Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.791

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-441).

Por Resolución desta alcaldía nº 1536/2002, con data do 20 marzo de 2002, acordouse aprobar inicialmente os estatutos da entidade de conservación no SUNP A-22 A Choupana, en Montrove-Liáns.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do devandito expediente nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais, polo prazo de vinte días, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 27 de marzo de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta