Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/462).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. San Martiño de Arriba-Varelas.

Situación: Melide.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 760 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 63 da liña Portodemouros-Melide e final no C.T. San Martiño de Arriba-Varelas, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 100 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, en San Martiño de Arriba-Varelas, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 288 m que se conecta á rede existente no lugar. No termo municipal de Melide.

O expediente someteuse os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

O titular dos predios nº 10, 10/1, 6 e 3 manifesta co proxecto non reúne as condicións suficientes para que se conceda a utilidade pública á empresa solicitante.

A empresa peticionaria argumenta ca L.M.T. e C.T. ten por finalidade mellora-la subministración eléctrica ós clientes de San Martiño de Arriba.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación ós efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 27 de marzo de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña