Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.680

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (207/2001).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 207/2001,

se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela, quince de febreiro de dous mil dous.

Jorge Ginés Cid Carballo, maxistrado-xuíz de Instrucción, vista e oída en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 207/2001, seguida por unha falta de lesións contra Rodolfo Rodríguez Alonso, sendo parte nela o denunciante Diego Crespo Sánchez.

Decido que debo absolver e absolvo a Rodolfo Rodríguez Alonso da falta de lesións de que viña acusado, con declaración das custas de oficio.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a súa notificación. Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Rodolfo Rodríguez Alonso, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela, nove de abril de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado