Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.661

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, que modifica a do 26 de outubro de 2001, pola que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos agrícolas, de conformidade coas resolucións do 13 de xullo e 28 de setembro de 2001 (lista B).

Detectado erro nas listas publicadas pola Resolución do 26 de outubro de 2001 (DOG nº 215, do 7 de novembro), correspondentes ó corpo facultativo da grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos agrícolas, lista B, e unha vez emendado este e de conformidade co acordado pola comisión permanente de selección para prazas de funcionarios na correspondente sesión, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública, unha vez emendado o erro detectado, a modificación das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala

de enxeñeiros técnicos agrícolas, consistente en eliminar da relación de excluídos a Roberto Campo Santos, que pasa a integrarse na relación de admitidos cunha puntuación de 3,040, ocupando o número de orde 60 no ámbito de servicios centrais; 52 na Coruña; 49 en Lugo; 45 en Ourense e 42 en Pontevedra.

Segundo.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública