Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.660

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 23 de abril de 2002 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de inspección pesqueira.

Convocado proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de inspección pesqueira pola Orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 29 de novembro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia número 238, do 11 de decembro de 2001, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

O número e composición do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de inspección pesqueira, será o que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

CORPO FACULTATIVO SUPERIOR DA XUNTA DE GALICIA

(GRUPO A), ESCALA DE INSPECCIÓN PESQUEIRA

Titular.

Presidente:

Javier Pereiro Muñoz. Director xeral de Recursos Mariños da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Vocais:

Juan Fernández Otero. Funcionario da Xunta de Galicia.

Manuel J. Reigosa Roger. Decano da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo, en representación da EGAP.

J. Vicente Conde Rodríguez, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria:

María Dolores Rodríguez Villar. Funcionaria da Xunta de Galicia.

Suplente.

Presidente:

Luis Manuel Rodríguez González. Funcionario da Xunta de Galicia.

Vocais:

Fernando Nieto Cortijo. Funcionario da Xunta de Galicia.

Miguel Ángel Nombela Castaño. Profesor titular da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo, en representación da EGAP.

Baltasar García García, en representación das organizacións sindicais.

Secretario:

Eduardo Suárez Campo. Subdirector xeral de Relacións, Planificación e Sistemas de Información da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.