De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 1 de xaneiro) notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona, a resolución do expediente
sancionador nº OU-47/2001, da Delegación Provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.
Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que coiden oportuno.
De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince días (15) hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, en calquera oficina de Caixa Galicia (Conta Contable 840, código 001) e Caixanova (Modelo XTAX). De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións, da Consellería de Economía e Facenda (DOG nº 235, do 5 de decembro).
Expediente: OU-47/2001.
Titular sancionado: Faustino López Portela.
Establecemento: Pub Fashion.
Domicilio: Rúa Marcelino Parrondo.
Localidade: O Carballiño.
Resolución: 15 de xaneiro de 2002.
Preceptos infrinxidos: artigo 86.1º da Lei 9/1997, do 21 de agosto.
Sanción: douscentos corenta euros (240 euros).
Ourense, 2 de abril de 2002.
José Luis Pérez Pérez
Delegado provincial de Ourense