Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.791

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto, a prestación do seguinte servicio:

Obxecto: prestación do servicio de limpeza de praias para o ano 2002.

Orzamento de licitación: 74.224,99 euros.

Fianzas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Prazo do contrato: catro meses (do 1 de xuño ó 30 de setembro).

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de quince días (15) naturais contados a partir da última

publicación do anuncio de licitación xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Oleiros, 30 de abril de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa