Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.681

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (470/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 470/2001 por instancia de Guillermo Domínguez Ramos, contra Decora E. Impermeb. J.S., S.L., sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 13-6-2001 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Guillermo Domínguez Ramos contra Decora E. Impermeb. J.S., S.L., debo condenar y condeno á demandada a que aboe á demandante a cantidade de 463,59 euros (77.135 pesetas) por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Así por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Decora E. Impermeb. J.S., S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, catro de abril de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA