Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

AVISO do 12 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se anuncia a publicación do acordo da zona de concentración parcelaria de Balmonte-Goberno (Castro de Rei-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Balmonte-Goberno (Castro de Rei-Lugo) declarada de utilidade

pública e urxente execución por Decreto 105/1996, do 29 de febreiro, o seguinte:

Primeiro.-Con data 27-2-2002, o director xeral de Infraestructuras Agrarias, aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Balmonte-Goberno (Castro de Rei-Lugo), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Castro de Rei e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no diario de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.

Terceiro.-No prazo de trinta días, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, podendo os recorrentes presentalo na Delegación Provincial de Lugo (Ronda da Muralla 70), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmo ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para efectos das notificacións que procedan.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985).

Lugo, 12 de marzo de 2002.

José R. Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO