Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.778

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 5 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Turismo, pola que se notifica a resolución do 27 de marzo de 2002 dictada no expediente sancionador AC-193/2001, por infracción en materia de turismo.

Por medio desta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do procedemento sancionador en materia de turismo por infracción administrativa da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia e que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar, por rexeitala o interesado.

O interesado poderá recolle-la resolución mediante comparecencia nas dependencias desta dirección xeral na praza de Mazarelos, nº 15, de Santiago de Compostela.

Contra a dita resolución, que non esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ó desta publicación, de conformidade co establecido no artigo 101 da Lei 9/1997, do 21 de agosto (DOG nº 167, do 1 de setembro), en relación co artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

De non ter presentado recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme, debendo aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior; b) publicación entre os días 16 e derradeiro de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior.

O aboamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta dirección xeral. De non efectuarse o ingreso, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2002.

María A. Antón Vilasánchez

Directora xeral de Turismo

ANEXO

Expediente: AC-193/2001.

Sancionado: Eduardo Salgado Castroagudín.

Establecemento: cafetería Frankfurt.

Domicilio: praza de Mazarelos, 9.

Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

Resolución: 27 de marzo de 2002.

Precepto infrinxido: artigo 87.1º da Lei 9/1997, do 21 de agosto.

Sanción: 901,52 euros.