Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.771

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 27 de decembro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Deva. (Expediente 00/2-0 EOL).

Advertido erro na resolución arriba epigrafiada, publicada no DOG nº 10, do 15-1-2002, cómpre realiza-la seguinte corrección:

Na páxina 546, encabezado da resolución, onde di: «Resolución do 27 de decembro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Deva. (Expediente 00/2-0 EOL)», debe dicir: «Resolución do 17 de decembro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Deva. (Expediente 00/2-0 EOL)».