Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.660

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación da Resolución do 6 de abril de 2002 pola que se aproban e fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística.

O conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública dictou resolución estimatoria de recurso de reposición contra a Resolución do 6 de abril de 2002 pola que se aproban e fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición da interesada, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada por esta, nas listas publicadas pola Resolución do 6 de abril de 2002, no sentido de que debe figurar na lista definitiva de admitidos a aspirante que se relaciona a continuación:

Acceso libre.

DNI: 33844234.

Apelidos e nome: Escariz Gómez, Luz.

Quenda discapacitados: non.

Exento 3º exercicio: non.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública