Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.748

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 25 de abril de 2002 pola que se conceden os premios para o fomento da recollida de pilas usadas en Galicia.

Por Orde do 15 de maio de 2001 (publicada no DOG nº 101, do 26 de maio) foron convocados varios concursos para o fomento da recollida de pilas usadas en Galicia.

No artigo 2 da citada orde convócase o concurso II liga de pilas, dirixido a tódolos centros docentes de ensinanzas non universitarias da Comunidade Autónoma.

Polo tanto, en uso das atribucións conferidas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro, en relación cos artigos 27.30º e 30 do Estatuto de autonomía

e do Decreto 14/2002, do 14 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente

RESOLVO:

Artigo 1º

De acordo co disposto na Orde do 15 de maio de 2001, concédense os premios que se relacionan no anexo a esta orde.

Artigo 2º

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación e os premios seranlles comunicados persoalmente ós premiados.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2002.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

PROVINCIACIDADECOLEXIORATIOPREMIOS

1 PONTEVEDRAA GUARDASAN XEROME EMILIANI205,686.010,12 euros
2 LUGOTRABADACEIP CELSO CURRÁS193,475.409,11 euros
3 OURENSEQUINSCEIP DE QUINS31,584.808,10 euros
4 PONTEVEDRASANXENXOCEIP MAGALÁNS DORRÓN23,604.207,08 euros
5 A CORUÑAMUGARDOSCEIP UNIÓN MUGARDESA23,063.606,07 euros
6 LUGOSAN CIBRAO-CERVOCEIP GALDÍN22,973.005,06 euros
7 OURENSEOURENSEROGELIO GARCÍA YÁÑEZ22,692.404,05 euros
8 A CORUÑANEDACEIP SAN ISIDRO18,511.803,04 euros
9 A CORUÑASANTIAGO DE C.CEIP RODRÍGUEZ XIXIREI LAVACOLLA18,211.202,02 euros
10 OURENSECENLLECEIP DE CENLLE17,98961,62 euros
11 PONTEVEDRAPONTEVEDRACEIP SAN MARTIÑO17,92961,62 euros
12 PONTEVEDRAVIGOCOLEXIO MONTERREI17,48961,62 euros
13 OURENSECUALEDROCEIP VICENTE RISCO16,05961,62 euros
14 PONTEVEDRAVIGOCOLEXIO ALOYA15,40961,62 euros
15 LUGOSAN COSME DE BARREIROSCEIP SAN COSME DE BARREIROS13,62961,62 euros

PROVINCIACIDADECOLEXIORATIOPREMIOS

16 A CORUÑAFERROLCEIP A LAXE12,97961,62 euros
17 PONTEVEDRAVIGOCEIP ALFONSO R CASTELAO12,70961,62 euros
18 PONTEVEDRAPONTEAREASCOLEXIO INMACULADA10,76961,62 euros
19 A CORUÑAMUXÍACEIP VIRXE DA BARCA9,74961,62 euros
20 OURENSELEIROCEIP EMILIA PARDO BAZÁN8,92961,62 euros