Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/461).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T.I., R.B.T.A. Quintáns e Carpio.

Situación: Trazo e Tordoia.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos tubulares e con conductor LA-56, de 1.412 m de lonxitude, coa orixe na liña que alimenta o C.T. Barral e final no C.T. Rial, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e

rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z., de 2.330 m de lonxitude que discorre polos lugares de Rial, Quintáns, Carpio, Os Campos e Barral conectándose a rede existente, nos termos municipais de Trazo e Tordoia.

O expediente someteuse ós trámites ordeados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación ós efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 27 de marzo de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña