Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.771

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/107-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Eléctrica de Castro Caldelas, S.L.

Domicilio social: Galera, 1, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Vilanova-Ponte.

Situación: Barrio da Pena-Castro Caldelas.

Características técnicas: liña aérea-soterrada a 20 kV de 350 m de lonxitude con orixe no apoio nº 5 da L.M.T. ó polígono industrial A Rasa, e remata no C.T. proxectado en caseta prefabricada no Barrio da Pena con 250 kVA, r/t 20.000/380-220 V. Saída soterrada na rede de baixa tensión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 10 de outubro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense