Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.754

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se elevan a definitivas as puntuacións dos participantes no concurso convocado por Orde do 28 de decembro de 2001, previsto no artigo terceiro do regulamento aprobado polo Decreto 289/2001, do 15 de novembro, e son convocados para a elección de posto.

Por Orde do 28 de decembro de 2001 (DOG nº 9, do 14 de xaneiro), convocouse o concurso a que se refire o artigo terceiro do Regulamento para o desenvolvemento e aplicación do previsto na disposición transitoria décimo primeira da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto 289/2001, do 15 de novembro.

As puntuacións provisionais dos participantes no concurso fixéronse públicas por resolución da Dirección Xeral da Función Publica do 2 de abril de 2002, publicándose no Diario Oficial de Galicia nº 69, do 10 de abril.

Reunida a Comisión de Valoración o día 29 de abril de 2002, foron vistas as reclamacións formuladas polos/as interesados/as contra as ditas pun

tuacións provisionais e, de conformidade co previsto na base VI da convocatoria efectuada pola orde citada, en relación co artigo 4 do Decreto 289/2001, do 15 de novembro, a dita comisión adoptou os seguintes,

ACORDOS:

Primeiro.-Elevar a definitivas as relacións por orde de prelación segundo as puntuacións dos concursantes destinados na mesma localidade e pertencentes ó mesmo grupo e categoría dos relacionados no anexo II do citado regulamento; relacións que se engaden como anexo desta resolución.

Segundo.

1. Convoca-los concursantes relacionados no anexo desta resolución para a elección de destino, en único chamamento, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas, s/n, en Santiago de Compostela, o día 16 de maio de 2002, ás 10 horas, podendo elixir, segundo a orde de prelación, entre os postos que se relacionan no anexo I da orde de convocatoria (DOG nº 9, do 14 de xaneiro).

2. Elixirán destino nas respectivas localidades as persoas destinadas nelas que se especifican no anexo desta resolución, segundo a orde de prelación establecida nas listas definitivas, solicitando en primeiro lugar os integrados no grupo I, e seguirán os dos grupos II, III, IV e V. Os integrados en cada un de tales grupos serán chamados por localidades conforme a orde en que aparecen relacionadas no dito anexo.

3. Non será necesario que asista ó acto o persoal que no anexo desta resolución figura adscrito a un posto de traballo, así como aquel integrado nas distintas categorías cando sexa o único concursante para unha localidade na que existe un só posto. Neste último caso, a adxudicación será levada a cabo directamente pola Administración.

Terceiro.

1. Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a personalidade.

2. Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

3. Ós aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicados, de oficio, os postos que queden vacantes na localidade na que deberían elixir destino segundo a base VI.3 da convocatoria.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2002.

Mª de Loreto Díaz Sánchez

Subdirectora xeral da Función Pública

e presidenta da Comisión de Valoración