonio Rial Neira.

Francisco Fianza Castro.

Pedro Alonso da Silva.